Devolución de libros prestados da Biblioteca. Préstamos de verán.

BIBLIOFINDES.png

Como todos os anos, precisamos que todos os libros estean devoltos entre o 27 de maio e o 3 de xuño. Nestas semanas revisaremos todos os fondos para que os libros (tamén películas, cedés, cómics...) poidan marchar de vacacións con todos vós, polo que non se poderán facer préstamos ata 15 de xuño.

Proxección de traballos de aula na MeGaBiblio

Este venres 31, no 2º recreo, disfrutaremos das recomendacións de lectura dos alumnos de Sonia Iglesias.

O vindeiro mércores 5 de xuño, no 2º recreo, proxectaranse os traballos de Literatura Universal baixo a coordinación de Soraya Suárez

Campionato de "Fraguas" e proxección de traballos na MeGaBiblio!

  • Mañá, xoves 23 de maio no 1º recreo, final do campionato de Fraguas. Aínda estás a tempo de gañar. Ao final do recreo entregaránse os tres premios.
  • Tamén o xoves 23, no 2º recreo proxectaremos os traballos realizados polos alumnos dirixidos por Sonia Iglesias.
  • O venres 24 veremos os vídeos feitos polo alumnado de Literatura Universal baixo a coordinación de Soraya Suárez.

A próxima semana teremos outro pase tamén xoves e venres. Aínda que haxa sol, podes entrar a disfrutar das propostas dos compañeiros.

Fondo Libros e Axudas Material Escolar curso 2019-2020

O pasado 3 de maio a Consellería convocou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado da ESO.

Consultar a carta informativa enviada ás familias e o resumo coas datas importantes.

Máis información no apartado Familias -> Libros de texto

"Campionato Fraguas", do luns 20 ao mércores 22 nos 2º recreos

Seguimos coas actividades do Día das Letras Galegas!!! Apúntate no primeiro recreo do luns ou proba a ver se es un dos 6 primeiros en achegarte a xogar. Temos un taboleiro, 6 fichas, unhas preguntiñas e uns premios do teu gusto.

Haberá tres premios (1º, 2º e 3º ). Anímate!!!

Letras galegas 2019: Antonio Fraguas no MUPEGA e agradecemento ao noso centro

O Museo Pedagóxico de Galicia festexa o día das Letras Galegas homenaxeando a Antonio Fraguas cun roteiro polo museo a través dunha serie de pezas prodecentes dos centros educativos nos que estudiou ou traballou como profesor. 

Dende o seu Facebook agradece ao Instituto Manuel García Barros da Estrada a cesión de varias pezas para esta ocasión.

Campaña de distribución de froita fresca

campaña-froita2.thumbnail.png

Durante as dúas próximas semanas, do 20 ao 31 de maio, se repartirár froita fresca de tempada, durante o 1º recreo, ao alumnado da ESO.

Esta iniciativa forma parte da campaña de distribución de froita fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.

Premios extrardinarios de Bacharelato do curso 2018/19

O alumnado que teña unha nota media no bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos  poderá concurrir as probas para acadar un dos 20 premios extraodinarios de bacharelato convocados pola Consellería de Educación e cunha dotación de 1000 Euros cada un.

O prazo para matricularse nestes premios finalizará o 28 de maio de 2019.

A matrícula (non se pode facer no centro) farase preferentemente de forma electrónica ou en papel nun rexistro público oficial.

O enlace que figura ao final desta nova da acceso a publicación no DOG da convocatoria.

ORDE do 28 de marzo de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19.

Reclamacións ás cualificacións para o alumnado de 2º de bacharelato

O alumnado de 2º de Bacharelato poderá reclamar, de xeito fundamentado, as cualificacións obtidas tanto na convocatoria ordinaria (maio) como extraordinaria (xuño). Para o caso da convocatoria extraordinaria, as datas oficiais de reclamación no centro non poden cumprirse polos festivos locais (26 e 27 de xuño). Inspección Educativa autorizou novas datas, os días 25 e 28 de xuño. O alumnado levará cos boletíns de notas unha circular explicativa, que tamén podedes consultar aquí.

Circular explicativa.

Normativa xeral.

Actividades "Día das letras galegas", xoves 16 na MeGaBiblio

2019-_-letras-galegas-768x1010.jpg

O equipo de Dinamización e Normalización Lingüística e a Biblioteca organizan conxuntamente dúas actividades para celebrar o Día das Letras galegas, adicado este ano a Antón Fraguas Fraguas, mestre no instituto de A Estrada de 1933 a 1936 e fundador da biblioteca do centro.

O xoves 16 de maio teremos dúas actividades: Xosé Carlos Garrido dará unha charla co título de "Fraguas na Estrada republicana", de 12.45 a 14.25 en Usos Múltiples, para o alumnado de 1º de Bacharelato e teremos un xogo de preguntas na biblioteca no 2º recreo.

Traballos de lingua castelá no 2º recreo na MeGaBiblio

Hoxe venres 10, no segundo recreo, haberá unha proxección na MeGaBiBlio de traballos realizados nas aulas de Lingua Castelá baixo a dirección de Sonia Iglesias.

Clube de lectura, xantar o martes 7 de maio

descarga (1).jpeg

Mañá martes 7 de maio, os membros do clube de lectura xantaremos xuntos para charlar sobre estes libros:

  • Grupo Autoestradas: Cabalos e lobos
  • Grupo Corredoiras: Escarlatina a cociñeira defunta.

Os ex-alumnos Ana Carbón e Miguel Sanluis acadan sendas medallas de prata no España Sub-19 de Bádminton

Parabéns no nome de toda a comunidade educativa.

Faro de Vigo.

Exposición "Científicos Galegos 2008-2018"

IMG_20190430_143053_024.jpg

Ata o vindeiro luns 6 de maio estarán expostos no hall do primeiro andar do centros os carteis da exposición "Científicos Galegos 2008-2018", cedidos ata esa data pola Real Academia Galega de Ciencias. Nela poderemos aprender sobre a vida e obra de sobranceiros científicos galegos que dende o ano 2008 ata o 2018 foron homenaxeados con motivo do Día da Ciencia en Galicia. Informarvos tamén que o Científico Galego 2019 corresponde á figura do químico Tomás Batuecas.

Éxito do alumnado do IES MGB na V competición de robots da UVigo: 1º e 3º postos!

ganhadores_v_competicion_robots_uvigo2.jpg

O pasado venres 26 de abril varios equipos formados por alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato que cursan Tecnoloxía Industrial I conseguiron un éxito sen precedentes na V competición de robots da Universidade de Vigo: dos 6 equipos que polo noso centro se inscribiron á competición, 5 deles chegaron á final acadando dous deles o 1º e o 3º posto! Cómpre engadir que a esta competición acudiron máis de 150 equipos de institutos de toda Galicia, polo que os seus profesores e resto da comunidade educativa non podemos estar máis orgullosos dos nosos alumnos, independentemente de que acadaran ou non o podio, dado que todos eles amosaron unha gran capacidade de traballo en equipo e de entrega por acadar este gran éxito para o centro.

Parabéns e bravo por eles!!

Notas de prensa:

Distribuir contido