A Consellería de Educación publica a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.
A presentación de solicitudes pode realizarse de tres xeitos:
-De maneira totalmente virtual, para a que cómpre ter DNI electrónico, certificado dixital ou chave 365. O trámite realizarase na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
-A través da aplicanción FONDOLIBROS, cubrindo a solicitude e despois presentándoa no rexistro do instituto xunto coa documentación requirida.
-No centro educativo, imprimindo e cubrindo previamente a solicitude, acompañada da documentación requirida.
O prazo de presentación das solicitudes comeza o 20 de maio e remata o 19 de xuño.
Para unha mellor atención en condicións de hixiene e distanciamento o centro establece as seguintes quendas. Será imprescindible solicitar cita previa para a presentación da solicitude no teléfono 886 151 924.
Nivel no que o alumno/a estea matriculado no curso 2020-21 |
Días |
1º ESO | 20 ao 25 de maio |
2º ESO | 26 de maio ao 1 de xuño |
3º ESO | 2 ao 8 xuño |
4º ESO | 9 ao 15 de xuño |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anexo_I_Orde_DOG_Martes_19_de_maio_de_2020.pdf | 453.8 KB |