Premio para o profesor Carlos Loureiro

O profesor deste centro, Carlos Loureiro, recibiu no día de onte o Premio San Martiño 2013 concedido pola Asociación Cultural "O Brado", polo seu traballo en prol do fomento do galego na comarca de Tabeirós - Terra de Montes.

Dámoslle os parabéns en nome de toda a Comunidade Educativa do IES "Manuel García Barros".