Orientación

Charla sobre a Selectividade para os alumnos de 2º de Bacharelato

XOVES 12 de ABRIL todos/as os/as alumnos/as de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 10:45 horas en Usos Múltiples (duración: 3ª e 4ª horas), sobre a realidade e normativa vixente da Selectividade que van realizar.

Para máis información sobre os contidos a tratar, premer en ler mais.

Charla de Augusto Otero sobre a Selectividade para 1º BAC

Logo da charla do 7 de xuño, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero, e dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato, sobre o curso de 2º e a súa relación coa Selectividade, adxuntamos ficheiro do contido da mesma, que pode ser consultado neste documento.

Contido da Charla sobre a Selectividade 2011

Logo da charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero (26 de abril) para o alumnado de 2º de Bacharelato, sobre a realidade e normativa vixente da Selectividade, adxuntamos ficheiro do contido da mesma, que pode ser consultado neste documento.

Charla sobre a selectividade

O vindeiro MARTES 26 de ABRIL todos/as os/as alumnos/as de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 16:30 horas en Usos Múltiples, sobre a realidade e normativa vixente da Selectividade que van realizar.

Para máis información sobre os contidos a tratar, premer en ler mais.

Charla Dep. Orientación sobre as novas PAU e títulos de grao

Logo da charla realizada polo Departamento de Orientación, concretamente polo profesor Augusto Otero, para nais e pais de alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de BAC sobre as novas PAU e os títulos de grao, adxuntamos ficheiro do contido da mesma, que pode ser consultado pinchando AQUÍ.

Reseña de prensa.

Contido da charla sobre a nova Selectividade

Nos documentos adxuntos seguintes poderás consultar o contido da charla, organizada e impartida polo Departamento de Orientación, sobre a realidade e normativa vixente do exame de Selectividade, hoxe día 27 de maio de 2010:

Charla sobre a nova Selectividade

O vindeiro xoves 27 de maio os/as alumnos/as de 2º Bacharelato poderán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Carmen Montero e Augusto Otero, ás 10:45 horas en usos múltiples, sobre a realidade e normativa vixente do novo exame de  Selectividade que van realizar.
Posteriormente a esta chala publicarase nesta web o contido da mesma para que poida ser consultada polo alumnado interesado.

Profesor de Audición e Linguaxe 2009/10

O 1 de agosto do 2009, a responsable do Departamento de Orientación (D O) ten constancia por medio da lista provisional de destinos de que o noso IES non se lle adxudica ningún profesional da especialidade A.L. (Audición e Linguaxe), aparecendo si un nombramiento similar para o IES nº 1.
Pensando que podía ser un erro e habendo tres días para reclamar, a Orientadora ponse en contacto co equipo directivo do centro para advertir da situación e que se reclamase ese nombramento, como así se fixo.
O 1 de setembro o comenzar o curso, tense constancia que non se vai momear a ninguén e haberá que compartir profesional co IES nº 1, mermando así as horas de atención o alumnado con necesidades específicas de atención nos trastornos de adquisición da linguaxe e fala, problemas de lectoescritura, etc.
Nunha visita o centro da inspectora Dna. Paz Lamela, mostrouse inflexible ante a petición de correxir esa decisión, polo cal plantexouselle o Claustro, que enviou un escrito de protesta o 21 solicitando unha rectificación; pola sua parte o D. O. enviou unh nota a prensa publicada o 19 -9- 09, nota contestada o 22 pola Consellería e outra da inspección manténdose na postura inicial.
O 26 de este mismo mes o ANPA manifesta por medio de un artigo a prensa (Faro de Vigo Tabeirós/Montes) o seu apoio a petición do Garcia Barros, e amplía a petición de especialistas para os demais IES da localidade.

Presentación da conferencia sobre o "Plan Bolonia"

Esta foi a presentación mostrada na conferencia celebrada o pasado 28 de maio, co título "O proceso de Bolonia: un cambio estructural", elaborada por Celso Rodríguez Fernández, da Universidade de Santiago de Compostela.

Charla sobre a Selectividade

Nos documentos adxuntos seguintes poderás consultar o contido da charla, organizada e impartida polo Departamento de Orientación, sobre a realidade e normativa vixente do exame de Selectividade, o día 26 de maio de 2009:
  • Información sobre calendario, horario, códigos, cabeceiras e pegatinas (.odp) (.pdf)
  • Resumo da Orde do 28 de xaneiro de 2009 (.odp) (.pdf)

Charla aos pais/nais de 2º Bacharelato

O vindeiro xoves 28 de maio ás 19:00 horas, nos locais do centro, terá lugar unha reunión informativa sobre ciclos de grao superior e a continuación (ás 20:00 horas) unha conferencia da Universidade de Santiago de Compostela sobre graos, carreiras e Plan Bolonia en xeral para os pais/nais/titores legais dos alumnos/as de 2º Bacharelato.

Charla sobre a Selectividade

O vindeiro martes 26 de maio os/as alumnos/as de 2º Bacharelato poderán asistir a unha charla impartida por Carmen MonteroAugusto Otero, ás 9:35 horas, sobre a realidade do exame de  Selectividade que van realizar.

Charla da USC

O vindeiro mércores 18 de marzo  o Vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Sr. D. Máximo Pló Casasús, informará ao alumnado de 2º Bacharelato sobre o Plan Bolonia; estará acompañado do Coordinador do Programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC", Sr. D. Luis María Hervella Torrón que falará de Oferta Educativa.

Será  na aula de Usos Múltiples dende as 10:45  ata as 12:25 horas.

logousc.png

Programa Quérote

Hoxe xoves 26 de febreiro os /as alumnos/as de 2º e 4º ESO participan no centro de dúas sesións de información do Programa Quérote, programa promovido pola Dirección Xeral de Xuventude da Vicepresidencia da Xunta e xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Forum 09

O vindeiro xoves 12 de febreiro os alumnos de 1º Bacharelato visitarán o Forum 09 na Coruña. Sairán do centro ás 8:45 horas e voltarán ás 14:25 horas. Para máis información sobre o Forum preme aqui

Distribuir contido