Luns, 24 de outubro, Día da Biblioteca

Dia_de_la_Biblioetca_2016.jpg

O luns 24 de outubro é o día da biblioteca. Celebrarémolo no 2º recreo coa entrega dos diplomas que remitiu a Xunta de Galicia para os axudantes do curso pasado, diplomas que serán entregados pola directora do centro.

Servirase un chupito de chocolate en homenaxe a Roalh Dalh, autor lido polos nosos alumnos en varias linguas, xa que o 13 de setembro cumpríronse 100 anos do seu nacemento.

Se premes nesta ligazón poderás ler o texto do pregón escrito pola gañadora do premio nacional 2015 Ledicia Costas.

** Roald Dahl, nado en Llandaff, Cardiff, o 13 de setembro de 1916 e falecido en Oxford, o 23 de novembro de 1990, foi un novelista e autor de contos galés de ascendencia norueguesa, famoso como escritor para nenos e adultos. Entre os seus libros máis populares están Charlie e a fábrica de chocolate, Iago e o pexego xigante, Matilda, As bruxas e Muá, Muá.