Día das escritoras
Enviado por admin o 19 Outubro, 2023 - 11:31O alumnado do ámbito lingüístico de 3º PDC celebrou o 16 de outubro, Día das Escritoras, lendo textos recomendados desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares e elaborando carteis alusivos a alguhas das escritoras. Animámosvos a ler eses ou outros escritos de autoras e a ver as fotos do noso traballo.
![]() |
![]() |
Máis imaxes na galería Flick.
Probas para acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado nos niveis B1, B2 e C1
Enviado por admin o 5 Outubro, 2023 - 13:05A Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional e Universidades convoca, a través da Resolución do 29 de setembro de 2023 publicada no seu portal, a xestión das probas de nivel lingüístico para o alumnado. Destinado ao alumnado matriculado en Bacharelato e 4º de ESO no curso 2023-2024, que poderá acreditar a competencia en lingua estranxeira non niveis B1, B2 e C1.
O IES Manuel García Barros solicitará participar nesta convocatoria, para o que é necesario determinar o alumnado interesado, que debe entregar no centro, antes do día 27 de outubro de 2023, o compromiso individual asinado pola familia que pode descargar nesta ligazón.
HORA DE LER, iniciamos un novo curso
Enviado por admin o 2 Outubro, 2023 - 12:30Nesta primeira semana de Outubro comeza Hora de Ler. Nas aulas da ESO, alumnado e profesorado disfrutarán dos primeiros vinte minutos de lectura silenciosa. Podes ler o que traias da casa ou escoller da caixa que tes na túa aula.
Recorda que a próxima semana terás outros 20 minutos. Consulta o calendario, porque sempre cambia.
REUNIÓN-PRESENTACIÓN DAS FAMILIAS CO PROFESORADO TITOR E CO EQUIPO DIRECTIVO
Enviado por XefeEstudos o 21 Septembro, 2023 - 18:36A reunión-presentación das familias co profesorado titor e co equipo directivo do IES M. García Barros para o curso 23/24 realizarase o mércores 27 de setembro coa seguinte distribución horaria:
HORA | NIVEL | LUGAR DE ENCONTRO |
16:30 h | 1º ESO |
Sala de Usos Múltiples e, despois, co profesorado titor de cada grupo na súa aula de referencia. |
17:00 h | 2º ESO | |
17:30 h | 3º ESO | |
18:00 h | 4º ESO | |
18:30 h | 1º BAC | |
Libros de Texto - Curso 2023/2024
Enviado por admin o 5 Xullo, 2023 - 18:06Na seguinte ligazón poden consultar as listaxes dos libros de texto para o vindiero curso 2023-2024.
IMPORTANTE: Aquelas familias que non sexan beneficiarias do Fondo Libro ou do préstamo da ANPA recomendamos que agarden aos primeiros días de clase, ata coñecer ao profesorado que impartará as materias - que lles indicarán que se empregarán ou non libro -, para mercalos.
Mural "grafiteado" no noso instituto.
Enviado por XefeEstudos o 23 Xuño, 2023 - 10:45Os alumnos Manuel Míguez Sangiao e Luca Nehuén Barreiro Infanzón deseñaron e pintaron, en colaboración co departamento de Educación Plástica e Visual, un mural no muro interior do IES para poñer en valor a figura de Don Manuel García Barros. O noso agradecemento polo fantástico traballo realizado, conseguindo así realzar a figura do gran escritor que da nome ao noso centro.
Quen puidera namoralas!
Enviado por XefeEstudos o 23 Xuño, 2023 - 09:16Emotiva despedida ás profesoras Teresa Filloy e Marisa Otero. Alumnos e profesores do IES García Barros homenaxearon o pasado mércores 21 de xuño a estas dúas profesoras, agradecendo a súa dedicación e o seu exemplo ó longo destas décadas. O centro deséxalles un moi bo xubileo recordándolles que sempre serán benvidas nesta súa casa.
Devolución libros ANPA - Bacharelato
Enviado por admin o 20 Xuño, 2023 - 22:59O alumnnado beneficiario do préstamos de libros da ANPA o curso 2022-2023, agás aquel que se presente á convocatoria de xullo das ABAU, debe devolver todos os libros.
Para a recollida dos exemplares estarán no centro representantes da ANPA o día 3 de xullo.
Recordamos que a devolución dos libros é un requisito para poder beneficiarse do préstamo o vindeiro curso.
Saca os libros de vacacións!!
Enviado por XefeEstudos o 19 Xuño, 2023 - 18:59Saca os libros de vacacións!!! |
Podes levar ata 3 libros da MeGaBiblioteca e devolvelos en setembro. |
Estaremos ata o día 30!!! |
Achégate ou contacta connosco en megabiblioteca@ |
PD: Lembra devolver os exemplares que tes agora en préstamo. |
Devolución libros Fondos Solidario da ESO
Enviado por admin o 14 Xuño, 2023 - 12:33Todo o alumnado beneficiario do Fondo Solidario de Libros o curso 2022-2023 debe devolver todos os libros que teñen en préstamo antes do 23 de xuño de 2023.
LUGAR: Laboratorio de Química (situado na primeira pranta en fronte á aula de 2º ESO A)
DATAS E HORARIOS: Días 22 e 23 de xuño de 10:30h a 13:00h.
Recordamos que a devolución destes libros é un requisito para poder ser beneficiario do Fondo Solidario o próximo curso.
Festa das Palabras, xuño do 2023
Enviado por XefeEstudos o 7 Xuño, 2023 - 23:01O martes, 6 de xuño, celebrouse noTeatro Principal da Estrada a X edición da Festa das Palabras. Neste acto, o alumnado gañador do Concurso de Micropoemas e Microrrelatos recibiu os exemplares que recompilan os seus textos. Exerceu de madriña a escritora Charo Goldar, que puxo en valor os traballos dos rapaces e rapazas e fixo fincapé na importancia de empregar a nosa lingua para "crear unha obra única”.
Presentación dos resultados do Estudo do Consumo Bebidas azucaradas, estimulantes e enerxéticas nos CEIPs do Foxo e Pérez Viondi.
Enviado por XefeEstudos o 5 Xuño, 2023 - 10:16Unha medallista entre o noso alumnado de 1º de bacharelato
Enviado por XefeEstudos o 1 Xuño, 2023 - 10:19O noso centro congratúlase de ter unha alumna medallista no Campeonato de Galicia Sub-18. Noraboa a todas pola notable participación e felicitacións á nosa alumna medallista.
Clip musical do alumnado de artes escénicas de 4ºESO
Enviado por XefeEstudos o 31 Maio, 2023 - 19:46OBRADOIRO RCP con alumnado de 1ºESO
Enviado por XefeEstudos o 27 Maio, 2023 - 00:33O Venres 26 de maio o alumnado de 1ºESO acudíu ao recinto feiral durante dúas horas da mañá para participar nun obradoiro RCP, organizado polo concello da Estrada, o centro de saúde, emerxencias a Estrada e en colaboración co 061. Trátase dunha actividade que se enmarca dentro dunha intervención comunitaria que forma parte do plan local de saúde.
O noso agradecemento ao persoal sanitario e de emerxencias que adicou este tempo a mostrarlle de forma práctica ao alumnado a importancia de coñecer estas técnicas de reanimación, moi necesarias ante situacións que poden xurdir en calquera momento da nosa vida cotiá.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
