Fin do camiño para 2 de ESO

A primeira excursión depois da COVID do alumnado de 2° da ESO do noso centro”, así definían eles mesmos a súa experiencia do Camiño de Santiago, dende o centro ata chegar ao albergue Fin do Camiño en Santiago, polo percorrido do Camiño da Geira e os Arrieiros que pasa polo Concello da Estrada. 

No albergue pasaron unha noite durmindo fóra da casa e despois participaron dunha interesante visita cultural ao Pórtico da Gloria e ás cubertas da Catedral de Santiago de Compostela, guiadas pola profe de Xeografía e Historia, Andrea.

Destacar a alta participación do alumnado, máis do 90% do grupo, formou parte en toda ou parte desta convivencia, que se valora como moi positiva por todos os implicados: alumnado, profesorado e familias. Xa están todas as imaxes no álbum!

Camiño Santiago 2022