Premios

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO 2012-2013

A alumna do noso Centro Thais Rey Azurmendi conseguiu ser PREMIO EXTRAORDINARIO da ESO no curso 2012-2013 grazas ao seu expediente académico e ao exame realizado en pasados días en Pontevedra.

Foi con outros dous compañeiros, tamén do 1º de Bach. A, Martín Mato Búa e Sara Troitiño Cora.

Todos eles fixeron un gran papel pero a alumna que acadou o mellor resultado foi Thais, que logrou o posto nº 7 entre os 20 alumnos premiados de entre os máis de 300 alumnos presentados á proba.

Noraboa de parte de toda a comunidade educativa e parabéns tamén paraa o centro que pode contar con eles entre o seu alumnado.

Pode consultar a listaxe de premiados neste enlace.

Premio para o profesor Carlos Loureiro

O profesor deste centro, Carlos Loureiro, recibiu no día de onte o Premio San Martiño 2013 concedido pola Asociación Cultural "O Brado", polo seu traballo en prol do fomento do galego na comarca de Tabeirós - Terra de Montes.

Dámoslle os parabéns en nome de toda a Comunidade Educativa do IES "Manuel García Barros".

EUROSCOLA 2013

O equipo "Los Hamer" do noso centro acadou unha moi boa clasificación na Comunidade Autónoma, no "Año Europeo de la Ciudadanía 2013", convocado polo Parlamento Europeo no curso pasado. Noraboa a todos os alumnos de 3º da ESO C que participaron.

 

Pedigree na prensa

Tanto o Faro de Vigo coma a Revista dixital Catrogatos publican artigos sobre a recollida do premio do público que se otorgou a Pedigree no "Festival de Cine Jove de Valencia".

Premios Extraordinarios de Bacharelato curso 12/13

As alumnas Nerea Gestoso e Paula Otero presentaranse o vindeiro día 27 de xuño en Pontevedra aos exames dos Premios Extraordinarios de Bacharelato avaladas polos seus brillantes expedientes. Boa sorte as dúas.

Dous novos Premios para "Pedigree"

"Pedigree" gañador do Premio ao Mellor Audiovisual de Fición na sección de Bacharelato e gañador do Premio do Público no III Certame Audiovisual Escolar do IES Monte Carrasco. A entrega dos recoñecementos tivo lugar no Auditorio Municipal de Cangas o pasado venres. Parabens

IMG_1633.jpg

Premios XI Concurso de Contos ASPAMITE

No recentemente celebrado XI Concurso de Contos de ASPAMITE resultou gañadora do primeiro premio a alumna do MGB Sandra Ferreiro, de 1º da ESO. Presentaron o acto Catarina Barcala e Samuel Torres. As imaxes do acto pódense ver neste álbum da nosa galería en Flickr.
SAM_1975_bis.jpg

Premio ASPAMITE

A alumna de 1º da ESO C, Sandra Ferreiro García, acada o 1º Premio de secundaria do Concurso de Contos da Asociación de Pais de persoas con discapacidade intelectual de Teo polo seu traballo "Unha amiga especial". Noraboa.

"Pedigree": terceiro premio do concurso "Filmar para cambiar"

A curta Pedigree do Taller de Creación Artística do noso centro acada o terceiro premio no Concurso "Filmar para cambiar". Ver diploma e enlaces a noticias publicadas no Faro de Vigo e na Voz de Galicia.

Premio Consumópolis-8

O DOG do mércores 22 de maio fai publica a relación de centros premiados na fase autonómica do Concurso Consumópolis 8: "Adéstrate ben para o consumo responsable", no que o traballo "En el deporte y en la vida, consumo responsable" do equipo de traballo los Batman do noso centro, coordinado pola profesora do Departamento de Tecnoloxía: Obdulia García Nimo, e composto polos alumn@s: Carlota Pereiras, Uxía Prado, Adrián Rey, Andy Torres e Miguel Valiño; acadou o 1º premio na categoría de 3º e 4º de ensino secundario.

Premio Consumópolis-8: Adéstrate ben para o consumo responsable

As felicitacións de toda a Comunidade Educativa. Noraboa

Premios ADEGA de relato e curtametraxe

A profesora do MGB Marisa Otero resultou gañadora do segundo premio na categoría de relato curto no II Certame de Relatos "O lugar onde vivo", e do primeiro premio en curtametraxes do I Certame de Curtametraxes "E ti que é o que ves", organizados pola asociación ADEGA en colaboración coa vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O acto de entrega de premios foi onte, día 7, no salón de actos da Deputación lucense, que recolle a noticia na súa web. O "Correo Galego" tamén menciona nas súas páxinas a entrega destes galardóns.

A curtametraxe gañadora leva por título "Cóntame cómo era" (2'31'')

webDSC_8109_(420x280).JPG

Pedigree: Premio a Acción Maxistral 2012

Diploma do "Premio a la Acción Magistral 2012" para o traballo Pedigree do Taller de Creación Artística.

Pedigree: 2º Premio do Festival de Cine de Ourense Ouff Escola

O traballo Pedigree do Taller de Creación Artística do MGB acada o 2º Premio outorgado polo Xurado profesional no Festival  Internacional de Cine de Ourense, Ouff Escola.

NORABOA

Podes velo Diploma aquí.

Tanto a páxina web da Consellería de Educación coma a prensa: Voz de Galicia e Faro de Vigo do mércores 7 de novembro publican artigos sobre este Premio.

pedigree.jpg

Premio Extraordinario de ESO ao Rendemento Académico 2011/2012

O vindeiro día 18 de outubro o alumno do centro, Pablo Sanmartín Andújar de 1º de Bacharelato, vaise presentar en Pontevedra as probas correspondentes ao Premio Extraordinario de ESO ao Rendemento Académico. Noraboa e moita sorte.

Distribuir contido