Festival "París la Nuit"
Este venres 18 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal da Estrada, celebrarase o festival "Paris La Nuit", con motivo da excursión a París dos alumnos de 3º de ESO, organizada polo Departamento de Francés. O programa de actuación será o seguinte:
1.-As mozas do Ximnasio Absolute, que bailarán funky.
2.-A profesora Marisa Otero e o alumno de 3º ESO, Manuel García, interpretarán Smile de Charles Chaplin.
3.-As alumnas de 3º e 4º ESO : Laura Vidal, Alexia Dominguez, Jessica Valladares, Andrea González e Alba Rodríguez,bailarán un remix de funky e hip hop.
4.-O grupo de rock The Weak Force.
5.-Monólogo de Lara Pantoja.
6.-O grupo Vacalouras
7.-A cantante e pianista Paty Miller.
8.-O grupo Templanza
Ademais terá lugar o sorteo da cesta de Entroido e de distintos agasallos cedidos por tendas da Estrada. Non podes faltar!