Está aberto o prazo para a solicitude de bolsas e axudas dirixidas ao alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) para o curso 2023/2024 ata o 20 de setembro.
Toda a información sobre a convocatoria pode consultarse AQUÍ
As familias que desexen realizar a solicitude deben poñerse en contacto co Departamento de Orientación do centro.
Taboleiro
AXUDAS A ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO(NEAE)
HORARIO DE INICIO DO CURSO 2023-2024
Estes son os horarios de inicio do curso:
O alumnado correspondente agardará no patio dianteiro do centro, no exterior do edificio para entrar no mesmo cando sexa convocado. Será recibido polo Equipo Directivo e os titores e titoras correspondentes.
Unha vez feita a presentación, o alumnado continuará no centro no horario e aula que lle corresponda, ata o final da xornada.
Pode descargarse o horario en PDF.
PRAZO DE MATRÍCULA DAS ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS, ESA E BACHARELATO
Prazos de mátricula para as ensinanzas de persoas adultas que se imparten no centro no curso 2023-2024:
ENSINO SECUNDARIO (ESA) Módulos III e IV
Modalidade presencial
-Do 1 ao 8 de setembro de 2023, para o primeiro cuadrimestre (Módulo III)
-Do 9 ao 19 de xaneiro de 2024, para o segundo cuadrimestre (Módulo IV)
Modalidade semipresencial
-Do 1 de setembro de 2023 ata o 12 de xaneiro de 2024, para o primeiro cuadrimestre (Módulo III)
-Do 1 de febreiro ata o 26 de abril de 2024, para o segundo cuadrimestre (Módulo IV)
BACHARELATO SEMIPRESENCIAL
-Do 1 ao 20 de setembro de 2023
- O alumnado que remate estudos de educación secundaria para persoas adultas no mes de febreiro de 2024 poderá realizar a matrícula do 15 ao 28 dese mesmo mes.
Pode consultarse a Resolución do 7 de agosto de 2023 con toda a información.
A matrícula debe facerse na secretaría do centro, en horario de mañá.
PRAZO DE MATRÍCULA NA ESO E NO BACHARELATO
O próximo vernres 7 de xullo remata o prazo de matrícula para a ESO e o Bacharelato no Losada
ACTO DE DESPEDIDA DO ALUMNADO DOS CICLOS MEDIOS E SUPERIORES
O IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ PON REMATE ÁS ACTIVIDADES LECTIVAS DO CURSO 2022-2023 CO ACTO DE DESPEDIDA DO ALUMNADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Este curso, por segundo ano consecutivo, realizouse un acto formal de despedida do alumnado dos ciclos medios e superiores da Formación profesional do IES Pl. Antón Losada Diéguez.
A este acto estaban convocados/as os alumnos e alumnas que rematan os estudos dos ciclos
CICLOS MEDIOS:
-Sistemas microinformáticos e redes
-Carpintaría e moble
-Instalación e amoblamento (Dual)
-Electromecánica de vehículos automóbilies
CICLOS SUPERIORES:
-Administración e finanzas
-Administración de sistemas informaticos en rede(dual)
-Desenrolo de aplicacións multiplataforma
Todos pertencentes as familias profesionais que se imparten no centro: Administrativo, Automoción, Informática e Madeira.
O acto tivo lugar o mércores 28 de xuño no salón de actos. Contoucoa intervención do director do centro e o secretario do Losada.
Entregouse un diploma conmemorativo a cada alumno/a xunto coa fotografía de recordo da promoción.
Ao rematar compartiron un aperitivo o alumnado e profesorado asistente na cafetería do centro.
As fotos da despedida poden verse picando na imaxe:
OFERTA DE NOVOS CICLOS FORMATIVOS NO LOSADA
O IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez amplía a súa oferta na Formación Profesional para o curso 2023-2024
O centro educativo estradense oferta para o vindeiro curso dous novos ciclos de Formación Profesional
Os novos ciclos formativos pertencen ás familias de INFORMÁTICA E DE ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS AUTOMÓVILES
FAMILIA INFORMÁTICA
Ciclo superior Administración de sistemas informáticos en rede (FP DUAL)
FAMILIA ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS AUTOMÓBILES
Curso de especialización Mantemento de vehículos híbridos e eléctricos
A oferta completa dos ciclos formativos de grao medio e superior do centro poden consultarse aquí:
O PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZA REMATA O 5 DE XULLO DE 2023 ÁS 13 HORAS
(Toda a información sobre o proceso de solicitude de praza e admisión AQUÍ)
ENTREGA DE BOLETÍNS CURSO 2022-2023
A entrega de boletíns do curso 2022-2023 para todos os niveis de ESO, BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL será o mércores 28 de xuño ás 11:30 nas aulas de referencia.
Recordamos que os días 26 e 27 de xuño o centro pemanecerá pechado.
A REVISTA DO LOSADA 2023
Desde hai uns días xa estamos a ler a revista do losada nas aulas, nos corredores ou na biblio. Agora xa a podes descargar a toda cor. Publicación promovida polo EDLG Losada
Aí a tés:
CALENDARIO DE EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA BACHARELATO DIURNO E PERSOAS ADULTAS E ESA
O calendario de exames, horarios e aulas da convocatoria extraordinaria de 2º bacharelato pode consultarse nos seguintes enlaces:
1º BACHARELATO PERSOAS ADULTAS
2º BACHARELATO PERSOAS ADULTAS