Día do Libro 2017 (23 de abril) - "Leo pola cara"

Celebrarémolo na semana do luns 24 de abril ate o venres 28 de abril, e haberá actividades nos segundos recreos de toda a semana.

Durante toda a semana teremos un photocall, para que todo o que o desexe se retrate tapando o seu rostro cun libro que teña unha cara na cuberta. Cada lector que se achegue á biblioteca co libro/cara, ou que escolla un dos que xa temos á súa disposición e se deixe retratar, escribirá nun caderno a liña 23 da páxina 23. É evidente que construiremos un “cadáver exquisito”, e farémoslles un pequeno agasallo aos que participen.

O noso lema será “, para pór en valor o uso das bibliotecas que permiten un acceso gratuíto aos bens culturais (ademais, indirectamente rexeitamos o pago do canon de bibliotecas).

Programa:

  1. luns 24 no segundo recreo, entregaranse na biblioteca os premios do concurso de “Minisagas organizado polo Departamento de Inglés.

  2. martes 25, entregaranse os premios dos concursos de “Rosalía” e “Mulleres artistas e continuaremos co photocall.

  3. mércores 26, haberá “Pan e poesía”: les un poema e colles un anaco de pan-pizza.

  4. xoves 27, seguirá o photocall.

  5. venres 28, remataremos a semana do libro coa entrega dos premios “Lector do mes, e pecharemos o photocall e o caderno das citas.

 

Cartel Día do libro 2017.png