Novas

Noticieiro do centro

Éxito do alumnado do IES Manuel García Barros na III competición de robots da Universidade de Vigo

P70428-141231_0.jpg

Podemos estar ben orgullosos do alumnado de 1º de BAC que cursa as materias de Tecnoloxía Industrial I e TIC I e que participou na III competición de robots da Universidade de Vigo o pasado venres 28 de abril.

Viaxe de 4º de ESO a Milán

Milán.jpg

Trinta e nove alumn@s de 4º de ESO viaxaron o domingo pasado a Milán. Están acompañad@s pol@s profesor@s Chelo Vázquez, Mariano Casas e X. Xosé Pérez. Estarán de volta o vindeiro venres 21 de abril. Agardamos que o pasen moi ben e aprendan moitas cousas!

Visita do alumnado de Tecnoloxía Industrial II a TELEVÉS

WhatsApp Image 2017-03-20 at 10.35.00.jpeg

O pasado venres 17 de marzo o alumnado de 2º de Bacharelato que cursa Tecnoloxía Industrial II realizou unha visita guiada ás instalacións da empresa de telecomunicacións TELEVÉS, situada en Santiago.

Alerta meteorolóxica

A Consellería acaba de informar dunha alerta meteorolóxica que afecta, entre outros, ao concello da Estrada. Por conseguinte, e tras recibir instrucións de Xefatura Territorial:

1. Non se suspenden as clases.
2. Suspéndese o transporte escolar entre mañá ás 12:00 horas e o xoves á mesma hora.
3. Suspéndense as actividades no exterior.

Máis información nesta ligazón.

El Mehdi Nabaoui título nacional nos 3.000 metros

Mabaoui.jpg

De novo o noso alumno de 1º de ESO El Mehdi Nabaoui acaba de conseguir o título de campión nacional cadete nos 3.000 metros lisos. Foi no Campionato de España de Pista Cuberta disputado o pasado fin de semana en Antequera.

Parabéns a El Mehdi e ao CD San Paio!

Máis información nesta ligazón.

Proxecto IRIS

lris_logo.png

O Proxecto Iris, integrado en Erasmus+, consiste na promoción da prevención contra o racismo, a violencia e a intolerancia no deporte (escolar e infantil en xeral). O noso profesor Mariano Casas participou a través da USC elaborando un cómic que se pode descargar nesta ligazón.

Xornada sobre Olimpio Arca e o teatro escolar

Olimpio.jpg

Alumnado de 1º e 3º de ESO do noso instituto a cargo do departamento de Lingua e Literatura Galega participaron onte na xornada sobre Olimpio Arca e o teatro escolar. O Faro de Vigo faise eco da noticia.

A profesora Magaly Barreiro no CEIP do Foxo

thumb.jpeg

O pasado luns 21 de novembro a profesora Magaly Barreiro visitou o CEIP do Foxo para presentar a súa experiencia en Islandia ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Máis información nesta ligazón.

Novo triunfo de Mehdi Nabaoui

mehdi-nabaoui.jpg

O pasado domingo o noso alumno Mehdi Nabaoui, atleta do Club Deportivo San Paio, acadou de novo o triunfo no Cross de Atapuerca, proba de gran prestixio internacional e considerada a mellor de España deste tipo.

Parabéns de toda a comunidade educativa!

El Mehdi El Nabaoui gañador da Carreira Pedestre de Santiago

Carreira Pedestre.jpg

O pasado domingo 30 de outubro o noso alumno El Mehdi El Nabaoui de 1º ESO A resultou gañador na categoría escolar da Carreira Pedestre en Santiago cun tempo de 25:02 nos sete kilómetros. Moitísimas felicidades!

Máis información neste enlace.

Obradoiros

O pasado venres 21 de outubro foron presentados algúns dos obradoiros que serán desenvolvidos en centros educativos da Estrada. No MGB teremos un de "Resolución de conflictos e asertividade" en 1º de ESO e outro de "Prevención de condutas violentas" para 3º de ESO. Terán lugar nas horas de titoría e foron organizados polo departamento de Orientación en colaboración coa asociación Acrofam e o concello.

Máis información en La Voz de Galicia ou no Faro de Vigo.

Tartufo

tartufo.jpg

Hoxe martes 11 de outubro o alumnado de 3º PMAR, 1º de Bacharelato e de Literatura Galega do século XX e da Actualidade de 2º de Bacharelato viaxan a Santiago para asistir á representación do Tartufo de Molière do Centro Dramático Galego.

É unha actividade organizada polos departamentos de Lingua Galega e Castelá.

"Produto do país". Galego nas aulas

No IES MGB buscamos potenciar o uso da lingua galega en todos os aspectos, e desde a titoría de 1 ESO C do curso pasado recórdannolo con este vídeo.

Alumnas do MGB xogan ao Flag Football

bestas-amplian.jpg

Varias alumnas do noso centro formarán parte este ano da nova sección feminina creada polo clube de fútbol americano estradense "A Estrada Bestas". Competirán na modalidade Flag Football. Moita sorte!

Máis información nesta ligazón.

"Maquinando" no MGB

DS30C8F1.jpg

Onte xoves 29 de setembro visitou o noso centro a compañía de teatro The Momento Impro para levar a cabo unha actividade de improvisación teatral co alumnado de 1º de bacharelato. Tedes máis información neste enlace. Moitas grazas polo bo momento que pasamos!

Distribuir contido