Xa podemos compostar os nosos residuos orgánicos no Instituto

Hoxe 18 de xaneiro, por fin chegou o noso composteiro!! A partir de agora xa podemos recoller e compostar os residuos orgánicos da cafetería e das merendas. O composteiro tróuxonolo Manolo Dominguez, biólogo e educador ambiental do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, Explicounos como reducir os nosos residuos e a importancia da separación selectiva. En canto á compostaxe explicounos que vai e que non vai ao composteiro e como coidalo. A partir de agora o alumnado de primeiro da ESO serán os encargados/as de xestionar o composteiro.

Fotos da charla e instalación do composteiro.