Premios
Premio Extraordinario de ESO ao Rendemento Académico 2011/2012
Enviado por Secret. o 10 Outubro, 2012 - 10:52O vindeiro día 18 de outubro o alumno do centro, Pablo Sanmartín Andújar de 1º de Bacharelato, vaise presentar en Pontevedra as probas correspondentes ao Premio Extraordinario de ESO ao Rendemento Académico. Noraboa e moita sorte.
Diplomas
Enviado por Secret. o 20 Septembro, 2012 - 08:29Premer aquí para ver unha presentación de varios Diplomas outorgados ao centro.
Pedigree: Finalista Autonómico do Premio a Acción Maxistral
Enviado por Secret. o 10 Septembro, 2012 - 12:14Dende a Oficina Técnica do "Premio a la Acción Magistral" comunicouselle o Taller de Creación Artística do MGB que o seu traballo Pedigree é un dos finalistas na Categoría B-Educación Secundaria na fase da Evaluación Autonómica de Galicia. Esto significa que se elevará a Comisión de Evaluación Estatal como proxecto recomendado.
Novo premio para Animais Artificiais
Enviado por Secret. o 21 Xuño, 2012 - 10:56O traballo Animais Artificiais do Taller de Creación Artística do MGB gaña un accésit á mellor banda sonora no II Certame Audivisual Escolar do IES Monte Carrasco de Cangas. A banda sonora foi gravada pol@s alumn@s coa colaboración de Paty Rodríguez e Arturo Vizcarra á voz, e baixo a dirección de Miguel Carbajal.
"Azul", gañador do II Certame Audiovisual Escolar
Enviado por admin o 20 Xuño, 2012 - 08:42O documental Azul sobre a visita ao Centro de dous reclusos do programa ANOCA (aprender no cárcere), realizado polos alumnos de TICS de 1º de Bacharelato e coprotagonizado polos alumnos de Cidadanía de 2º da ESO, foi galardoado co primeiro premio ao Mellor Audiovisual Didáctico, no II Certame Audiovisual Escolar do IES Montecarrasco de Cangas.
Guillermo Fernández Álvarez recolle o premio ASPAMITE
Enviado por Secret. o 12 Xuño, 2012 - 08:15O alumno de 1º ESO B do noso centro, Guillermo Fernández Álvarez, recolleu o sábado día 9 de xuño no Hotel Congreso de Teo, o premio obtido no X Concurso de contos "Que é un discapacitado para ti?" da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Teo (ASPAMITE). Para ler a noticia publicada no Correo Galego preme aquí e para ver a galería de imaxes do evento aquí.
Premio ASPAMITE
Enviado por Secret. o 29 Maio, 2012 - 10:56O alumno Guillermo Fernández Álvarez de 1º ESO B acadou o primeiro premio de secundaria no X Concurso de Contos da Asociación de Pais de Persoas con discapacidade intelectual de Teo. Noraboa. Premendo aquí accedese a comunicación do premio ao Centro.
Parabéns polo premio ONCE
Enviado por Secret. o 25 Maio, 2012 - 12:39O Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez remitiu unha felicitación ao centro polo Premio no Concurso da ONCE.
Premer aquí para vela carta.
Entrega do premio ONCE a 1º ESO C
Enviado por Secret. o 16 Maio, 2012 - 11:51O vindeiro luns 21 de maio as 12:25 horas na Sala de Usos múltiples do centro terá lugar o acto oficial de entrega do premio ONCE aos alumnos do grupo de 1º ESO C.
Estades todos invitados.
1ºESO-C gañador da fase autonómica dos Premios ONCE
Enviado por Secret. o 11 Maio, 2012 - 09:58O grupo 1º de ESO C foi o GAÑADOR da Categoría B na fase autonómica do Concurso escolar ONCE. Pasan directamente a participar na Fase Nacional. Noraboa aos alumnos e a súa titora Marisa Otero.
Alumnos de 2º da ESO gañan o 1º Premio na fase autonómica de Consumópolis
Enviado por Anónimo o 4 Maio, 2012 - 21:05O equipo “Los Batmans”, formado por Uxía Prado, Adrián Rey, Carlota Pereiras, Miguel Valiño e Ángel Sanmartín, de 2º de ESO, acadou o 1º Premio, na categoria do primeiro ciclo de ESO, fase autonómica de Consumópolis, concurso sobre consumo responsable e calidade de vida, co traballo: “Conserva el ticket, conserva tus derechos”.
Ademais, como clasificados no primeiro posto da súa categoría, representarán a Galicia na fase estatal do concurso.
Parabéns!!
Premios Typerwriter para dúas alumnas
Enviado por Secret. o 13 Marzo, 2012 - 13:09Premendo aquí, accederán a información publicada no xornal Terras de Santiago sobre os premios Typerwriter de relatos curtos obtidos por dúas alumnas do noso Centro.
Noraboa para elas.
Dúas alumnas do MGB premiadas do concurso de relatos breves TYPEWRITER
Enviado por admin o 29 Febreiro, 2012 - 21:27O pasado 16 de febreiro, na cidade da Cultura, entregáronse os premios do concurso de relatos breves TYPEWRITER convocados por esta entidade. Na categoría infantil, o xurado proclamou gañadora a Mariña Pena Blanco, polo seu relato Memorias dunha máquina de escribir. Mentres, o segundo premio recaeu en María Villamor López coa historia titulada A princesa da Lúa. Parabéns para as dúas.
A Voz de Galicia e NoticiasDiarias.net recolleron a noticia.
O conselleiro de educación gaba o esforzo dos premios extraordinarios de Bacharelato 2010/2011
Enviado por admin o 26 Febreiro, 2012 - 12:31O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, gabou o pasado mércores o esforzo dos 38 estudantes galardoados cos premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2010/2011, entre os que se atopaban Marta Rodríguez Castro e Cristian Carbajales Neira, alumnos do MGB. Máis información.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »