Novas Deportes
Representación do IES Manuel García Barros no Campionato Galego de Campo a Través, XOGADE 2023
Enviado por XefeEstudios o 7 Marzo, 2023 - 20:44O departamento de educación física quere agradecer a Marcos Otero, adestrador do Clube Atletismo A Estrada, o seu ofrecemento para actuar como responsable das dúas alumnas, a pesar de que unha delas non pertence ao seu clube, acompañándoas en todo momento no día da proba.
Mehdi Nabaoui obtivo o 3º posto no Cross de Atapuerca
Enviado por admin o 14 Novembro, 2019 - 14:11Parabéns polo seu novo éxito.
Triunfo de Mehdi El Nabaoui
Enviado por admin o 29 Outubro, 2019 - 22:06Mehdi El Nabaoui vén de gañar por cuarto ano consecutivo a Carreira Pedestre de Santiago na categoría sub 18.
Parabéns!
Máis información nesta ligazón.
Os ex-alumnos Ana Carbón e Miguel Sanluis acadan sendas medallas de prata no España Sub-19 de Bádminton
Enviado por admin o 3 Maio, 2019 - 15:23Triunfo de Mehdi El Nabaoui
Enviado por Vicedirec. o 29 Outubro, 2018 - 10:43O noso alumno de 3º PMAR Mehdi El Nabaoui vén de gañar por terceiro ano consecutivo a Carreira Pedestre de Santiago na categoría sub 18.
Parabéns!
Máis información nesta ligazón.
Novos éxitos das deportistas do MGB
Enviado por Anónimo o 13 Xuño, 2013 - 07:57As aslumnas do MGB Ana Carbón e Marta Sanamartín veñen de acadar o pasado fin de semana o terceiro posto no Campeonata de España de Bádminton na categoría sub-13 e na modalidade de dobres.
Por outra banda, Rosa Rivadulla e Laura De La Fuente, alumnas tamen do noso centro, acadaron o primeiro e terceiro posto respectivamente no Camponato Galego de ximnasia artística, nas modalidades de minitramp e cama elástica.
Desde o MGB queremos felicitar as catro deportistas e animalas a continuar adestrando e demostrando que estudios e deporte son sempre compatibles. Noraboa.
Medalla de Prata de Bádmiton para Pablo Sanmartín
Enviado por Secret. o 3 Xuño, 2013 - 11:01O alumno de 1º de Bacharelato A do noso centro, Pablo Sanmartín obtivo unha medalla de prata no Campionato de España Sub 17 de Bádminton. Ver nova.
Campeona de España de marcha atlética no MGB
Enviado por Anónimo o 30 Maio, 2013 - 11:03A alumna do MGB Carmen Escariz Mella (3º ESO) ven de proclamarse Campeona de España de Marcha Atlética na proba celebrada en Málaga o pasado fin de semana. Desde o noso centro queremos darlle os parabens e animala a seguir adestrando e competindo. Noraboa.
Alumno de 2º ESO A Campión de España de Bádminton
Enviado por Secret. o 22 Maio, 2013 - 12:22Miguel Barbado Fernández de 2º ESO A do centro proclamouse Campión de España de Bádminton en dobles mixtos na Categoría Sub-15. Noraboa ao gañador.
Alumna do centro Medalla de Ouro de Marcha Atlética
Enviado por Secret. o 11 Decembro, 2012 - 11:47A alumna de 3º ESO do noso centro Carmen Escariz Mella proclamouse campiona de España de Marcha cadete na localidade granadina de Guadix. O Faro de Vigo do martes 11 de decembro recolle a nova.
Alumnas do centro na competición de Badmintón
Enviado por Secret. o 22 Novembro, 2012 - 12:58O Faro de Vigo do 21 de novembro recollece "o altísimo nivel" das alumnas do noso centro Nerea Gestoso e Andrea Gutiérrez que foi determinante para a victoria do Clube Reale A Estrada A na segunda xornada da Liga Galega de Clubes disputada en As Neves. Ver noticia.
Noraboa a Fabián Penas
Enviado por Anónimo o 6 Xuño, 2012 - 13:07O alumno de 2º de ESO do MGB Fabian Penas ven de acadar o campeonato de España de bádminton sub-15 na modalidade de dobres. Fabian únese a longa lista de grandes xogadores e xogadoras do club Reale-Thebes de A Estrada que cursaron ou cursan estudios no MGB (Pablo Sanmartín, Ana Reino, Nerea Gestoso...). Toda a comunidade do MGB queremos felicitalo a el e aos seus compañeiros polos magníficos resultados que están conseguindo en competicións de ámbito nacional e internacional. Moito ánimo e seguir buscando novas metas.
Partido homenaxe a Antonio Chao
Enviado por admin o 21 Xuño, 2011 - 10:19Mañá mércores, as 12:00 horas, terá lugar un partido homenaxe a Antonio Chao entre os profesores e os alumnos de 1º de Bacharelato.
Así o ve Marcos Regueiro, de 1º de BAC.
Campionato de Bádminton
Enviado por Secret. o 11 Abril, 2011 - 08:29No Campionato Provincial de Bádminton disputado os días 2 e 3 de Abril, nas Neves algúns d@s nos@as alumn@s acadaron os seguintes resultados:
- Na categoría infantil individual masculino, Fabián Penas obtivo a medalla de prata, e Manuel Brea tamén entrou na zona alta.
- Na categoría cadetes feminino, Ana Reino obtivo o ouro e Nerea Gestoso a prata.
¡Noraboa a tod@s!
Bádminton. GP Tordesillas sub15-sub19.
Enviado por admin o 22 Marzo, 2011 - 08:23No GP de Tordesillas sub15-sub19 disputado este fin de semana en Tordesillas, Valladolid, Andrea Gutiérrez e J. Manuel Padín perderon na final de dobres mixtos en dous sets moi axustados contra os navarros Nelly Iriberri e Íñigo Urramoi, favoritos para o campionato
Ángela Soto e Andrea Gutiérrez perderon na semifinal de dobres femininos nun partido axustado a tres sets contra Asturias, que integraba no seu equipo a unha xaponesa e unha cántabra, Zhao Min e Lorena Uslé.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
