Novas
Exposición "Medindo o Universo. A historia das medidas"
Enviado por Anónimo o 7 Outubro, 2019 - 00:07Os alumnos e alumnas de Tecnoloxía de 4º de ESO organizaron e montaron os paneis que ata o vindeiro 18 de outubro poderedes observar no andar a carón da Biblioteca coa exposición "Medindo o universo: a historia das medidas". As láminas desta exposición foron impresas á súa vez da exposición homónima do LOMG (Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia). Agardamos que sexa do voso interese e aprendades moito con ela.
Se queredes consultar online a exposición facede clic aquí.
Exposición "Científicos Galegos 2008-2018"
Enviado por Anónimo o 2 Maio, 2019 - 00:55Ata o vindeiro luns 6 de maio estarán expostos no hall do primeiro andar do centros os carteis da exposición "Científicos Galegos 2008-2018", cedidos ata esa data pola Real Academia Galega de Ciencias. Nela poderemos aprender sobre a vida e obra de sobranceiros científicos galegos que dende o ano 2008 ata o 2018 foron homenaxeados con motivo do Día da Ciencia en Galicia. Informarvos tamén que o Científico Galego 2019 corresponde á figura do químico Tomás Batuecas.
Éxito do alumnado do IES MGB na V competición de robots da UVigo: 1º e 3º postos!
Enviado por Anónimo o 29 Abril, 2019 - 00:38O pasado venres 26 de abril varios equipos formados por alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato que cursan Tecnoloxía Industrial I conseguiron un éxito sen precedentes na V competición de robots da Universidade de Vigo: dos 6 equipos que polo noso centro se inscribiron á competición, 5 deles chegaron á final acadando dous deles o 1º e o 3º posto! Cómpre engadir que a esta competición acudiron máis de 150 equipos de institutos de toda Galicia, polo que os seus profesores e resto da comunidade educativa non podemos estar máis orgullosos dos nosos alumnos, independentemente de que acadaran ou non o podio, dado que todos eles amosaron unha gran capacidade de traballo en equipo e de entrega por acadar este gran éxito para o centro.
Parabéns e bravo por eles!!
Notas de prensa:
21 de marzo: día Mundial do Síndrome de Down
Enviado por admin o 21 Marzo, 2019 - 09:14Con motivo do Día Mundial das Persoas con Síndrome de Down, a Federación Down Galicia lanzou a campaña de visibilización e sensibilización Tan diferentes como iguais.
Con esta proposta, o movemento Down, en Galicia, pretende poñer en valor o concepto da diferenza e tamén dar visibilidade á idea de que ningunha persoa é igual a outra e que, precisamente, esa diferenza é a que nos enriquece como sociedade.
A ex alumna Xoana Barcala Gosende fala do seu libro "Descubriendo la luz"
Enviado por admin o 24 Xaneiro, 2019 - 11:10No seguinte enlace podedes ver á nosa ex-alumna presentado en televisión o libro Descubriendo la luz do que é coautora. Parabéns.
Visita de estudos do alumnado de Tecnoloxía e Tecnoloxía Industrial Ás Pontes
Enviado por Anónimo o 31 Xaneiro, 2018 - 23:48O pasado martes 23 de xaneiro, o alumnado que curso Tecnoloxía de 4º de ESO e Tecnoloxía Industrial I e II de Bacharelato participou dunha visita de estudos ao Concello das Pontes. Neste importante concello industrial puideron ver de primeira man o funcionamento da central térmica de carbón e a de ciclo combinado, así como importantes empresas de mecanizado de madeira (Areda) e metal (Prometal). Dende aquí dar as grazas ao departamento de turismo do Concello das Pontes polas xestións que nos facilitaron estas visitas.
A nosa maqueta
Enviado por Vicedirec. o 12 Decembro, 2017 - 11:23O pasado luns 4 de decembro inauguramos a maqueta do noso concello realizada polo alumnado de Volume de 1º de Bacharelato co profesor Mariano Casas.
Máis información sobre as súas características e proceso de elaboración nesta ligazón.
Parabéns aos autores!
Éxito do alumnado do IES Manuel García Barros na III competición de robots da Universidade de Vigo
Enviado por Anónimo o 4 Maio, 2017 - 00:43Podemos estar ben orgullosos do alumnado de 1º de BAC que cursa as materias de Tecnoloxía Industrial I e TIC I e que participou na III competición de robots da Universidade de Vigo o pasado venres 28 de abril.
Viaxe de 4º de ESO a Milán
Enviado por Vicedirec. o 18 Abril, 2017 - 13:16Trinta e nove alumn@s de 4º de ESO viaxaron o domingo pasado a Milán. Están acompañad@s pol@s profesor@s Chelo Vázquez, Mariano Casas e X. Xosé Pérez. Estarán de volta o vindeiro venres 21 de abril. Agardamos que o pasen moi ben e aprendan moitas cousas!
Visita do alumnado de Tecnoloxía Industrial II a TELEVÉS
Enviado por Anónimo o 23 Marzo, 2017 - 13:26O pasado venres 17 de marzo o alumnado de 2º de Bacharelato que cursa Tecnoloxía Industrial II realizou unha visita guiada ás instalacións da empresa de telecomunicacións TELEVÉS, situada en Santiago.
Alerta meteorolóxica
Enviado por Vicedirec. o 21 Marzo, 2017 - 17:22A Consellería acaba de informar dunha alerta meteorolóxica que afecta, entre outros, ao concello da Estrada. Por conseguinte, e tras recibir instrucións de Xefatura Territorial:
1. Non se suspenden as clases.
2. Suspéndese o transporte escolar entre mañá ás 12:00 horas e o xoves á mesma hora.
3. Suspéndense as actividades no exterior.
Máis información nesta ligazón.
El Mehdi Nabaoui título nacional nos 3.000 metros
Enviado por Vicedirec. o 21 Marzo, 2017 - 14:17De novo o noso alumno de 1º de ESO El Mehdi Nabaoui acaba de conseguir o título de campión nacional cadete nos 3.000 metros lisos. Foi no Campionato de España de Pista Cuberta disputado o pasado fin de semana en Antequera.
Parabéns a El Mehdi e ao CD San Paio!
Máis información nesta ligazón.
Proxecto IRIS
Enviado por Vicedirec. o 30 Novembro, 2016 - 12:30O Proxecto Iris, integrado en Erasmus+, consiste na promoción da prevención contra o racismo, a violencia e a intolerancia no deporte (escolar e infantil en xeral). O noso profesor Mariano Casas participou a través da USC elaborando un cómic que se pode descargar nesta ligazón.
Xornada sobre Olimpio Arca e o teatro escolar
Enviado por Vicedirec. o 30 Novembro, 2016 - 12:12Alumnado de 1º e 3º de ESO do noso instituto a cargo do departamento de Lingua e Literatura Galega participaron onte na xornada sobre Olimpio Arca e o teatro escolar. O Faro de Vigo faise eco da noticia.
A profesora Magaly Barreiro no CEIP do Foxo
Enviado por Vicedirec. o 25 Novembro, 2016 - 10:01O pasado luns 21 de novembro a profesora Magaly Barreiro visitou o CEIP do Foxo para presentar a súa experiencia en Islandia ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
Máis información nesta ligazón.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »