Novas

PUBLICADAS AS PROGRAMACIÓNS ADAPTADAS DOS DEPARTAMENTOS PARA O FIN DE CURSO 2019-20

O IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez fai públicas as adaptacións da programación dos diferentes departamentos didácticos. Poden consultarse no apartado dedicado aos departamentos, na marxe esquerda desta web. 

Pode acceder tamén a través desta ligazón:

DEPARTAMENTOS IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA CURSO ESCOLAR 2020/2021

A Consellería de Educación publica a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

A presentación de solicitudes pode realizarse de tres xeitos:

-De maneira totalmente virtual, para a que cómpre ter DNI electrónico, certificado dixital ou chave 365. O trámite realizarase na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

-A través da aplicanción FONDOLIBROS, cubrindo a solicitude e despois presentándoa no rexistro do instituto xunto coa documentación requirida.

-No centro educativo, imprimindo e cubrindo previamente a solicitude, acompañada da documentación requirida.

O prazo de presentación das solicitudes comeza o 20 de maio e remata o 19 de xuño.

Para unha mellor atención en condicións de hixiene e distanciamento o centro establece as seguintes quendas. Será imprescindible solicitar cita previa para a presentación da solicitude no teléfono 886 151 924.

Nivel no que o alumno/a estea

matriculado no curso 2020-21

Días
1º ESO 20 ao 25 de maio
2º ESO 26 de maio ao 1 de xuño
3º ESO 2 ao 8 xuño
4º ESO 9 ao 15 de xuño

VIDEOTITORIAIS SOBRE OS SERVIZOS DIXITAIS EDUCATIVOS PARA DOCENTES E FAMILIAS

Co fin de facilitar á comunidade educativa o uso dos distintos servizos dixitais, están dispoñibles 12 videotitoriais nos que se amosa de xeito sinxelo como comezar a usar cinco servizos dixitais educativos: abalarMóbil, Agueiro, Webs Dinámicas e videoconferencias Webex.

TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30904

 

AVISO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS SOBRE ABALAR MÓBIL

Recórdase a pais e nais ou responsables legais do alumnado a necesidade de darse de alta no ABALAR MÓBIL. Se non se fixo aínda, debe facerse canto antes, pois os boletíns de cualificacións da segunda avaliación, cando esta se realice, serán enviadas só a través  desta plataforma. No enlace que segue pode descargarse ou consultarse unha guía rápida de instalación.

 

GUÍA RÁPIDA DE INSTALACIÓN DE ABALAR MÓBIL

 

Guía rápida para a instalación da aplicación Abalar móbil.

Premendo no enlace de abaixo podes descargar unha guía breve de instalación do Abalar Móbil.

GUÍA RÁPIDA ABALAR MÓBIL