Alumn@s do MGB na Masterclass Europea de Física de Partículas
Enviado por Vicedirec. o 25 Febreiro, 2024 - 22:34
Os alumnos de 2º Bacharelato-A do noso centro: Alejandro Cobas Correa, Fernando Sanmartín Sangiao, Pablo Brey Arca e Xulián Brey Couto participarán o venres 1 de marzo na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas Mans”), organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. É unha xornada na que profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, tentarán achegar o mundo das partículas elementais a estudantes de último curso de Bacharelato
Os detalles da xornada poden consultarse na seguinte ligazón do IGFAE.