Premios
Atletas estradenses
Enviado por Vicedirec. o 14 Xuño, 2016 - 09:29Vari@s alumn@s do noso centro acadaron diferentes medallas en distintas disciplinas ximnásticas.
Parabéns a tod@s!
Máis información no seguinte enlace.
I Concurso de relatos "Tola/tolo de amor"
Enviado por Vicedirec. o 7 Xuño, 2016 - 13:00Onte, na Sala de Exposicións de ABANCA, foron entregados os premios do I Concurso de relatos "Tola/tolo de amor". Foi organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) do concello da Estrada, no marco do Obradoiro "Previndo a Violencia de Xénero e Compartindo a Vida en Igualdade" no que participou o alumnado de 2º de ESO. Tres alumnos do noso centro resultaron gañadores na categoría masculina:
- 1º premio: José M. Rey Llobet (2º ESO B).
- 2º premio: Pablo Diéguez Rebolo (2º ESO A).
- 3º premio: Daniel Parada Figueiras (2º ESO A).
Máis información neste enlace.
Parabéns aos premiados!
Concurso de fotografía "Rosalía en A Estrada"
Enviado por Vicedirec. o 6 Xuño, 2016 - 09:26O pasado xoves 2 de xuño, na Biblioteca do IES Antón Losada Diéguez, tivo lugar a entrega de premios do concurso de fotografía "Rosalía en A Estrada". Neste acto participaron, ademais das rapazas premiadas, @s director@s dos IES estradenses que convovaban o evento. A nosa alumna María Rozados Balboa de 3ºC resultou gañadora na categoría de 2º ciclo de ESO.
Parabéns a todas as gañadoras!
Premiad@s no concurso "Serán das Letras"
Enviado por Vicedirec. o 29 Maio, 2016 - 16:04A Asociación Cultural San Campio de S. Miguel de Sarandón (Vedra) convocou o concurso "Serán das Letras" no que varios membros da nosa comunidade educativa resultaron premiad@s:
- Na categoría 10-12 anos obtivo un premio compartido Hugo Iglesias González, de 1º ESO C, con "O mellor día da miña vida".
- Na de 13-17 anos resultou gañadora Ainhoa Vivel Couso de 4º ESO A con "Tan azul coma o mar só é o galego".
- Finalmente, na categoría de adultos, Marisa Otero con "Dicere".
Moitísimas felicidades a tod@s!
Premios na MeGaBiblioteca
Enviado por admin o 3 Febreiro, 2016 - 09:59O pasado venres no 2º recreo tivo lugar a entrega de premios do "Lector do mes" e "O luns da problemas", actividades organizadas pola MeGaBiblioteca. Os gañadores foron os seguintes:
- Lector do mes: Guaire Fernández
- O luns da problemas: Diego Valcárcel
Mónica Varela gaña o premio Arume de Poesía
Enviado por Secret. o 25 Xaneiro, 2016 - 10:48Mónica Varela Gestoso, profesora de Lingua Castelá e Literatura no noso centro, foi a gañadora da octava edición do Premio Arume de Poesía. A entrega do mesmo tivo lugar o domingo 24 de xaneiro de 2016. La Voz de Galicia e El Faro de Vigo informan sobre o evento.
Premio Arume de Poesía 2015
Enviado por Vicedirec. o 19 Decembro, 2015 - 21:29A profesora do noso centro Mónica Varela Gestoso ven de gañar, co poemario Soños de neno, o Premio Arume de Poesía 2015 outorgado pola Fundación Xosé Neira Vilas.
Parabéns!
Máis información nesta ligazón.
Premio para o proxecto "Axencia literaria"
Enviado por admin o 17 Decembro, 2015 - 18:29Premio no concurso Anomar de poesía
Enviado por Vicedirec. o 17 Decembro, 2015 - 15:32A profesora do noso centro Marisa Otero resultou gañadora do concurso Anomar de poesía, convocado pola Asociación Cultural Os Tilos, na categoría de adultos.
Moitas felicidades!
Parabéns a Ariadna Silva Fernández polo premio na terceira edición de "Foto con sentimento"
Enviado por XefeEstudos o 11 Decembro, 2015 - 21:31Ariadna Silva Fernández, ex-alumna do noso Centro, vén de gañar o premio da terceira edición do "Foto con sentimento", organizado polo Concello de Santiago.
Parabéns de parte de toda a comunidade educativa!
Premiados e finalistas Concursos ADEGA
Enviado por Vicedirec. o 9 Decembro, 2015 - 13:21Vari@s alumn@s do noso centro e unha profesora resultaron finalistas ou premiados nos concursos de ADEGA 2015. Foron os seguintes: Sandra Ferreiro García de 4º ESO C gañou o 1º Premio Xuvenil do concurso O lugar onde vivo coa obra “A praia dos meus recordos”. Resultaron finalistas nesta mesma categoría María Rozados Balboa (3º ESO C), Elías Brea Filloy (1º ESO C) e Carlota Neira Cao (1º BAC. A). A profesora Marisa Otero foi finalista con “Carme” no concurso E ti que é o que vés?. Parabéns a tod@s!
Acto de recoñecemento aos mellores expedientes dos centros de Ensino Medio de Galicia
Enviado por Secret. o 1 Xullo, 2015 - 09:48O pasado martes 30 de xuño tivo lugar no Auditorio de Galicia o acto de recoñecemento aos mellores expedientes do curso 2014-15 dos centros de Ensino Medio de Galicia organizado pola Universidade de Santiago de Compostela. Representando ao noso centro foron Lucía Tilve García, Thais Rey Azurmendi e Martín Mato Búa. Parabéns!
XIII Concurso de Contos Aspamite
Enviado por Secret. o 5 Xuño, 2015 - 11:04Felicitamos a María Rozados Balboa, alumna do noso centro, por resultar gañadora do 2º premio de secundaria do XIII Concurso de Contos Aspamite.
II Festa das Palabras
Enviado por Secret. o 27 Maio, 2015 - 10:58El Faro de Vigo informa sobre a II Festa das Palabras, un certame organizado polos departamentos de normalización lingüística de todos os centros educativos do concello.
XII Premio relatos curtos e contos
Enviado por Secret. o 25 Maio, 2015 - 08:24A alumna deste centro de 3º da ESO, ALBA MATO BÚA, acadou o 3ª premio no Certame de Relatos curtos e contos convocado pola “Fundación amigos de Galicia” na categoría B; premio consistente en “Material didáctico ou escolar por valor de 100 €”. A entrega do premio será no Colexio San Vicente de A Baña.
¡Moitos parabéns, Alba!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »