Podes consultar e descargar o calendario fin de curso de 2º BACHARELATO AQUÍ
TODA A INFORMACIÓN SOBRE AS RECLAMACIÓNS, PRAZOS, E MODELOS DAS MESMAS NESTE ENLACE.
Podes consultar e descargar o calendario fin de curso de 2º BACHARELATO AQUÍ
TODA A INFORMACIÓN SOBRE AS RECLAMACIÓNS, PRAZOS, E MODELOS DAS MESMAS NESTE ENLACE.
Xa están publicadas as datas das probas ABAU do curso 2021-2022.
A convocatoria ordinaria será os días 7, 8 e 9 de xuño.
A convocatoria extraordinaria será os días 12, 13 e 14 de xullo.
Podes consultar toda a información sobre as probas na páxina da CIUG: https://ciug.gal/gal
Video informativo:
En función da ORDE DE 25 DE XANEIRO da Consellería de Educación pola que se actualiza a normativa de avaliación na educación primaria, secundaria e bacharelato, o IES Plurilingüe Antón Losada fai publica a MODIFICACIÓN do seu Proxecto de concrección curricular.
Pode consultarse AQUÍ
O prazo para solicitar as axudas de material escolar e libros de texto remata o 22 de xuño (incluído).
Pode consultarse toda a información e documentación AQUÍ.
O alumnado matriculado na etapa da ESO no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez está excluído da participación do fondo solidario de libros de texto ao estar implantado no centro o proxecto E-DIXGAL na ESO. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar.
Xa está nas ondas o primeiro programa da "Radio Xoven" do alumnado da FPB do Losada. Trátase do realizado polos rapaces e rapazas do primeiro curso do ciclo básico de carpintaría e moble que publican un interesante percorrido con entrevistas e contidos amenos polos estudos da familia profesional que se ofrecen no centro. Aí deixamos o mesmo, que se realizou no ámbito da materia de Comunicación e sociedade, co profe Esteban e coa colaboración de Pablo Chichas, que está a facer as prácticas de mestrado no centro. Parabéns pola iniciativa! Escóitao:
NOVIDADE!!! PODES ESCOITAR TODOS OS PROGRAMAS REALIZADOS PICANDO AQUÍ
Esta aberto o prazo para a solicitude de bolsas de estudos para o curso académico 2022-2023 para o alumnado que vai cursar estudos de BACHARELATO OU CICLOS FORMATIVOS MEDIOS E SUPERIORES.
O prazo de solicitude remata o 12 de maio. Debe facerse a solicitude obrigatoriamente neste período, aínda que non se abrise o prazo de matrícula nos estudos que se pense realizar.
A convocatoria publicada no BOE pode consultarse AQUÍ
Poden consultarse os requisitos AQUÍ
A solicitude debe facerse de xeito virtual na páxina web do Ministerio de Educación
Está aberto o prazo de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023. O procedemento é o seguinte:
Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 21 de marzo.
A través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro xunto coa documentación que se indica máis abaixo.
En Sede electrónica, mediante Chave365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentación escaneada, e neste caso non é necesario entregar nin a solicitude nin a documentación no centro.
No centro. Hai que recoller o impreso ED550B, cumprimentalo, asinalo e presentalo no instituto xunto coa documentación que se indica a seguir.
Fotocopia do DNI ou do libro de familia (páxina na que figure o alumno que solicita praza).
Certificado do expediente académico, expedido polo centro no que está actualmente matriculado/a o alumno/a que solicita praza.
De se dar o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Inaugúrase no Losada unha selección de 20 traballos pertencentes a Exposición MULLERES VALENTES da autoría da deseñadora estradense Rosa de Cabanas. Esta actividade inclúsese dentro da celebración do Día da Muller no centro. A mostra encóntrase no corredor da biblioteca e estará aberta ata o 25 de marzo.
Podes consultar máis info no Blog da Biblioteca.
O EDLG e a Biblioteca levaron adiante unha serie de actividades nestas últimas semanas.
Destacamos entre elas a acollida da exposición sobre os petróglifos de Galicia centrado no sobre o legado do arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, que estivo no centro durante as dúas últimas semanas. Como remate da mesma tivemos unha magnífica charla de representantes do Colectivo A Rula, promotor da mostra, destinada a alumnado de Bacharelato. Podes ver máis imaxes e información no BLOG DA BIBLIOTECA.
Por outra banda, entregáronse os premios do concurso dedicado á figura de Castelao, que tivo unha importante participación. Tamén se poden ver máis imaxes e consultar máis información no BLOG DA BIBLIO.
Entre os próximos meses de marzo e xuño, serán impartidos no IES Antón Losada Diéguez dous cursos de formación para o emprego (AFD).
Estes estarán destinados preferentemente a persoas desempregadas.
Estes cursos serán os seguintes:
TRABALLOS DE CARPINTARÍA E MOBLE (378 horas)
Do 14/03/2022 a 30/06/2022.
Este curso inclúe un módulo Básico de prevención de riscos laborais de 60 horas.
A proba de selección será o 09/03/2022 ás 10:00 horas no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.
Información completa sobre o curso AQUÍ
OPERACIÓNS AUXILIARES DE MANTEMENTO EN ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS (328 horas)
Do 16/03/2022 a 22/06/2022
A proba de selección será o 10/03/2022 ás 10:00 horas no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
Información completa sobre o curso AQUÍ
As persoas que superen satisfactoriamente estes cursos obterán un CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE, que permite a inserción no mundo laboral, nos sectores sobre os que tratan os cursos.
Ademais o alumnado disporá de bolsas e axudas reguladas pola correspondente convocatoria.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |