Novas

Noticieiro do centro

Saída a Lugo

O vindeiro luns, 2 de marzo, alumnos/as do noso centro, dos cursos 3º e 4º da ESO (das materias de cultura clásica e latín) e de e de Bacharelato (da materia de latín),  visitarán a cidade de Lugo e o Auditorio Gustavo Freire, onde asistirán, en sesións de mañá e tarde, ás representacións de teatro clásico seguintes:
 
 Edipo Rei de Sófocles, SV Producciones (Madrid).
 Cestiña de Plauto, SV Producciones (Madrid)

 A actividade está organizada polo Departamento de Latín, acompañando aos alumnos/as os profesores, Beatriz Mera e Álvaro Pérez.

lugo.JPG

Charla sobre os riscos da Internet para o alumnado de 2º da ESO

O vindeiro martes 24 de febreiro a 2ª hora da tarde celebrarase na sala de usos múltiples unha conferencia a cargo dun representante do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia sobre os riscos da Internet, dirixida ao alumnado de 2º de ESO.

Dita conferencia encádrase na campaña "Navega con Rumbo" da Consellería de Educación, coa cal se predente informar a alumnado, pais e nais e profesorado dos perigos dun uso inapropiado ou inconsciente de Internet.

Navega con rumbo

Orientación vocacional no MGB

Organizada polo Departamento de Orientación terá lugar o vindeiro xoves, 19 de febreiro, na  sala de usos múltiples do centro, en horario de  10:45 a 12:25 (3ª e 4ª sesión), unha actividade de “Orientación profesional e laboral” dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato. Contaremos como poñentes coa profesora de Hostalería, Raquel Fondevila, co profesor da Facultade de Relacións Laborais da USC, Carlos J. Álvarez e co brigada da Armada Española, Luís Cagiao.

Entroido 2015

O vindeiro venres,13 de febreiro, terá lugar no noso centro a festa do Entroido. Teremos concursos de disfraces, baile con música en directo e larpeiradas, filloas, orellas, etc, que  o alumnado de 4º da ESO elaborará para costear a súa excursión. Os actos serán presentados polos alumnos de 1º de bacharelato, Natalia Camiña, Jessica Magariños e Xulián Montouto. No apartado musical contaremos coa selección realizada  polo alumno de 2º bacharelato, Carlos López.
O deseño do cartaz foi realizado polo alumno de 2º de bacharelato de Artes, William Cabaleiro.

CARNAVALwill.png

Saída cultural á cidade de Santiago

O vindeiro martes, 10 de febreiro, alumnado do noso centro, correspondente aos cursos de 2º ESO e 2º BACH (materias, Arte e Xeoloxía) visitarán a capital de Galicia. Entre outras, levarán a cabo as seguintes actividades: visita aos tellados e ao Museo da Catedral, visita ao Museo de Ciencias Naturais, paseo petrolóxico pola cidade e xogo de orientación no casco histórico. A actividade está organizada polos departamentos de Xeografía e Historia, Relixión e Xeoloxía e Bioloxía. Contará coa colaboración da asociación cultural Tesouros Novos da Estrada.

catedral santiago.jpeg

Sesións de Primeiros Auxilios

Alumnado de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato da materia de Educación Física levarán a cabo durante a vindeira semana (do 9 ó 13 de febreiro) unhas sesións de primeiros auxilios na Academia Galega de Seguridade. Os contidos a desenvolver son os seguintes: secuencia da RCP básica, inmovilización da zona cervical, traslado dun accidentado, actuación ante patoloxías comúns coma hemorraxias nasais, queimaduras, golpes de calor, feridas, etc. As actividades terán lugar nas horas de docencia dos respectivos grupos.

Actividade con Xesús Fraga, autor da obra Reo

O vindeiro luns, día 9 de febreiro, ás 12:45 estará no noso centro o autor da obra REO co alumnado de 4º da ESO así coma co alumnado de Literatura Galega do Século XX e da Actualidade de 2º de Bacharelato, nunha actividade organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.

xesus fraga.jpg

Saída cultural á POBRA

Alumnos/as das materias de emprendedores (3º ESO) e economía (2º BAC) visitarán o vindeiro venres, 6 de febreiro, as instalacións da empresa CONGALSA, S.L, situada no parque empresarial da POBRA DO CARAMIÑAL. A actividade, organizada polo departamento de Economía, desenvolverase en horario de maña entre as 9:00 e as 14:25 horas. Os alumnos/as estarán acompañados polas profesoras do centro, Juana Lasheras e Teresa Filloy.

congalsa.png

O vindeiro día 5 de Febreiro: charla de MARILAR ALEIXANDRE

O vindeiro xoves, día 5 de Febreiro, MARILAR ALEIXANDRE acudirá ao noso centro para participar nunha charla co alumnado de 3º da ESO, co alumnado do “Clube de Lectura” así coma co alumnado de 2º de Bacharelato de Literatura Galega do Século XX e da Actualidade. O alumnado está a ler a súa obra A banda sen futuro. A actividade terá lugar a partir das 12'45 e está organizado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura.

200px-Marilar_Aleixandre._Foto_da_AELG_2.jpg

PREMIOS LITERARIOS. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN

Xa podedes ler os relatos das alumnas e do alumno que foron premiados no concurso literario de Adega no web de Normalización. Podedes acceder directamente desde esta ligazón: relatos Adega.

Tamén podedes consultar os resultados das enquisas sobre usos lingüísticos da nosa comunidade educativa, recentemente realizadas: enquisa profesorado / enquisa alumnado



Xadrez e Tenis de mesa no MGB

Como en cursos anteriores, no 2º e 3º trimestre están a ter lugar os campionatos de tenis de mesa e xadrez. As partidas teñen lugar nos recreos, disputándose por sistema de liga e eliminatorias. Están coordinadas polos profesores do centro, Miguel Bugallo e Ramón Aller.

xadrez.jpeg

Festival de Nadal

O vindeiro venres, 19 de decembro, terá lugar a celebración do festival de Nadal na aula de usos múltiples en horario de 11:35 a 14:10 horas. Contaremos coas seguintes actividades: Festival Musical, coa actuación de alumnos/as da materia de música dirixidos pola profesora María Varela e “xogo musical”, organizado polas alumnas de bacharelato Ana Vilar e Sarai Louzao. Agardamos que teñades todos/as unha boa xornada de goce e convivencia neste remate do 1º trimestre.

nadal.jpg

Galerías de imaxes das saídas didácticas do Departamento de Tecnoloxía

O pasado mes de novembro, o Departamento de Tecnoloxía do centro organizou as seguintes saídas didácticas por cursos:

SOTAVENTO / MUNCYT

  • Martes 18 de novembro: o alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO e de Tecnoloxía Industrial de 1º e 2º de BAC, visitou ao longo da mañá a antiga central hidroeléctrica de Segade (Caldas de Reis) e posteriormente o centro de investigación de materiais e tecnoloxía láser AIMEN (O Porriño). Pola tarde realizaron diversas actividades que organizou a Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo con motivo da semana da Ciencia e a Tecnoloxía.

CENTRAL SEGADE / AIMEN /ETSE MINAS

Sobredose, finalista en OUFF Escola 2014

A curtametraxe SOBREDOSE, realizada por Héctor Fernández, Martín Duro e Abel Carbajal (agora xa exalumnos do IES MGB) foi finalista do certame de cinema escolar OUFF Escola de Ourense. Parabéns aos tres polo traballo ben feito.
Para obter máis información accede a esta ligazón.

OUFF ESCOLA.JPG

Resultados da avaliación de diagnóstico 2013/2014

Nesta ligazón accédese aos resultados da avaliación de diagnóstico deste Centro correspondente ao curso 2013/2014.

Distribuir contido