Inicio

 

Premios ao alumnado

 

Premios Extraordinarios de Bacharelato. Convocatoria 2025-2026

Procedemento

O procedemento de solicitude para optar aos Premios Extraordinarios de Bacharelato terá dúas fases diferenciadas:

•    Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba dos Premios Extraordinarios de Bacharelato (INFORMACIÓN COMPLETA DA PROBA PEB 2025/2026). 
   Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEB, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do Premio Extraordinario de Bacharelato. 

IMPORTANTE! O prazo para realizar a solicitude para optar á subvención é do 17 de xullo ao 17 de agosto (ambos incluídos). Para realizar a solicitude debe:

  • Autenticarse (con Chave365 ou certificado dixital) no botón da esquina superior dereita desta páxina, e elexir o procedemento ED311A Premios extraordinarios de bacharelato - 2025/2026, así como o tipo de Acceso.
  • No menú Solicitudes deberá cubrir a solicitude seguindo as indicacións da aplicacíón.
  • Finalmente debe presentar a solicitude cuberta na Sede Electrónica.
  • Para realizar a solicitude recoméndase seguir o seguinte manual detallado. 
  • En última instancia, pode realizar a solicitude cubrindo o Anexo IV e presentándoo presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

 

Normativa

Orde de convocatoria (DOG)

Tribunal (DOG)

 

Relacións provisionais de solicitudes da subvención do premio

Solicitudes da subvención admitidas (orde alfabética)

Solicitudes da subvención admitidas (orde numérica)

Solicitudes excluídas    Prazo de subsanación: do 2 de setembro ao 15 de setembro

 

Consulta un resumo da información da convocatoria na seguinte Folla informativa. 

 

Consulta de probas de convocatorias anteriores nesta ligazón

Consulta de información da convocatoria 2024-2025.

 

Premios Extraordinarios de ESO ao Rendemento Académico. Convocatoria 2025-2026

 

Procedemento

O procedemento de solicitude para optar aos Premios Extraordinarios de ESO ao Rendemento Académico terá dúas fases diferenciadas:

•   Na primeira fase, o alumnado deberá formalizar no seu centro educativo a matrícula na proba dos Premios Extraordinarios de ESO ao Rendemento Académico , sen requisito de nota media (INFORMACIÓN COMPLETA DA PROBA PEE 2025/2026) .
•   Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEE, deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do Premios Extraordinarios de ESO ao Rendemento Académico aquel alumnado que cumpra os requisitos do artigo 13 da orde de convocatoria.

IMPORTANTE! O prazo para realizar a solicitude para optar á subvención é do 23 de xullo ao 24 de agosto (ambos incluídos). Para realizar a solicitude debe:

  • Autenticarse (con Chave365 ou certificado dixital) no botón da esquina superior dereita desta páxina, e elexir o procedemento ED311D Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico - 2025/2026, así como o tipo de Acceso.
  • No menú Solicitudes deberá cubrir a solicitude seguindo as indicacións da aplicacíón.
  • Finalmente debe presentar a solicitude cuberta na Sede Electrónica.
  • Para realizar a solicitude recoméndase seguir o seguinte manual detallado.
  • En última instancia, pode realizar a solicitude cubrindo o Anexo IV e presentándoo presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

 

Normativa

Orde de convocatoria (DOG)

Tribunal (DOG)

 

Relacións provisionais de solicitudes da subvención do premio

Solicitudes da subvención admitidas (orde alfabética)

Solicitudes da subvención admitidas (orde numérica)

Solicitudes excluídas    Prazo de subsanación: do 3 de setembro ao 16 de setembro

 

Consulta un resumo da información da convocatoria na seguinte Folla informativa.

 

Consulta de probas de convocatorias anteriores nesta ligazón.

Consulta de información da convocatoria 2024-2025.

 

Premios de ESO ao Esforzo é á Superación Persoal. Convocatoria 2025-2026

Normativa

Orde de convocatoria (DOG)

Comisión de selección (DOG)

Anexo de solicitude (Anexo II

Manual para realización de solicitudes nesta aplicación

 

Relacións provisionais

Alumnado admitido

Alumnado excluído Prazo de emenda de solicitudes: do 23 de xullo ao 5 de agosto.

 

Relacións definitivas (06/08/2026)

Alumnado admitido

Alumnado excluído 

 

Instrucións para os centros educativos:

Os centros cubrirán un informe do perfil da persoa aspirante a través aplicación PremiosEdu.

Nota:
1. O informe só estará dispoñible unha vez que as solicitudes das persoas aspirantes (que presentasen solicitude electrónica ou presencial) estean admitidas. A partir dese momento, os centros educativos recibirán un correo electrónico con dous enlaces: un deles á aplicación informática PremiosEdu (onde cubrirán o Informe electrónico do perfil da persoa aspirante) e outro ao manual Instrucións para os centros educativos en relación co informe electrónico do perfil da persoa aspirante.
2. As persoas que teñen acceso á redacción do informe na aplicación de PremiosEdu son a dirección do centro, a xefatura de estudos e a xefatura do departamento de orientación. Cómpre destacar que unha vez redactado o informe só poderá presentalo desde PremiosEdu a persoa directora do centro ou a persoa xefa de estudos.

 

Consulta un resumo da información da convocatoria actual nesta Folla informativa.

 

Consulta de información da convocatoria 2024-2025.

 

 

Premios Extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior. Convocatoria 2024-2025

Normativa

Orde de convocatoria (DOG)

Xurado de selección (DOG)

Solicitude Electrónica. Prazo de solicitudes: do 11 de xullo ao 10 de agosto.

 

Consulta un resumo da información da convocatoria actual nesta Folla informativa.

 

Consulta de información da convocatoria 2023-2024.

Cargando...