Novas

Noticieiro do centro

Actividades coordinadas polo Departamento de Orientación

Durante este mes de abril o Departamento de Orientación está a dinamizar unha serie de proxectos para implementar nos diversos cursos e niveis nas horas de titorías. Son os seguintes:
                   - 1º da ESO: “Resolución de conflitos e asertividade”. (4 sesións )
                   - 2º da ESO: “Prevención de consumo de alcohol". (4 sesións)
                   - 3º da ESO:  “Intimidación e acoso”.(4 sesións)
                   - 4º da ESO : “Proxecto Senda”- Autocoñecemento e toma de decisións. (4 sesións )

Contido da charla da Selectividade 2015

Logo da charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero (10 de abril) para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da Selectividade adxuntamos fichero do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.

Saída a Santiago de Compostela

O vindeiro venres, 17 de abril, alumnado de 1º da ESO do noso centro realizará unha saída cultural a Santiago de Compostela onde visitarán Meteogalicia e o Museo de Historia Natural. A actividade está organizada polo Departamento de Xeoloxía e Bioloxía.

naturais3.jpeg

Actuación de Manoele de Felisa

O pasado venres, día 27 de marzo, MANOELE DE FELISA actuou para o alumnado de 2º de bacharelato musicando poemas propios así coma de autoras e autores galegos/-as. Moitas grazas, Manoele, por demostrares a valía da nosa literatura, da nosa lingua así coma da nosa música.

Manole de Felisa2.JPG

Charla PAU 2015

O VENRES 10 de ABRIL todos/as os/as alumnos/as de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 10:45 horas en Usos Múltiples (duración: 3ª y 4º horas), sobre “SELECTIVIDADE 2015: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.

Para máis información sobre os contidos a tratar, premer na seguinte ligazón.

Saída Cultural: “A CELANOVA DE CURROS E DE CELSO EMILIO FERREIRO”

Organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura terá lugar o vindeiro xoves, 9 de abril, unha saída a Celanova, desenvolvéndose entre outras as seguintes actividades: visita ao Mosteiro de San Salvador co coñecemento arquitectónico do Mosteiro (retablos, claustro, pinturas, coro...), coñecemento do funcionamento do órgano da Igrexa realizando unha actividade musical,  visita á “Casa dos poetas”, casa natal de Curros Enríquez onde se percorrerá o museo de Curros e de Celso Emilio e visita ao Castro de Castromao.
A actividade vai dirixida ao alumnado de Bacharelato (1º e 2º ). Os alumnos/as estarán acompañados polos profesores, María Varela, Carlos Loureiro, Lourenzo Álvarez e Miguel Carbajal.

galego2.jpg

Documento charla 1º Bacharelato

Logo da charla do 26 de marzo, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero e a orientadora Pilar Meijome, e dirixida ao alumnado de 1º Bacharelato sobre o curso de 2º e a súa relación coa Selectividade 2016 e os Ciclos Formativos de Grao Superior, adxuntamos ficheiro do contido da mesma, que pode ser consultado neste documento.

Actuación de Manoele de Felisa no MGB

O venres día 27 de marzo actuará o cantautor galego MANOELE DE FELISA no noso centro para o alumnado de 2º de Bacharelato, ofrecéndolles a interpretación de poesía galega contemporánea. O acto terá lugar ás dúas últimas horas (12'45-14'25) na sala de usos múltiples.

images galego.jpeg

Alumnos de MGB na Masterclass Europea de Física de Partículas

Os alumnos de 2º Bacharelato do noso centro: Andrea Barreiro Lorenzo, Matías Rivadulla Cora, Sara Daniela Carrasquel Iglesias e Laura Rodríguez Basteiro participarán o xoves 26 de marzo na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas mans”), organizada pola Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. É unha xornada na que profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, tentarán achegar o mundo das partículas elementais a estudantes de último curso de Bacharelato.

Máis información nesta ligazón:

http://fpaxp1.usc.es/~masterclass/

masterclass

Charla para 1º BAC o vindeiro xoves 26

O vindeiro xoves, día 26 de marzo, os alumn@s de 1º Bacharelato asistirán a unha charla sobre o próximo curso ao que accederán (2º Bach.) e a súa relación coa Selectividade 2016 e os Ciclos Formativos, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero e a orientadora Pilar Meijome. Sala de usos múltiples. Duración: 3ª e 4ª horas.

Saída Cultural a Valencia

Alumnos/as de 4º ESO do noso centro viaxarán do 23 ó 27 de marzo á cidade de Valencia. A viaxe realizarase en voo directo dende o aeroporto de Santiago. Na cidade coñecerán os arredores, Sagunto, a Albufeira e a cidade da costa levantina (lonxa, catedral, Museo das Artes e as Ciencias,...) Estarán acompañados polas profesoras: Esther Sánchez, Beatriz Mera e Teresa Filloy.

valencia 1.jpeg

Eclipse de Sol

O vindeiro venres, 20 de marzo, terá lugar un eclipse de Sol que poderá observarse dende Galicia. O acontecemento comezará ás 09:05 e rematará ás 11:08. Como xa sabedes, a visión directa do fenómeno pode ocasionar graves problemas de saúde. Unha maneira segura de velo e utilizando unha cámara escura. Os alumnos/as de 4º ESO, dentro dos contidos da materia de Plástica, están construíndo e manexando ditas cámaras. Se estades interesados realizarán unha explicación de como é o proceso de construción e manexo das cámaras. Terá lugar o vindeiro xoves, no segundo recreo, nas pistas de baloncesto.
Se desexades máis información de como construíla, premede no seguinte enlace: http://mgbook.blogspot.com.es/2015/03/eclipses-e-camaras-escuras.html

eclipse.jpeg

Saída Cultural a París

Alumnado da materia de francés ( cursos 3º ESO e 1º BACH) viaxarán a cidade de PARÍS entre os días 19 e 23 de marzo, visitando na capital francesa: Arc de Triomphe, Champs ElyséesChamp-de-Mars, Esplanade des Invalides, Bateau-bus, Louvre, Notre Dame, Saint Michel, Montmartre, Sacré Coeur e Torre Eiffel. A actividade está organizada polo departamento de francés. Os alumnos/as participantes estarán acompañados polas profesoras do centro, Chelo Vázquez e Patricia Pérez.

paris louvre.jpeg

Saída do Bacharelato de Artes Plásticas

Alumnos/as de 1º e 2º de Bacharelato visitarán o vindeiro mércores, 18 de marzo, a Fundición de Campás de Arcos da Condesa (Caldas de Reis) e ao taller do escultor Francisco Pazos en Meaño. Estarán acompañados polos profesores, Xoan X. Pérez e María Armada.



escultor.jpeg

Saída a Picos de Europa

Por fin! Xa temos o video da actividade organizado polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia a Picos de Europa.

Distribuir contido