Adxudicación definitiva do Fondo Libros
A adxudicación definitiva do Fondo Solidario de Libros está publicada no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.
Recordamos que as persoas solicitantes poderán consultar por vía electrónica o seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
A entrega de libros realizarase en setembro, nos primeiros días de clase (publicaranse indicacións ao inicio de curso).
IMPORTANTE: Aquelas familias que non sexan beneficiarias do Fondo Libro ou do préstamo da ANPA recomendamos que agarden aos primeiros días de clase, ata coñecer ao profesorado que impartará as materias - que lles indicarán que se empregarán ou non libro -, para mercalos.
Os vales de material só se entregarán aos pais/nais ou titores/as do alumnado beneficiario que lles corresponda e poderán recollelos do 17 ó 21 de xullo (de 10 a 13 h.) ou na 1ª semana de setembro.