Novas MeGaBiblio
"FERVE" A BIBLIOTECA DO MGB
Enviado por BiblioMGB o 27 Novembro, 2007 - 19:10
E así é, pois convocan un concurso, PASAPALABRA, publican o seu boletín nº 1, e ademáis repartirán marcadores e carnets de lector co motivo do día das bibliotecas (24 de outubro).
PASANDO PÁXINAS
Enviado por webmaster o 22 Novembro, 2007 - 17:39
BIBLIOTECA DO M.G.B.
![]() |
A biblioteca do MGB e un servizo para todos os integrantes da comunidade educativa do IES Manuel García Barros. |
"O bibliotecario", Giuseppe Archimboldo |
DOCUMENTOS DA ACTIVIDADE DE FORMACIÓN DE USUARIOS
Actividade de formación de usuarios: "Visita á biblioteca"
Contidos:
- Revisión dos servizos e normas da biblioteca.
- Organización dos documentos na biblioteca.
- Clasificación Decimal Universal; sinatura.
Desenvolvemento da actividade:
- ¿Onde están os libros?.
Ó alumnado, distribuído en grupos de 5 persoas, pregúntaselle se poderían atopar rapidamente determinada información entre os documentos da biblioteca. O obxectivo é a toma de conciencia da necesidade de coñecer a organización espacial da biblioteca.
Unha vez conseguido isto faise un rápido percorrido polas diferentes seccións, identificando cada unha delas, e recolleremos libros dalgunhas materias para levalos á mesa. Seleccionaranse do seguinte xeito.
Unha vez conseguido isto faise un rápido percorrido polas diferentes seccións, identificando cada unha delas, e recolleremos libros dalgunhas materias para levalos á mesa. Seleccionaranse do seguinte xeito.
- Este libro leva unha cousiña pegada: Sinatura, elementos, funcións.
Cos libros que se traen ás mesas, fixámonos na sinatura do lombo e establecemos un torbellino de ideas acerca do seu significado e función, en primeiro lugar, dos números e progresivamente das letras maiúsculas e das minúsculas. Para axudar ó alumnado neste proceso inductivo, os libros das mesas reunirán as diferentes materias englobadas na primeira clase. Por exemplo, na mesa 1 haberá un libro de Xeografía; na mesa dúas, un de Biografías; na mesa tres, un de Historia xeral; na mesa catro, un de Historia de España; e na mesa cinco, un de Historia de Galicia. Deste xeito, daranse conta de que non chega con poñer un número, senón que precisamos un segundo, un terceiro número, etc.
Grupo 1 |
Grupo 2 |
Grupo 3 |
Grupo 4 |
Grupo 5 |
Xeografía |
Biografías |
Historia xeral |
Historia de España |
Historia de Galicia |
Feito isto, explícanse as diferentes clases da CDU.
- Atoparán Sinaturas de libros de diferentes materias e terán que escribir a que materia corresponde empregando o caderno da CDU; despois terán que buscar algúns dos "libros misteriosos" e levalos á mesa para comprobar os datos dos elementos que compoñen a sinatura.
Material: planilla de sinaturas para cada grupo.
- Localización dos libros nas estanterías e resolución das cuestións que se plantexan.
Material: unha folla de sinaturas que inclúe unha cuestión a resolver cando atopen o libro.
- Colocación dos libros na estantería e no lugar correspondente. Cada alumno/a colocará un libro.
DOCUMENTOS EN *.pdf.
FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA DO MGB
Enviado por webmaster o 19 Outubro, 2007 - 18:22Con motivo do Día das Bibliotecas (24 de outubro) o IES Manuel García Barros porá en marcha durante a semana do 22 ao 26 unha actividade de formación de usuarios dirixida especialmente ao alumnado de 1º de ESO que se realizará integramente na biblioteca do noso centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
