25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Enviado por XefeEstudios o 25 Novembro, 2022 - 08:25Dende a MegaBiblioteca, no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres propoñemos un concurso sobre datas e feitos que invitan a reflexionar sobre a nosa sociedade e saber de onde vimos para entender o presente e mellorar o noso futuro.
Só tes trece preguntas que investigar nas que non hai máis resposta ca un número. Enche o formulario e mándao ata o 30 de novembro. As tres primeiras persoas que acerten recibirán un agasallo.
Navegamos polo universo da man de Íñigo Quadra-Salcedo
Enviado por XefeEstudios o 16 Novembro, 2022 - 11:58 Grazas a un planetario portátil, que enchía o ximnasio, o noso alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO disfrutou dun paseo polo universo aprendendo como se moven as estrelas de forma aparente, e os planetas, observando as fases da Lúa e coñecendo a nunca vista cara oculta do noso satélite.
Grazas, Íñigo, polas túas explicacións nesta Semana da Ciencia.
"Grecia e Roma nas túas mans", galería das actividades.
Enviado por XefeEstudios o 15 Novembro, 2022 - 22:30Xa están dispoñibles as imaxes das xornadas do proxecto de Intercambio de Centros "Grecia e Roma nas túas mans".
Novembro, mes da ciencia en galego!
Enviado por XefeEstudios o 14 Novembro, 2022 - 20:05
Magosto 2022
Enviado por XefeEstudios o 13 Novembro, 2022 - 17:01Despois de dous duros anos nos que se afrontou o reto da pandemia, no día de hoxe, Venres 11 de Novembro do 2022, tivo lugar a celebración do “Magosto”. Contamos con música tradicional, xogos populares (para o alumnado da ESO a 3ª e 4ª horas) e degustación de castañas asadas entre as 12:45 e as 14:15 horas. O tempo acompañou e foi unha xornada que retoma as nosas costumes tradicionais. Nos próximos días colgaremos un álbum de fotos da xornada.
Visita Á Coruña co alumnado de 1º Bach
Enviado por XefeEstudios o 13 Novembro, 2022 - 16:53“Grecia e Roma nas túas mans” agora tamén na prensa...
Enviado por XefeEstudios o 4 Novembro, 2022 - 22:18A prensa local faise eco das actividades realizadas no proxecto de agrupación de centros “Grecia e Roma nas túas mans”. Podedes ler a nova no Faro de Vigo.
Saída a Vigo con 4ºESO
Enviado por XefeEstudios o 4 Novembro, 2022 - 22:11- Pola mañá, as visitas à zona portuaria e ó Museo do Mar, o percorrido polo Castro e o xantar en Samil ao mediodía.
- Pola tarde, a asistencia à clase do Ballet de Kiev, às actividades interactivas do Museo de Ciencias na sede de Afundación e o remate co espectáculo no antigo García Barbón de O lago dos cisnes.
Grecia e Roma nas túas mans. Temos convidados!
Enviado por XefeEstudios o 27 Outubro, 2022 - 19:1212:30 > recepción no salón de actos. Presentacións a cargo dos alumnos (Gallaecia romana, Valentia romana, Lusitania romana). Actuación de música tradicional galega (Grupo Abril)
13:35 > Obradoiro "Miles romanus" no patio cuberto.
14:30 > Prandium (comida de irmandade). Patio cuberto.
16:30 > Saída para Santiago onde os IES de Carlet e Mérida participarán nunha visita turística a Compostela.
Xoves 3 de novembro:
8:45 > Viaxe ao campamento de Aquis Querquennis (Bande, Ourense). Alumnos de CClásica 3ESO, e Latín de 4ESO e 1BAC.
Venres 4 de novembro:
8:45 > Viaxe á Coruña romana (Torre de Hércules e Castelo de Santo Antón). Alumnos de latín e grego de 4ESO, 1BAC e 2BAC

Excursión Oseira/Ourense/Trasalba o luns día 24 de outubro
Enviado por XefeEstudios o 25 Outubro, 2022 - 16:2024 de outubro, día das Bibliotecas.
Enviado por XefeEstudios o 24 Outubro, 2022 - 10:33Hoxe celebramos o Día da biblioteca escolar coa visita do escritor Xosé Luna Sanmartín, que compartirá con nós a xornada. No segundo recreo falaranos sobre a súa experiencia coa literatura e entregará os diplomas aos axudantes da biblioteca do curso pasado en presencia do alumnado de 1º de ESO.
Hora de ler, arrancando un novo curso
Enviado por XefeEstudios o 29 Septembro, 2022 - 07:17Nesta derradeira semana de Setembro comezou Hora de Ler. Nas aulas da ESO, alumnos e profesores disfrutarán dos primeiros vinte minutos de lectura silenciosa. Podes ler o que traias da casa ou escoller da caixa que tes na túa aula.
Recorda que a próxima semana terás outros 20 minutos. Consulta o calendario, porque sempre cambia.
Reunións d@s titor@s e equipo directivo coas familias da ESO
Enviado por XefeEstudios o 16 Septembro, 2022 - 09:20Inicio do curso 2022-2023
Enviado por admin o 5 Septembro, 2022 - 10:18O xoves 8 de setembro comeza o novo curso escolar. As presentacións levaranse a cabo os días 8 e 9 co seguinte horario:
Xoves 8 de setembro |
Venres 9 de setembro |
|||
11:30h | 2º ESO | 10:00h | 1º Bac | |
12:00h | 3º ESO | 11:00h | 2º Bac | |
12:30h | 4º ESO | |||
17:30h | 1º ESO (*) |
- (*) As presentacións de 1º de ESO comezarán cunha pequena reunión do Equipo Directivo e os titores coas familias que poidan asistir, e continuará coa recepción do alumnado.
- O mercores 7 de setembro ás 9:30 informarase ás familias, a través do Abalar Móbil, dos grupos de alumnado. Para calquera cuestión sobre o tema poderán dirixirse á dirección ese mesmo día, entre ás 10:00h e as 13:00h.
Reparto de libros do Fondo Solidario para o alumnado da ESO
O reparto de libros do Fondo Solidario de Libros da ESO realizarase o día 9 de setembro nos seguintes horarios:
Curso | Venres, 9 de setembro |
4º ESO | 9:30h - 10:30h |
3º ESO | 10:30h - 11:30h |
2º ESO | 11:30h - 12:30h |
1º ESO | 12:30h - 13:30h |
O alumnado, dentro da franxa horaria asignada, deberá traer o documento coa adxudicación que se lle entregará durante as presentacións asinado polo seu pai, a súa nai ou titor legal, ir á conserxería onde lle farán unha copia do mesmo e lles indicarán a onde dirixirse.
Reparto de libros de ANPA para o alumnado de Bacharelato
O reparto de libros do fondo da ANPA para o alumnado de Bacharelato realizarase:
-
o próximo venres, 9 de setembro, en horario de 16:30h a 18:30, na Aula de Desdobre que está ao lado da Sala de Profesorado.
-
e durante os recreos do luns, 12 de setembro.
Recordamos que o alumnado deberá traer o documento que se lle entregará durante as presentacións asinado polo seu pai, a súa nai ou titor legal.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
