xadrez

Categoría para as actividades de xadrez do centro

Final do IV Campionato de xadrez MGB

Finalizada as distintas fases do Campionato de Xadrez 2013-14, os alumnos/as que disputarán a final son: Martín Mato Búa  e Iago Couceiro Garea, ámbolos dous de 1º de bacharelato. As partidas terán lugar nos recreos a partir do mércores, 11 de xuño. Terán lugar dúas partidas alternándose a saída con brancas. Se houbese empate disputaríase unha máis. Pódese asistir á final sempre que se respecte a concentración dos xogadores.

Xadrez. Remate do campionato.

Nunha partida moi igualada na que os xogadores foron a un cambio de Damas, as brancas de Martín Mato Búa desperdiciaron unha vantaxe de dous peóns logo dun mal movemento. Isto posibilitou a recuperación das negras de Sergio Pampín López, que aproveitaron a situación para coroar con un peón e lograr un xaque mate con Rei e Dama. Parabéns a tódolos participantes.

Clasificación final do IV campionato de xadrez MGB:

  • 1º Sergio Pampín López.

  • 2º Martín Mato Búa. 
  • 3º Fernando Vázquez Novoa.



Xadrez. Final do campionato MGB 2012/13

Moita igualdade nesta final entre o campión das dúas últimas edicións, Sergio Pampín, e o alumno de 4º ESO, Martín Mato Búa. Ámbolos dous atópanse a unha vitoria para gañar o campionato. Sergio con negras utilizou a defensa dos dous cabalos para responder ó ataque das brancas de Martín. Neste intre teñen as mesmas pezas perdidas: un cabalo negro e un alfil branco. Ámbolos dous están intentando atacar co cabalo para conseguir unha posición na que lograr vantaxe cunha ameaza rei-torre. As partidas teñen lugar nos recreos dos martes e xoves.

Campionato de xadrez 2013

O campionato de xadrez do MGB está chegando a súa finalización. Nas vindeiras semanas terán lugar as finais. O 1º e o 2º posto disputarano os alumnos:

  • Sergio Pampín, gañador das dúas últimas edicións e Martín Mato.

Para o 3º e 4º posto , xogarán:

  • Fernando Vázquez e Adrián Ferreiro.

    As partidas terán lugar nos recreos dos martes e xoves do mes de maio. Están abertas ao público coa condición de que sexan respectuosos coa concentración dos xogadores falando en voz baixa ou gardando silencio.

XADREZ

P6035591 copia.JPG

IV Campionato de xadrez “MGB”. O vindeiro xoves, 22 de novembro, comeza a competición de xadrez. O alumnado participante estará encadrado en catro grupos que contenderán todos fronte a todos polo sistema de liga, clasificándose os dous primeiros de cada grupo que pasarán á seguinte fase.

Xadrez

Gañadores do torneo de xadrez MGB 2012

Un ano máis o MGB pon en marcha a aula de xadrez. A actividade terá lugar tódolos martes e xoves en ámbolos dous recreos ( de outubro a maio). O lugar será o escenario da aula de usos múltiples.

Aqueles alumnos/as que queiran aprender a xogar (iniciación), poderán facelo no 2º recreo do xoves. ANIMÁDEVOS!

Na imaxe, os gañadores da pasada edición.

Final de Xadrez

Logo de tres interesantes partidas, o campión da pasada edición, Sergio Pampín, remontuo e acadou o título de campión con tanteo de tres vitorias a unha sobre Fernando Vázquez. A clasificación final é como segue:

1º Sergio Pampín de 3º ESO

2º Fernando Vázquez de 2º ESO

3º Adrián Ferreiro de 2º ESO.

A entrega de trofeos terá lugar o xoves no descanso do partido de fútbol a disputar no Campo de Figueroa.

Campionato de Xadrez

Estanse disputando as finais do torneo de xadrez. Para o 3º posto, Adrián Ferreiro conta cunha vantaxe de dúas vitorias sobre Anxo Ferreiro. Na gran final, Fernando Vázquez, logo dunha brillante partida con negras, gaña por unha vitoria a cero ao campión da pasada edición, Segio Pampín. As partidas retomaranse o vindeiro martes 12 de xuño.

Finais III campionato de Xadrez MGB

Xadrez taboleiro

Na vindeira semana comezarán as finais do 3º campionato de xadrez MGB. Disputaranse un máximo de cinco partidas, rematando cando se obteñan tres victorias. Os finalistas son:

  • Sergio Pampín López ( 3º eso, campión da pasada edición).

  • Fernando Vázquez Novoa (2º eso).

1ª fase do III campionato de xadrez MGB

Finalizada a 1ª fase do III campionato de xadrez MGB,  realizada polo sistema de liga, da comenzo esta nova fase na que os alumnos clasificados disputarán eliminatorias pasando ás semifinais o que máis puntos obteña logo de tres partidas. Os emparellamentos, feitos ó chou, son os seguintes:

Xadrez

Xadrez taboleiro

Xa está en marcha a actividade de xadrez impartida polo profesor don Ramón Aller, desenvolverase todos os martes e mércores ( en ambos os dous recreos), o mércores será para os que queiran iniciarse neste xogo. O lugar de realización da actividade é no esnenario da sala de usos múltiples. ANIMÁDEVOS

Peche da tempada de Xadrez cunha partida simultánea

P6105651.JPG

Como peche da temporada de xadrez tivo lugar o venres, 10 de xuño, unha simultánea que enfrentou aos catro primeiros clasificados do torneo MGB co profesor de física do instituto, Paco Gómez Segade, quen amosou os seus coñecementos vencendo aos seus catro opoñentes. Particularmente duro resultou o enfrentamento que mantivo co vencedor do torneo, Sergio Pampín, que a mitade da partida tiña unha boa posición con pezas desenvolvidas e co rei enrocado e ben defendido. Non arriscou o suficiente en ataque, o que permitíu que o profesor Segade tomará a iniciativa, e con xaques sucesivos de cabalo, torre e dama inclinara a partida ao seu favor. En definitiva, un bo final para o II Campionato de Xadrez.

* Todas as imaxes neste álbum

Resultado da final do 2º campionato de Xadrez MGB

P6075612.JPG

Sergio Pampín, de 2º eso A, proclamouse gañador do II campionato de xadrez MGB. Facendo valer a súa maior experiencia,  tomou vantaxe dende o inicio da partida dominando o centro do taboleiro e con xaques sucesivos con cabalo, alfil e dama, non permitíu que o finalista Ángel Ferreiro poidera realizar unha defensa axeitada. A clasificación final é a seguinte:

  • 1º Sergio Pampín (2º ESO A).
  • 2º Ángel Ferreiro (1º ESO B).
  • 3º Fernando Vázquez (1º ESO A).

A entrega de trofeos terá lugar o vindeiro mércores 22 de xuño. Lembrar que o venres, 10 de xuño, terá lugar unha "simultánea" entre os anteriormente citados e Ramón González de 1º ESO A, que se enfrentarán o profesor de física do instituto, Paco Gómez Segade.

Final do 2º Campionato de Xadrez do MGB

P6035591 copia.JPG

Está a ter lugar a final do 2º Campionato de Xadrez do MGB. Os dous alumnos que chegaron a mesma, Sergio Pampín López (2ºA) e Ángel Ferreiro Lemos (1ºB) están competindo en dura lide. Disputada a primeira das partidas, a vantaxe é para Sergio, que está a unha victoria de lograr o campionato. Mañá martes, 7 de xuño, disputarase a partida que pode ser decisiva.
Así mesmo o vindeiro venres día 11 de xuño, terá lugar a celebración dunhas "simultáneas" entre os catro primeiros clasificados do MGB e o profesor de física deste Instituto, Paco Segade.

Clase práctica de xadrez impartida por X. Roberto Patiño

5759521081_c7af5d980f.jpg

Como estaba programado, tivo lugar na biblioteca do instituto unha clase práctica de xadrez que foi impartida por X. Roberto Patiño Romarís, que foi campión galego desta disciplina deportiva.  

Distribuir contido