Novas MeGaBiblio
Roteiro "A praia dos Afogados"
Enviado por admin o 25 Abril, 2011 - 09:40Xa están subidas á nosa galería en Flickr as fotos do Roteiro da Praia dos afogados. As imaxes son de Miguel Bugallo.
Lecturas Nadal 2010 e "Felices Festas"
Enviado por BiblioMGB o 21 Decembro, 2010 - 00:05Esta é unha época axeitada para os agasallos. Recibide, xunto coas nosas felicitacións, unha selección de Lecturas para tod@s no Nadal 2010.
Novidades na Megabiblioteca
Enviado por BiblioMGB o 19 Novembro, 2010 - 22:09Á Megabiblioteca énchese de novos títulos, uns mercados polo Departamento de Galego como Ollos de auga, A praia dos afogados, Big Fish, Aire negro... Outros donados: documentais de natureza da BBC, películas e a última colección editada por El público.
Tamén o clube de lectura NA Estrada-525 adquiriu moitos títulos de literatura e de cómic que, coma sempre, xa tendes á vosa disposición na Megabiblioteca. Entre eles se vos aconsella a lectura dos cómics El caso del velo, Negrinha, Zits, Autobio, Puta guerra e Todo el polvo del camino que tratan dende o choque intercultural ate a adolescencia, a época da Gran Depresión en EE.UU., a Primeira Guerra Mundial ou o consumo responsable. Na literatura xuvenil atoparedes La evolución de Calpurnia Tate, Chocolate amargo, El vendedor de cuentos, Dos velas para el diablo, El coleccionista de relojes extraordinarios; C, el pequeño libro que aún no tenía nombre, La torre y la isla, El nombre del viento, a triloxía La puerta oscura... e na de adultos A praia dos afogados, Herbamoura, Cometas en el cielo, El tiempo entre costuras, El rescoldo, La ciudad y los perros, El sueño del celta... Mais de 60 títulos!!! Podedes consultalos no catálogo da nosa biblioteca na rede.
A MeGaBiblioteca recibe un agasallo
Enviado por BiblioMGB o 12 Novembro, 2010 - 00:05NA Estrada-525 reúnese con outros clubes de lectura no mosteiro de Carboeiro
Enviado por BiblioMGB o 4 Novembro, 2010 - 21:27O venres 5 de novembro pola tarde, o club de lectura NA Estrada-525 compartirá unha velada de medo cos clubes de lectura do IES Acquas Celenis de Caldas, o IES de Porto do Son, e os CPI de Portas e Cuntis. Reunirémonos no mosteiro de Carboeiro (Silleda), e acompañaranos Celso Fernández Sanmartín.
O Día da BE na MeGaBiblioteca
Enviado por BiblioMGB o 25 Outubro, 2010 - 19:18O venres 22 celebramos o Día da Biblioteca escolar con dous agasallos: a entrega dos carnés aos alumnos, persoal non docente e profesores e unha larpeirada.
As 500 magdalenas repartidas tiñan sorpresa... cada unha levaba unha frase diferente no seu interior ,coma as galletas chinas. E, nos corredores, uns carteis lembraban o comezo de Á busca do tempo perdido en diversas linguas.
Podedes observar na galería de fotos o acontecemento.
Día da Biblioteca Escolar, 22 de outubro
Enviado por BiblioMGB o 20 Outubro, 2010 - 23:18O venres 22 de outubro celebramos o Día da Biblioteca Escolar. A MeGaBiblioteca invítavos a que a visitedes ese día: podedes sorprendervos!
Hai un mundo de posibilidades e ti terás a chave!!
As mochilas viaxeiras comezaron o camiño
Enviado por BiblioMGB o 12 Outubro, 2010 - 21:35As mochilas viaxeiras xa comezaron este curso as súas saídas. O alumnado de 1º de ESO está invitado a levalas ás súas casas: recolleranas os venres e devolveranas os xoves (na conserxería do centro, nas dúas primeiras horas da mañá).
Nestas mochilas hai materiais para todos os membros da familia, para que poidan compartir xuntos os seus tempos de ocio vendo unha película, escoitando música ou lendo. Tamén atoparedes unha libreta para que os pais e nais nos contedes a vosa experiencia.
Letras Galegas: de Neira Vilas a Uxío Novoneyra
Enviado por BiblioMGB o 17 Maio, 2010 - 20:15A biblioteca amplía ata o 1 de xuño o prazo de presentación do xogo. Colle na biblioteca o boletín de participación (hai dous modelos diferentes) e continúa o texto a partir da frase ou do verso que veñen neles. Tranquil@: pídensevos relatos breves!
Entrégao antes do 1 de xuño e, se es o máis orixinal, recibirás un gran agasallo.
Correo de contacto da Biblioteca do MGB
Enviado por BiblioMGB o 28 Abril, 2010 - 22:03A biblioteca do MGB dispón dunha conta de correo electrónico: megabiblioteca@gmail.com
Se desexas recibir información sobre as novidades recibidas ou as actividades que se fan, envíanos unha mensaxe e incluirémoste na nosa listaxe de contactos. Podes tamén consultarnos calquera dúbida ou facernos propostas neste mesmo enderezo electrónico.
Ademais do teu nome, indícanos se es alumno, familia, persoal non docente ou profesor.
A MeGaBiblioteca sae de viaxe
Enviado por BiblioMGB o 22 Abril, 2010 - 13:28O 23 de abril, Día do Libro, a MeGabiblioteca ten tres propostas:
- Libros viaxeiros: polas dependencias do centro andan 10 títulos para que os atopedes e disfrutedes coa súa lectura. Logo decidides onde deixalo para que continúen o seu percorrido. Cerca da biblioteca atoparás un plano orientativo.
- As mochilas viaxeiras: distribuiranse 3 mochilas con libros, CD e DVD que visitarán semanalmente ás familias.
- Concurso caderno de viaxe: podedes participar cumprimentando o boletín cos autores e títulos dos textos.No segundo recreo seleccionaranse @s gañador@s.
NA Estrada-525, en marzo
Enviado por BiblioMGB o 25 Marzo, 2010 - 00:12O 24 de marzo reunímonos para falar de El curioso incidente del perro a medianoche, a proposta dun membro do club. Disfrutamos da charla, do chocolate e de dous episodios da serie "The Big Bang Theory". Compartimos as risas e os diferentes puntos de vista sobre a novela. En abril, discutiremos El guardián entre el centeno; vén se che apetece!
Os ordenadores da biblioteca
Enviado por BiblioMGB o 9 Decembro, 2009 - 01:36A biblioteca do MGB amplía os seus servizos: grazas á colaboración de varias persoas, en especial o alumnado de 4º de ESO que ten Tecnoloxía e que cableou a rede, dispoñemos de sete ordenadores antigos funcionando a pleno rendemento coa tecnoloxía propia de Linux chamada LTSP como se fosen novos, polo que poden ser utilizados de forma individual por calquera usuario ou colectivamente por un grupo-clase acompañado do seu profesor.
O incremento na asistencia nos recreos e nas horas de clase é notable, pero cómpre recordarmos que os ordenadores do centro teñen unha finalidade didáctica: se non a respectamos, o profesor de garda pode retirarnos do ordenador que esteamos a usar.
A biblioteca a pleno rendemento
Enviado por BiblioMGB o 17 Novembro, 2009 - 21:07Podedes solicitar documentos en préstamo, comprobar as novidades adquiridas, as exposicións... Por desgraza, non poderemos celebrar outro Día da Biblioteca ata o 24 de outubro do vindeiro ano, nin comprobar se foron as formigas as que remataron os dóces...
A biblioteca instalou un punto de lectura para pais e nais ao carón de Dirección. Se algún pai desexa levar en préstamo un deses libros, só ten que achegarse á biblioteca: o profesor de garda apuntarao no carné lector do seu fillo. Terá un prazo de devolución de 15 días. Esperamos que este servizo vos sexa útil.
24 de outubro, Día da Biblioteca. Comeza o préstamo de libros no MGB.
Enviado por webmaster o 26 Outubro, 2009 - 00:06O 24 de outubro foi o Día da biblioteca. O luns 26 a biblioteca do MGB invítate a que a coñezas.
Ven, entra, proba, e disfruta. Ademais, xa podes levar libros e documentos en préstamo!
Imaxe Xosé Cobas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »
