Novas

Noticieiro do centro

Pasamento de Don Xosé Neira Vilas

Amigo Xosé, até sempre. A oliveira sempre seguirá en pé.

Cuestionario sobre convivencia escolar

Durante esta semana do 23 ao 27 de novembro iranse convocando nos recreos, nas aulas de informática, ao alumnado do centro para que cubran cadanseu cuestionario sobre convivencia escolar seguindo instrucións da Consellería de Educación. Cada alumno/a deberá pinchar na ligazón que lle corresponda das seguintes:

Cine para educar as emocións

Os alumnos do noso Centro, xunto cos do CEIP de Figueiroa, participarán ao longo do presente curso nun proxecto que fara uso do cine para a educación das emocións. Máis detalles sobre o mesmo en El faro de Vigo.

Éxito en atletismo dun alumno do noso Centro

Mehdi El Nabaoui, que cursa 1º ESO no noso Centro, gañou a carreira pedestre de Santiago na categoría infantil. Tedes máis información en La Voz de Galicia.

Noraboa, Mehdi!

Circular nº 3

Xa está dispoñible a circular nº 3 do presente curso 2015/2016.

Selectividade

As notas do alumnado nas Probas da Selectividade de setembro foron altamente positivas. A nota media de aprobados na Comunidade Autónoma foi de 67,6 %. No noso Centro foron declarados APTOS o 93% do alumnado presentado.

Noraboa a todos eles e ao Centro.

Libros de texto 2015/2016

Nesta ligazón podedes descargar a listaxe dos libros de texto para o curso 2015/2016.

Admitidos e excluidos Fondo de libros 2014/2015

Aquí, a listaxe provisional de admitidos para o fondo solidario de libros.

Aquí, a listaxe provisional de excluidos para o fondo solidario de libros. As persoas afectadas pola exclusión poderán formular reclamación no centro os días 8 e 9 de xullo.

Resultados Avaliación Ordinaria curso 2014/2015

Premendo aquí accederán aos resultados da avaliación ordinaria do curso 2014-2015.

Proba de Acceso á Universidade

Na convocatoria de xuño da proba de acceso a Universidade, o alumnado do noso centro acadou o 100% de aptos. A media galega foi do 91,83%.

Parabéns a toda a comunidade educativa.

Apertura centro no verán

O Centro permanecerá aberto todos os días coa atención ao público de 10 a 13 horas.

Pero a tu lado (Despedida 2014/15)

Presentamos hoxe un dos vídeos do acto de despedida 2014/15. Os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato interpretan "Pero a tu lado", baixo a Dirección musical de María Varela.

Podedes ver todos os vídeos nesta lista de reprodución.

A web do MGB supera o millón de visitas!

A nosa páxina web superou onte o umbral do millón de visitas (á hora de redactar esta liñas o contador marca 1.001.386).

Este feito recóllese hoxe na edición do Faro de Vigo, que podedes ler picando nesta ligazón.

Captura de pantalla 2015-06-18 08.59.03.png

Fin de curso 2014-15

O vindeiro venres, 19 de xuño, terá lugar a despedida deste ano académico. Ao longo da mañá terán lugar, entre outras, as seguintes actividades:
-   Proxección de vídeos dos alumnos/as de cultura audiovisual.
-   Xadrez vivente.
-   Final de tenis de mesa.
-   Festival de karaoke.
As actividades desenvolveranse nas tres últimas sesións da mañá. Desexamos que teñades unha agradable xornada de ledicia e convivencia nese día e, por suposto, un feliz inicio dunhas boas e ben merecidas vacacións!

Tenis de mesa. Finais

Ao longo do 2º e do 3º trimestre tiveron lugar as actividades deportivas de tenis de mesa coordinadas polo profesor Miguel Bugallo. O vindeiro venres, 19 de xuño, terá lugar a final á que chegaron os alumnos de 1º ESO, Carlos Delgado Tejedor e Pablo Diéguez Rebolo. O remate da mesma entregaranse os merecidos trofeos.

Distribuir contido