Visita ao Parlamento de Galicia
Enviado por admin o 24 Febreiro, 2020 - 22:32O pasado 19 de febreiro os alumnos de 1o Bacharelato e 4o ESO da materia de Economía acudiron ao Parlamento de Galicia. A visita iniciouse cunha explicación dos órganos, funcións e composición do Parlamento, a continuación detivémonos no Salón dos Reis, a biblioteca, Salón dos pasos perdidos e os patios interiores. Finalmente os alumnos protagonizaron un breve debate parlamentario no Hemiciclo.
A actividade foi organizada polo Dpto. de Economía e acompañaron aos alumnos as profesoras Raquel Carballo e Norma Pillado.
Visita a CONGALSA
Enviado por admin o 18 Febreiro, 2020 - 23:50O pasado 17 de febreiro, o alumnado de 2o bacharelato de Economía da empresa e FUAX visitaron a empresa CONGALSA S.L., situada no Polígono Industrial da Pobra do Caramiñal. É unha empresa adicada a elaboración de produtos conxelados. Conta na actualidade con 300 traballadores e exporta a Europa, Asia e África. A visita estruturouse da seguinte forma:
- Visionado dun video de presentación para coñecer a historia da empresa
- Charla - coloquio
- Percorrido polas parcelas que constitúen a Liña Natural, a de Precociñados e a de Masa. Nelas poidemos coñecer a Zona de Produción e Envasado.
- A continuación visitamos a Sala de Catas e os comedores.
- Finalmente os alumnos poideron degustar a súa variedade de produtos.
A actividade foi organizada polo departamento de Economía e acompañaron aos alumnos as profesoras Fina Brea e Raquel Carballo.
Que sabes da historia do colectivo LGTB+? Concurso na MeGaBiblio.
Enviado por BiblioMGB o 17 Febreiro, 2020 - 21:04O pasado venres 14 de febreiro comenzou o concurso "Que sabes da historia do colectivo LGTB+?", que remata o 24 de febreiro. Se queres participar terás que responder a un cuestionario dispoñible na MeGabiblioteca. Haberá premios!
Hora de ler, mércores 19 a 3ª hora
Enviado por BiblioMGB o 17 Febreiro, 2020 - 21:01O vindeiro mércores 19 a 3ª hora, 10:45 h., temos Hora de Ler. Nas aulas da ESO, alumnos e profesores disfrutarán dos primeiros vinte minutos de lectura silenciosa. Podes ler o que traias da casa ou escoller da caixa que tes na túa aula.
Recorda que a próxima semana terás outros 20 minutos. Consulta o calendario, porque sempre cambia.
Campaña de vacinación contra o meningococo ACWY
Enviado por admin o 17 Febreiro, 2020 - 11:21O vindeiro martes 18 de febreiro o Sergas virá ao centro para vacinar ao alumnado autorizado no marco da campaña de vacinación contra o meningococo ACWY. Trátase de alumnado nacido nos anos 2001, 2002 e 2003 (3ºA/B, 4º A/B/C e todo Bacharelato). Será en horario de 10:00 a 13:00 horas aproximadamente.
Odisea 2020 MGB
Enviado por BiblioMGB o 12 Febreiro, 2020 - 18:12Hoxe mércores, no 2º recreo, tivo lugar a entrega de premios do Concurso de Cultura Clásica Odisea. Na edición 2020 do concurso Odisea os resultados dentro do MGB foron os seguintes:
- 1º premio > RÓMULO E REMO: DIÉGUEZ REBOLO, PABLO; REY LLOBET, JOSÉ (2BAC)
- 2º premio > MENECMAS: CALVIÑO SILVA, SONIA; SANMARTÍN FIGUEIRA, NÚRIA; REY GAÑETE, LUCÍA (2BAC)
- 3º premio > KOINÉ: CARRACEDO FLORES, AINOA; MELLA MOSTEIRO, UXÍA (2BAC)
- Premio especial do xurado > ERYX WARRIORS: VIVEL COUSO, YANIRA; MÍGUEZ VIDAL, DANIEL (3ESO)
Equipos de alumnado axudante á convivencia
Enviado por admin o 6 Febreiro, 2020 - 11:32Neste trimestre comerará un proxecto de convivencia positiva en 1º e 2ºESO onde se busca dar máis protagonismo ao alumnado na mellora da convivencia no centro.
Consiste na formación dun “Equipo de alumnado axudante á convivencia” por aula.
Cada equipo, formado por 3 ou 4 persoas, axudará a que a relación entre o alumnado sexa máis positiva. Para poder desempeñar esta función formaráselles en temas como a escoita activa, a importancia das emocións na comunicación, a empatía, o valor da confidencialidade...
Os membros do equipo teñen que cumprir dúas condicións, primeiro ser escollido na aula polos seus propios compañeiros e compañeiras e pola titora de convivencia do seu nivel e segundo, acceder voluntariamente. Unha vez seleccionados terase unha reunión coas familias do “Alumnado axudante á convivencia” onde se dará máis información.
Campionatos de Brilé
Enviado por admin o 6 Febreiro, 2020 - 11:31Esta semana comezaron os campionatos de Brilé, que teñen lugar nos 2º's reccreos dos martes e dos xoves, e que serán dentro do xinmasio ata que o tempo permita facelo fóra de xeito habitual.
Vídeo contra a violencia de xénero
Enviado por admin o 5 Febreiro, 2020 - 17:37Campaña de vacinación fronte ao meningococo para os nados en 2001, 2002 e 2003
Enviado por admin o 29 Xaneiro, 2020 - 10:42O Sergas vén de pedir a colaboración do centro na súa campaña fronte ao meningococo para o alumnado nado nos anos 2001, 2002 e 2003. Non vindeiros días, os seus fillos e fillas levarán a casa unha circular informativa e un modelo de autorización. Temos ata o 6 de febreiro para recoller as autorizacións, e xa ao longo do mes de febreiro, especialistas do Sergas acudirán ao noso centro para proceder á vacinación do alumnado autorizado.
Viaxe á neve de 2º e 3º da ESO. Reunión coas familias.
Enviado por admin o 27 Xaneiro, 2020 - 13:10O mércores 5 de febreiro ás 19:00h, as profesoras de Educación Físicas terán unha reunión informativa coas familias do alumnado de 2º e 3º da ESO que participa na viaxe á neve.
Charla de Manel Loureiro no teatro principal
Enviado por BiblioMGB o 23 Xaneiro, 2020 - 17:57Mañá vernes 24 de xaneiro, Manel Loureiro, escritor de best sellers de terror, dará unha charla no teatro Principal da Estrada ás 21:00 horas, organizada polo festival de cine de terror da Estrada (PANIC). Haberá sinatura de exemplares.
Se queres acudir apúntate na MeGaBiblio!
Hora de ler, martes 28 a 8ª hora
Enviado por BiblioMGB o 23 Xaneiro, 2020 - 17:48O vindeiro martes 28 de xaneiro a 8ª hora, 17:20 h., temos Hora de Ler. Nas aulas da ESO, alumnos e profesores disfrutarán dos primeiros vinte minutos de lectura silenciosa. Podes ler o que traias da casa ou escoller da caixa que tes na túa aula.
Recorda que a próxima semana terás outros 20 minutos. Consulta o calendario, porque sempre cambia.
Reunión programa REFÓRZA-T
Enviado por admin o 16 Xaneiro, 2020 - 11:30O vindeiro martes, 21 de xaneiro de 2020, ás 18:15h, terá lugar unha reunión informativa sobre o inicio do Programa REFÓRZA-T no IES Manuel García Barros.
Á reunión están convocadas as familias do alumnado seleccionado para participar nesta iniciativa, como indica a nota informativa que se lle entregou aos rapaces e rapazas.
Éxito do MGB na IX San Silvestre Estradense
Enviado por admin o 15 Xaneiro, 2020 - 10:22O pasado 31 de decembro o alumnado matriculado na materia de libre configuración de 2º de Bacharelato "Actividades Físicas Recreativas", acompañado polo profesorado responsable do Proxecto Deportivo de centro, familiares e alumnado doutros cursos do IES MGB, participou na IX San Silvestre Estradense, unha carreira solidaria e lúdica.
Co lema "+EF no MGB", un total de 58 participantes acadaron o "trofeo ao grupo máis numeroso que participaba co mismo disfrace". Parabens aos participantes pola súa implicación e interese na promoción da necesidade de aumentar as horas lectivas de Educación Física na etapa de Educación Secundaria.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »
