Novas

Noticieiro do centro

Probas de Acceso a Universidade

Na convocatoria de setembro das probas de acceso a Universidade o alumnado do noso centro acadou o 100% de aprobados. Parabéns a toda a comunidade educativa.

Charla de Fran Bueno no IES Manuel García Barros.

O xoves, 9 de outubro, en horario de 10:45 a 11:35 horas,  o debuxante de cómic, Fran Bueno, gañador do último premio “Castelao” ofrecerá unha charla no noso centro aos alumnos/as do Bacharelato de Artes (1º e 2º) e os alumnos/as de plástica de 4º ESO. O acto, organizado polo Departamento de Plástica, terá lugar na aula de usos múltiples do centro.

thumb_190_franbueno2.jpg

Visita do MGB á Feira do Moble da Estrada.

Alumnado do noso centro correspondente aos cursos de 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC realizarán unha visita o vindeiro martes, 23 de setembro, en horario de mañá e tarde, á nova edición da Feira do Moble da Estrada. Durante a mesma os alumnos/as asistirán a dúas charlas sobre “cooperativismo” e “atención ó cliente” e percorrerán parte da exposición. A actividade forma parte da programación do Departamento de Economía.

ndice.jpeg

A Comunidade Educativa rexeita a supresión de prazas

O Claustro de profesores e toda a Comunidade Educativa rexeita a supresión de prazas no IES Manuel García Barros.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Faro de Vigo.

As ANPAS locais a través de FESANPAS tamén apoian a nosa reivindicación. (Noticia no Faro de Vigo)

Unha aventura en Roma

A volta dos/as alumnos/as que foron de excursión a Roma retrasouse debido a unha folga de controladores. El Faro de Vigo deu conta do suceso.

MENCIÓN ESPECIAL PARA A CURTA “TE PILLÉ”.

No Festival Internacional de Cinema Jove de Valencia a curta “Te Pillé” dirixida polo alumno de 2º do bacharelato de artes Abel Carbajal obtivo a “mención especial do xurado á mellor produción”. Parabéns polo éxito acadado.

te pillé.jpg

FIN DE CURSO

O vindeiro xoves, 19 de xuño, a actividade docente normal sufrirá modificacións por mor da celebración do fin de curso 2013-2014. Entre outras desenvolveranse as seguintes actividades: proxección da curtametraxe “Te pillé”, simultáneas de xadrez, finais de fútbol-sala e tenis de mesa e, para rematar, actuacións musicais. Agardamos que teñades todos/as unha boa xornada de goce e convivencia neste final de curso.

A ANTÁRTIDA NO MGB

A profesora de Bioloxía do centro, Magaly Barreiro, impartirá unha charla sobre a Antártida na que exporá aspectos científicos e curiosidades deste continente acompañándoos de imaxes das súas viaxes.  A actividade terá lugar na sala de usos múltiples do centro o vindeiro xoves, 19 de xuño. Vai dirixida ao alumnado de da ESO.

antártida.jpeg

Saída cultural a Roma

Os alumnos/as de Bacharelato viaxarán a capital italiana. A saída terá lugar o sábado, 21 de xuño, do aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela) ás 14:00h. O regreso está previsto para o mércores, 25 de xuño. Estarán acompañados polos profesores Mariano Casas e Xoán Xosé Pérez. Se desexas unha información máis completa da viaxe consulta o “planingnesta ligazón.

piazza navona.jpeg

Saída cultural Bueu, Cangas, Illas Cíes

O vindeiro martes, 17 de xuño, en horario approximado de 08:45 a 20:30, terá lugar unha saída do alumnado de 2º e 3º da ESO. A actividade, organizada polo departamento de Xeografía e Historia, desenvolverase segundo o seguinte programa:
- Visita ao Museo Massó no concello de Bueu.
- Saída cara o porto de Cangas para embarcar con destino ás illas Cíes
- Visita guiada por este espazo protexido pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

illas cies 2.jpeg

Final do IV Campionato de xadrez MGB

Finalizada as distintas fases do Campionato de Xadrez 2013-14, os alumnos/as que disputarán a final son: Martín Mato Búa  e Iago Couceiro Garea, ámbolos dous de 1º de bacharelato. As partidas terán lugar nos recreos a partir do mércores, 11 de xuño. Terán lugar dúas partidas alternándose a saída con brancas. Se houbese empate disputaríase unha máis. Pódese asistir á final sempre que se respecte a concentración dos xogadores.

Saídas a Santiago de Compostela

Nas primeiras semanas do mes de xuño tiveron lugar unhas saídas culturais a capital de Galicia organizadas polo departamento de Relixión e o de Xeografía e Historia, destinadas a alumnos/as de 2º e 3º da ESO, nas que se visitaron os tellados da Catedral e o Museo do Pobo Galego.

Encargo de mural no CEIP O Foxo

No inicio do vindeiro ano escolar, os/as alumnos/as de 2º de bacharelato de artes plásticas comezarán o curso pisando forte, debuxando e pintando en gran formato na "pinacoteca" do CEIP do Foxo. Alá iremos o vindeiro día 11 de xuño, invitados polo propio centro para unha primeira toma de contacto.

Se desexa máis información, prema aquí.

SAÍDA CULTURAL A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O vindeiro xoves,  5 de xuño, en horario de 8:45 horas a 14:25, os alumnos/as de 3º ESO da materia de Relixión visitarán a cidade de Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo departamento de Relixión, desenvolverase segundo o seguinte programa: visita guiada ao Museo do Pobo Galego e percorrido polo Centro Histórico da cidade..

museo pobo galego.jpeg

Alumnado novo 2014-2015

Os/as pais/nais do novo alumnado para o vindeiro curso 2014-2015 están invitados a unha reunión na sala de usos múltiples do Centro o mércores 4 de xuño ás 17.00 horas.

Será unha primeira toma de contacto na que se poderán comentar normas e aclarar dúbidas.

Distribuir contido