Clase práctica de xadrez impartida por X. Roberto Patiño

5759521081_c7af5d980f.jpg

Como estaba programado, tivo lugar na biblioteca do instituto unha clase práctica de xadrez que foi impartida por X. Roberto Patiño Romarís, que foi campión galego desta disciplina deportiva.  

Durante a sesión, os alumnos/as participantes, poideron comprobar como o valor das pezas varía segundo a súa posición, e como aínda con inferioridade de pezas, si estás están ben despregadas, obteñen unha vantaxe decisiva para dar o "xaque mate" e gañar a partida.

Incidíu, así mesmo, nas primeiras xogadas "a apertura", que deterninan o futuro do xogo, sendo moi importante dominar o centro do taboleiro. Abríu os ollos dos participantes, facéndolles ver a importancia de mover en primeiro lugar as fichas de valor medio, cabalo e alfil.

Recordoulles aos participantes que é tan importante o movemento das súas fichas, como estar atento aos movementos do adversario. Como remate da actividade, os participantes xogaron  partidas en grupos 2 contra 2, buscando mates rápidos.