Visita de estudos do alumnado de 3º ESO a Sotavento, MUNCYT e Casa das Ciencias

O alumnado de 3º de ESO realizou o martes 3 de maio unha visita didáctica, organizada polo Departamento de Tecnoloxía, ao parque eólico experimental de Sotavento (situado no concello lucense de Xermade), no que puideron aprender dun xeito práctico e lúdico os fundamentos básicos das enerxías renovables e do aforro enerxético. Posteriormente desprazáronse á cidade da Coruña para visitar o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), onde realizaron unha actividade tipo xincana de descubrimento dos obxectos expostos nel. Finalmente acudiron á Casa das Ciencias para a realización das súas clásicas actividades autoguiadas de experimentación científica. Tedes unha reportaxe gráfica de todo o que fixeron na seguinte galería fotográfica:

Sotavento - Muncyt - Casa das Ciencias (3º ESO - 3 Maio 2022)