Bioloxía e Xeoloxía

O alumnado de Ciencias Naturais de 1º ESO no Museo de Historia Natural da USC

O pasado 24 de maio o alumnado de 1º ESO de Ciencias Naturais, acompañados pola súa profesora Dolores Castro, desenvolveu parte do traballo de aula no Museo de Historia Natural da USC.

O noso apoio ao movemento FridaysForFuture na prensa

Onte, a iniciativa do alumnado de Bioloxía de 1º de bacharelato, realizamos no centro un acto simbólico de apoio ao movemento FridaysForFuture que recolle a prensa de hoxe. 

Faro de Vigo.

La Voz de Galicia.

Alumnado de Bioloxía do MGB no Unistem Day

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bacharelato asistiu hoxe á xornada Unistem Day celebrada da facultade de Medicina da USC. A actividade foi organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Presenza do noso centro na XIV Olimpiada de Bioloxía

O Faro de Vigo recollle a participación da alumna Nerea Neira, acompañada da profesora Irene Portas, na XIV Olimpiada de Bioloxía.

Exposición sobre Especies Invasoras

Do 8 ao 19 de outubro teremos no noso centro a exposición "UNHA INVASIÓN SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA". Trátase dunha iniciativa da asociación ecoloxista ADEGA que nos presenta a realidade das especies invasoras de flora e fauna que existen en Galicia e a problemática asociada ás mesmas.

Máis información nesta ligazón.

Charla de Marcos Rodríguez Pantoja

Este mércores visitounos Marcos Rodríguez Pantoja (Entrelobos) e compartiu co noso alumnado a súa interesantísima experiencia vital de supervivencia e contacto coa natureza. 

Podedes ver algunhas fotos na nosa galería Flickr e a noticia na seguinte ligazón.

DSC_0030.jpg

Visita á Facultade de Bioloxía

O pasado martes 6 de marzo alumnado de 2º de Bacharelato, acompañado pola profesora Magaly Barreiro, visitou a Facultade de Bioloxía da USC. Agradecemos ao persoal deste centro a súa atención e dedicación en aras de achegar a ciencia ao alumnado de bacharelato do noso instituto.

visita USC_0.jpg

Visita a Meteogalicia

Hoxe venres 19 de xaneiro trece alumn@s de 2º de Bacharelato da asignatura de "Ciencias da Terra e do Medio Ambiente", acompañados pola súa profesora Loli Castro, visitaron as instalacións de Meteogalicia en Santiago. Moitas grazas pola atención recibida.

Máis información nesta ligazón.

Meteogalicia.png-large.png

Charla sobre a Antártida

Hoxe mércores 21 de xuño o alumnado de 1º de ESO asistíu a unha charla sobre a Antártida da profesora Magaly Barreiro Ponte.

Moitas grazas por compartir as túas experiencias viaxeiras con nós!

Deshielo-punto-de-no-retorno-Antartida-5.jpg

Volvendo a casa II

Alumnado de 1º de Bacharelato, coordinado pola profesora Magaly Barreiro Ponte, acaba de elaborar a segunda parte do vídeo sobre a etioloxía do salmón e a súa relación co medio. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do programa "ATLANTIC SALMON CONSERVATION SCHOOLS NETWORK", baixo o amparo do programa Erasmus+ da Unión Europea.

Salmón.png

Visita ao Museo de Historia Natural

O pasado xoves 4 de maio o alumnado de 1º de ESO viaxou a Santiago a visitar o Museo de Historia Natural da USC. Realizaron distintas actividades no propio museo e aprenderon sobre as árbores do xardín que o rodea. Estiveron acompañados pol@s profesor@s Dolores Catro, Marisa Otero e Ramón Aller.

MHN2_0.JPG

Alumn@s de Xeoloxía en Santiago

O pasado martes 4 de abril o noso alumnado de Xeoloxía de 2º de Bacharelato viaxou a Santiago, acompañado pola profesora Magaly Barreiro Ponte, para realizar dúas actividades: un paseo petrolóxico pola cidade e unha visita á Facultade de Bioloxía da USC. Nesta última, tiveron ocasión de coñecer a biblioteca e tres dos seus laboratorios: Xeoloxía e Edafoloxía, Bioloxía Funcional e Microbioloxía e Parasitoloxía, onde tiveron unha pequena toma de contacto coa investigación.

Bioloxía3_1.jpg

Alumnado do MGB no "Unistem Day"

O pasado venres 17 de marzo corenta e cinco alumn@s de Bacharelato da materia de Bioloxía participaron no "Unistem Day" (evento europeo sobre células nai) na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Estiveron acompañad@s polas profesoras Loly Castro, Magaly Barreiro e Mercedes Martínez.

Máis información nesta ligazón.

medicina-hoxe.jpg

Visita á piscifactoría de Carballedo

O pasado luns 9 de xaneiro alumnado de 1º de Bacharelato visitou a piscifactoría de Carballedo, no concello de Cotobade. Foi unha actividade organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía, enmarcada dentro do programa "ATLANTIC SALMON CONSERVATION SCHOOLS NETWORK", baixo o amparo do programa Erasmus + da Unión Europea.

Estiveron acompañad@s polas profesoras Magaly Barreiro e Beatriz Mera.

unnamed.jpg
Distribuir contido