Presentación dos resultados do Estudo do Consumo Bebidas azucaradas, estimulantes e enerxéticas nos CEIPs do Foxo e Pérez Viondi.

O alumnado de 3° da ESO, participante o curso pasado 2021/2022 no proxecto interdisciplinar dos departamentos de matemáticas, tecnoloxía e educación física, centrado nas bebidas enerxéticas, trasladou os resultados do noso IES ao alumnado dos CEIPs para concienciar sobre a importancia de retrasar a idade de inicio de consumo deste tipo de bebidas.
O proxecto iniciado o curso pasado, no marco do Contrato Programa de innovación EDUSaúde, detectou unha alarmante tendencia ao consumo precoz de bebidas enerxéticas no noso alumnado, polo que decidimos colaborar cos centros de primaria da contorna na labor de educar na promoción de estilos de vida saudables e tentar evitar o consumo deste tipo de bebidas.
Agradecer a boa acollida do alumnado e profesorado destes centros, valorando moi positivamente o traballo dos rapaces e rapazas que se animaron a facer estas exposicións.