Premiad@s no concurso "Serán das Letras"

A Asociación Cultural San Campio de S. Miguel de Sarandón (Vedra) convocou o concurso "Serán das Letras" no que varios membros da nosa comunidade educativa resultaron premiad@s:

- Na categoría 10-12 anos obtivo un premio compartido Hugo Iglesias González, de 1º ESO C, con "O mellor día da miña vida".

- Na de 13-17 anos resultou gañadora Ainhoa Vivel Couso de 4º ESO A con "Tan azul coma o mar só é o galego".

- Finalmente, na categoría de adultos, Marisa Otero con "Dicere".

Moitísimas felicidades a tod@s!