Novas MeGaBiblio

I Campionato mundial de Kahoot MGB

kahoot.png

Mañá venres no 2º recreo, na MeGaBiblioteca, terá lugar o I campionato Mundial MGB de Kahoot, no que participarán os alumnos de Latín, Grego e Cultura Clásica.

Dende os seus teléfonos móviles tentarán responder a unha serie de preguntas relacionadas coa Vías romanas, a Via Nova, o campamento de Aquis Querquennis e o exército romano.

Haberá podium con tres doces agasallos para os vencedores!

O luns dá problemas!

320px-Valladolid_Rodin_expo_2008_Pensador_03_ni.JPG

A partir do 16 de novembro, cada luns no primeiro recreo, na MeGaBiblioteca entregaremos unha proposta de actividades (sudokus, encrucillados...) para que os resolvas e os entregues no 1º recreo do venres desa semana.

O/os participantes que teñan máis actividades correctamente resoltas recibirán o título de "O pensador do mes", que irá acompañado dun agasallo.

Atrévete a romper un pouco a cabeza... As túas neuronas agradecerancho.

Imaxe: Wikipedia

Entrega de diplomas na MeGaBiblio

Diplomas_DiaBE_20151023_36.JPG

O pasado venres tivo lugar na Biblioteca do Centro a entrega dos diplomas da Consellería aos axudantes da Biblioteca.

Tanto a Voz de Galicia como o Faro de Vigo fixéronse eco do acto nas súas páxinas. Nesta galería podedes ver máis imaxes da mesma.

Entrega de diplomas Axudantes de Biblioteca, vernes 2º recreo

cartel_def_15_petit1.jpg

Este venres 22 de outubro no segundo recreo terá lugar na nosa MeGaBiblioteca a entrega dos diplomas outorgados pola Consellería de Xuventude aos axudantes de Biblioteca do curso pasado.

Pasa pola Biblio e quedarás sorprendid@, haberá unha sorpresa moi doce para ti. E ademais poderás ver a Exposición sobre "Investigacións e exploracións" que temos alí montada.

MeGaBiblio 2015/16

Inicio curso Biblio_50.png

Recordamos a tod@s que o servizo de préstamo da MeGaBiblioteca do MGB comezará a funcionar o vindeiro 1 de outubro.

Ata entón pódense seguir facendo as devolucións dos libros prestados no verán.

Prestamo de libros para o verán na MeGaBiblioteca

leer-libros.jpg

O xoves 18 empeza o préstamo especial de libros para o verán. Ven a biblioteca e leva os libros para ir a praia e a piscina.

Boas vacacións lectoras!

Imaxe: zonachampions.es

Martes, 6ª hora, HORA DE LER!

Recordámovos que mañá martes 26 de maio a 6ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!

Martes, 5ª hora, HORA DE LER!

Recordámovos que mañá martes 19 de maio a 5ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!

Martes, 4ª hora, HORA DE LER!

Recordámovos que mañá martes a 4ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!

Hora de Ler, martes 5 de maio, 3ª hora

lectura.jpg

Recordámovos que mañá a 3ª hora teremos a nosa HORA DE LER! Vinte minutos para ler o que ti queiras!

Martes 28 de abril, 2ª hora. Hora de Ler!

hora_ler_bis.png

Recorda que este martes 28 de abril a 2ª hora poderás ler durante vinte minutos o que ti queiras!

Haikus no clube de lectura este mércores

haikus.jpg

Lembrade que mañá mércores temos xuntanza do clube de lectura ás 16:30 para xogar, ler, crear.... HAIKUS coma este...

Un vello estanque
Unha ra que se ensume
Ruído da auga

Furu-ike ya
Kawazu tobikomu
Mizu no oto 

Matsuo Kinsaku «Bashō»
(Ueno 1644—Osaka, 12 de outubro de 1694 ou 28 de novembro de 1694) 

Máis HAIKUS neste doc

Entrega de premios do "Lector do Mes"

P2230922.JPG

O pasado luns fíxose a entrega dos premios "O LECTOR DO MES" aos alumnos Alba Vázquez Carballo e Guaire Fernández Amil. Noraboa!

Novas MeGaBiblioteca

  • HORA DE LER farase o luns 23 de febreiro: ocupará os 20 primeiros minutos da primeira clase da mañá.
  • A entrega dos premios "O LECTOR DO MES" será no segundo recreo do luns 23. Os galardoados son Alba Vázquez Carballo e Guaire Fernández Amil.
  • Ampliouse o prazo para participar nos concursos BICOS e NAMORA EN 140: remata o venres 27 de febreiro. Aínda estás a tempo!

San Valentín non MGB

SanValentin__20150212_07_0.JPG
O instituto enchéusenos de bicos!!!

Polo San Valentín propoñemósvos dous concursos:

1. Namora en 140: colle unha folla de participación na biblioteca e escribe unha declaración amorosa que non supere os 140 caracteres. Pode ser real, ficticia, cómica, melancólica... pero sé breve.

2. Bicos: polo corredor verás dez cadros, dez textos e dez cancións... Colle a folla de participación correspondente e cúbrea cos pintores, escritores e intérpretes de cada un deles.

Tes ata o venres 20 para entregar as túas follas na biblio. Podes participar nos dous concursos ou nun só: ti escolles. Haberá un premio en cada categoría.

Se non queres participar, pero precisas palabras de amor atinadas para estes días, podes mirar se che dan ideas... Algunhas levan séculos unindo parellas .

Bicos para tod@s.

Distribuir contido