Novas MeGaBiblio

Pasapalabra sobre Carlos Casares na MeGaBiblioteca

Mañá venres 19 de maio, no 2º recreo, teremos un concurso tipo "Pasapalabra" sobre Carlos Casares, o protagonista do día das letras galegas 2017.

Será na MeGaBiblio, e con premios!!!

Día do Libro 2017 (23 de abril) - "Leo pola cara"

Celebrarémolo na semana do luns 24 de abril ate o venres 28 de abril, e haberá actividades nos segundos recreos de toda a semana.

Cartel Día do libro 2017.png

Novo prazo para os concursos "Rosalía" e "Mulleres artistas"

Ampliado o prazo dos concursos "Rosalía" e "Mulleres artistas" ata o vindeiro venres 24 de marzo.

Participa, hai premios!

Mañá mércores: "Poesía necesaria como o pan de cada día"

Mañá mércores 15 de marzo no 2º recreo, teremos unha nova sesión de "Poesía necesaria como o pan de cada día".

Vén co teu poema e se o les en voz alta gañarás o pan.

Na MeGaBilio!

Hora de ler, mércores 15 a 5ª hora

Recordámovos que o mércores 15 de marzo a 5ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!

Neste doc pódese ver o calendario anual das horas de lectura.

Mércores 8 de marzo, día da muller traballadora

Con motivo da celebración este mércores 8 de marzo do día da muller traballadora, a MeGaBiblio propón 2 concursos de busca de información:

  • un sobre Rosalía de Castro,
  • e outro sobre Mulleres Artistas.

Mira a exposición dos corredores, colle os boletíns de participación que hai na mesa da Biblio e entrégaos antes do venres 17 de marzo.

Poesía necesaria como o pan de cada día

Mañá mércores 8 de marzo no 2º recreo, teremos unha nova sesión de "Poesía necesaria como o pan de cada día".

Vén co teu poema e se o les en voz alta gañarás o pan.

Na MeGaBilio!

Hora de ler, mércores 8 de marzo a 4ª hora

Recordámovos que o mércores 8 de marzo a 4ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!

Neste doc pódese ver o calendario anual das horas de lectura.

Entrega de premios "Lector de mes" e premio "Castelao e A Estrada"


O venres 17 de febreiro, no 2º recreo, recibirán os premios "lector do mes" María González Blanco, Guaire Fernández Amil, Paula Darriba Botana e Ainhoa Vivel Couso.

Ademais premiaremos a Alberto López Constenla, gañador do concurso "Castelao e A Estrada".

Agardámosvos na MeGaBiblio!

Hoxe luns, hora de ler a 6ª hora

Recordámovos que o luns 21 de novembro a 6ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!

Neste doc pódese ver o calendario anual das horas de lectura.

Hoxe luns, hora de ler a 4ª hora

Recordámovos que o luns 7 de novembro a 4ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!

Neste doc pódese ver o calendario anual das horas de lectura.

Luns, 24 de outubro, Día da Biblioteca

O luns 24 de outubro é o día da biblioteca. Celebrarémolo no 2º recreo coa entrega dos diplomas que remitiu a Xunta de Galicia para os axudantes do curso pasado, diplomas que serán entregados pola directora do centro.

Servirase un chupito de chocolate en homenaxe a Roalh Dalh, autor lido polos nosos alumnos en varias linguas, xa que o 13 de setembro cumpríronse 100 anos do seu nacemento.

Se premes nesta ligazón poderás ler o texto do pregón escrito pola gañadora do premio nacional 2015 Ledicia Costas.

** Roald Dahl, nado en Llandaff, Cardiff, o 13 de setembro de 1916 e falecido en Oxford, o 23 de novembro de 1990, foi un novelista e autor de contos galés de ascendencia norueguesa, famoso como escritor para nenos e adultos. Entre os seus libros máis populares están Charlie e a fábrica de chocolate, Iago e o pexego xigante, Matilda, As bruxas e Muá, Muá.

Dia_de_la_Biblioetca_2016.jpg

Hoxe luns comeza a hora ler a 1ª hora

Recordámovos que hoxe luns 17 de outubro a 1ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!

Neste doc (ou picando na imaxe) pódese ver o calendario anual das horas de lectura.

Captura de pantalla 2016-10-17 00.24.44.png

Martes 21, 2º recrero, entrega de diplomas axudantes MeGaBiblioteca

martes 21 no segundo recreo, agardámosvos na biblio para agradecervos públicamente o voso traballo cun diploma.
Acudide tranquilos... Nese recreo deixarémosvos descansar.

P.D. A principios de curso entregaremos os diplomas que emite a Consellería.
14036828140_3aedeeb6ce_n.jpg

Concurso de fotografía "Rosalía en A Estrada"

O pasado xoves 2 de xuño, na Biblioteca do IES Antón Losada Diéguez, tivo lugar a entrega de premios do concurso de fotografía "Rosalía en A Estrada". Neste acto participaron, ademais das rapazas premiadas, @s director@s dos IES estradenses que convovaban o evento. A nosa alumna María Rozados Balboa de 3ºC resultou gañadora na categoría de 2º ciclo de ESO.

Parabéns a todas as gañadoras!

Rosalia 6.jpeg
Distribuir contido