I Concurso de relatos "Tola/tolo de amor"

Onte, na Sala de Exposicións de ABANCA, foron entregados os premios do I Concurso de relatos "Tola/tolo de amor". Foi organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) do concello da Estrada, no marco do Obradoiro "Previndo a Violencia de Xénero e Compartindo a Vida en Igualdade" no que participou o alumnado de 2º de ESO. Tres alumnos do noso centro resultaron gañadores na categoría masculina:

- 1º premio: José M. Rey Llobet (2º ESO B).

- 2º premio: Pablo Diéguez Rebolo (2º ESO A).

- 3º premio: Daniel Parada Figueiras (2º ESO A).

Máis información neste enlace.

Parabéns aos premiados!