Día contra a Violencia de Xénero:
Enviado por Coordinación TIC o 25 Novembro, 2021 - 11:54Hoxe, para conmemorar o Día contra a violencia de xénero, o Equipo de Normalización ten preparadas as seguintes actividades:
- Mesas nos recreos para pintar as unllas de violeta.
- Performances dirixidas pola profesora Norma coas alumnas de segundo de ESO no patio cuberto.
- Tarxetas para colocar nun lugar visible.
- Unha montaxe cunha simboloxía relacionada coa violencia nas relacións da nosa xuventude no pasillo da planta baixa, cunha tríade que se repite ao longo da parede, formada por 3 elementos que teñen inscrita unha palabra dentro:
- a bolboreta leva dentro respecto porque a bolboreta é un insecto delicado ao que hai que coidar como hai que coidar que una relación se basee no respecto entre ámbolos dous membros da parella
- o paxaro leva inserta a palabra liberdade, non é posible vivir nunha relación na que non haxa liberdade para ser ti mesmo ou ti mesma (o paxaro é, tradicionalmete, símbolo da liberdade)
- o corazón leva a palabra amor e está en último lugar porque non poder haber un amor sano sen respecto e liberdade
Por outra parte o alumnado de Música de 2º de BAC, coordinado por María Varela, ten preparada unha actividade (lectura de textos, cancións...) en Usos Múltiples a 5ª (2ESOA e 1BACB) e 6ª hora (2ESOA, 2ESOC)
Excursión a "Aquis Querquennis" (Bande - Ourense)
Enviado por Coordinación TIC o 25 Novembro, 2021 - 09:07Onte, mércores 24 de novembro, o alumnado de Cultura Clásica e Latín de 3ESO, 4ESO e 1BAC, realizou unha visita ao xacemento romano de "Aquis Querquennis", en Baños de Bande, Ourense.
Despois de percorrer un tramo duns 5 kilómetros polo antigo trazado da VIA NOVA ou Vía XVIII, e tras visitar unha fermosa fervenza nas marxes da mesma, o grupo asistitu a unha proxección audivisual no Centro de Visitantes, para logo percorrer o xacemento do antigo campamento militar romano. A xornada rematou cun baño nas thermae do recinto. A actividade foi organizada polo Departamento de Latín e Grego.
Más fotos neste álbum de Flickr!
Mes da ciencia en galego na MeGaBiblio
Enviado por Coordinación TIC o 18 Novembro, 2021 - 11:27Este mes de novembro celebramos o mes da ciencia en galego cunha selecta de libros da nosa MeGaBiblio, comentaos e agrupados por materias:
- Xeral, Ecoloxía-Ciencias da Terra, Matemáticas, Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía, Astronomía e Tecnoloxía-Informática.
Podes vela nesta presentación de Genially!
Eleccións ao Consello Escolar: candidaturas e composición das mesas electorais
Enviado por admin o 17 Novembro, 2021 - 18:53Reunida a xunta electoral no día de hoxe, e recollidas as candidaturas presentadas en tempo e forma, publicamos as candidaturas presentadas e a composicións das mesas electorais escollidas por sorteo.
Distribución de máscaras entre o alumnado da ESO
Enviado por admin o 15 Novembro, 2021 - 21:47A Consellería publicou a Orde pola que se regula o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado da ESO no curso 2021-2022 (código de procedemento ED330E).
O prazo de solicitude será do 15 ao 26 de novembro de 2021 (ambos inclusive).
- Non ten que presentar solicitude e terá dereito ao reparto de máscaras todo o alumnado beneficiario do Vale de Axuda de Material Escolar no presente curso.
- Poderá presentar a solicitude o alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias pero:
- Pertence a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (A renda que se ten en conta é a do ano 2019).
- Alumnado matriculado en Educación Especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%.
A solicitude deberá presentarse na secretaría do centro mediante os Anexos I e II da convocatoria xunto coa copia do libro de familia onde figure o alumno e o resto de membros da familia. No caso de separación ou divorcio deberá achegar copia da sentencia.
Visita de 1º ESO a Campo Lameiro
Enviado por Coordinación TIC o 12 Novembro, 2021 - 12:59O pasado mércores 10 de novembro o alumnado de 1º ESO, acompañado por tres profesoras, visitou o Parque Arquelóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.
Podedes ver máis fotos neste álbum de Flickr!
Carreira de campo a través do XOGADE.
Enviado por Coordinación TIC o 12 Novembro, 2021 - 12:45O alumnado de 1° e 2º da ESO do noso centro participou na carreira de campo a través do programa XOGADE, dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva promovido polo departamento de Educación Física.
Destacar o esforzo dos nenos e nenas participantes nunha mañá con frío e néboa nas instalacións da zona deportiva da Estrada, nun percorrido de 1300 metros con bastante dificultade.
Parabéns ao alumnado pola gran participación e implicación na actividade!
Neste álbum de Flickr podedes ver máis fotos.
Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar
Enviado por Coordinación TIC o 8 Novembro, 2021 - 11:00Nas ligazóns seguintes podedes consultar as convocatorias de eleccións ao Consello Escolar para alumnado, familias e profesorado:
- Convocatoria ConselloEscolar Familias
- Concocatoria Consello Escolar alumnado
- Convocatoria DOG 27 de setembro (normativa)
Para calquera consulta ao respecto podedes escribir ao enderezo direccion@iesgarciabarros.org
Saída cultural á Ribeira Sacra
Enviado por Coordinación TIC o 3 Novembro, 2021 - 10:41O pasado xoves 29 de outubro, tivo lugar unha saída cultural á Ribeira Sacra cos alumnos de 2BAC, visitando os Peares, a igrexa de San Pedro de Rocas (Esgos) e a súa contorna (Fonte de San Bieito), e o embarcadoiro de Santo Estevo de Nogueira de Ramuín, onde se realizaou un paseo en catamarán polos Canóns do Sil.
Tras a comida foi o turno do mosterio de Santo Estevo, visitando o seu claustro para, a continuación, poñer rumbo a Celanova onde tivo lugar unha excepcional exposición e interpretación do seu afamado órgano (ver vídeo!). A visita continuou coa nosa xoia mozárabe, San Miguel de Celanova, rematando a xornada coa visita e baño no campamento de Aquis Querquennis en Bande.
A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia, en colaboración coas profesoras dos Departamentos de Música e Lingua Galega (Esther Sánchez, Beatriz Mera, María Varela e Teresa Filloy).
Máis fotos neste álbum de Flickr!
Festivos concedidos ao centro
Enviado por Coordinación TIC o 2 Novembro, 2021 - 14:04Xefatura territorial vén de autorizar como festivos do centro os seguintes días:
- martes, 7 de decembro
- luns, 16 de maio
Premio para a nosa antiga alumna Belén Troitiño
Enviado por Vicedirec. o 31 Outubro, 2021 - 11:02Parabéns para Belén Troitiño que vén de gañar o Premio Extraordinario das ensinanzas artísticas profesionais na modalidade de Música da Xunta de Galicia.
É a primeira vez que un alumno do Conservatorio da Estrada acada esta distinción. A clarinetista fala da súa traxectoria profesional neste artigo do Faro de Vigo.
Ben merecido pola súa dedicación e traballo!
Promoción de actividades deportivas extraescolares con Marcos Otero
Enviado por Coordinación TIC o 29 Outubro, 2021 - 10:46O xoves 28 de outubro o alumnado de 1º de bacharelato, dentro da clase de educación física, contou coa visita do adestrador do Clube Atletismo A Estrada, Marcos Otero.
Esta actividade enmarcase dentro das propostas do departamento de EF para a promoción da actividade física saudable no noso alumnado, a colaboración dos clubes e entidades deportivas do Concello co Reto Activo MGB e unha das iniciativas dos Plan Proxecta e o CPInova que se desenvolven este curso no noso centro. Estes proxecto de innovación educativa pretenden promocionar estilos de vida activos e saludables no alumnado, dando a coñecendo as múltiples posibilidades de práctica de actividades físicas e deportivas na súa contorna, coa idea de que todo movemento suma saúde.
A actividade resultou moi positiva, grazas á experiencia de Marcos, que presentou a práctica do atletismo coma unha alternativa de ocio activo e saudable, tentando deixar a un lado os prexuizos que poida ter o alumnado sobre a necesidade de "ser bo" para practicar deporte nos clubes deportivos.
Dende o departamento de educación física gustaríanos felicitar a Marcos polo seu traballo e agradecer a súa colaboración co centro na promoción da actividade física e a saúde.
Máis fotos neste album de Flickr
Os diplomas dos axudantes da Biblio na Prensa
Enviado por BiblioMGB o 25 Outubro, 2021 - 11:44Así recolle a prensa o acto de entrega de diplomas do pasado xoves:
- Noticia de entrega dos diplomas no Faro de Vigo
- Noticia na Voz de Galicia
- Na páxina da Xunta de Galicia
Entrega de diplomas aos axudantes da MeGaBiblio
Enviado por BiblioMGB o 20 Outubro, 2021 - 20:35Para celebrar o Día da Biblioteca Escolar (24 de outubro), o xoves 21 de outubro (ás 10,00 da mañán) Valentín García Gómez (Secretario Xeral de Política Lingüística) entregará aos rapaces que colaboraron como axudantes da biblioteca escolar nos cursos 2020-2021 e 2019-2020 os diplomas que acreditan a súa participación no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias", da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Consellería de educación) coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social.
Aqueles axudantes que están a cursar estudos universitarios serán convocados próximamente.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
