Taboleiro

O LOSADA DIÉGUEZ CELEBROU O ENTROIDO 2023

O alumnado de 4º ESO A organizou con éxito unha nova edición do entroido, para o cal deseñaron o seguinte programa de actividades:

Víronse moitos disfraces durante os días de celebración, especialmente o venres 17, día do concurso, con moitos grupos e creatividade. Parabéns a todos e a todas.

Aí quedan as mellores imaxes do evento (da autoría Xian e Roi)

ENTROIDO 2023 NO LOSADA

Así foi a celebración do Día da Paz no Losada

O salón de actos do Losada encheuse para escoitar aos rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO encargados de ler o Manifesto Escolas sen Racismo, da Asemblea de cooperación pola Paz. Tamén se colocou unha placa no patio do centro na que nos declaramos Escola sen racismo. Aquí poden verse as IMAXES do acto. E aí queda o vídeo: 

MÓDULO IV DA ESA

As clases do Módulo IV da Ensinanza de persoas adultas (ESA) presencial e semipresencial comdezarán o luns 4 de febreiro, cos mesmos horarios que o Módulo III

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Xa está publicada a convocatoria das PROBAS DE ACCESO CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR. Aquí queda o calendario das mesmas. Máis información AQUÍ.

INICIATIVAS AULA DE EMPRENDEMENTO

A aula de emprendemento do Losada continúa con novas iniciativas. Neste caso, unhas interesantes sesións de motivación para o alumnado de 1º FPB e un obradoiro de habilidades sociais para o emprendemento destinado ao alumnado do 2º curso dos ciclos formativos.

 

CELEBRACIÓN DO 25N NO LOSADA

ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA O 25 NOVEMBRO DE 2022. DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

1. Participación na Estación da Igualdade, actividade promovida polo CIM do Concello da Estrada.
Horarios e grupos:
-8:45 a 10:25_3º ESO A e B
-10:45 a 12:25_4º ESO A e B
Lugar: Fundación de Exposicións da Estrada
 
2. Concentración da comunidade educativa no patio posterior do centro na que o alumnado de 1º e 2º ESO mostrará os lemas elaborados arredor do día pola eliminación da violencia contra as mulleres. Lectura de manifesto.
Horario: 12:25 horas.

3. Concurso de deseños para o alumnado de 4º ESO
4. Charlas nas diferentes titorías de FPB
5. Distribución de adhesivos conmemorativos.
6. Mesa violeta na entrada do centro, con publicacións arredor da igualdade.
 

RECOLLIDA DO PREMIO EMOVE EN MADRID

O pasado sábado 12 de novembro, no Teatro Lope de Vega de Madrid, Iria Pérez e Lara Rey (3º ESO) acompañadas do profe Emilio Villanueva recolleron o premio na sección reportaxe polo vídeo realizado o curso pasado "As tics con xeito: contrasinais" outorgado polo Festival EMOVE (Festival escolar y universitario de las artes audiovisuales). 

Entrega do premio no Teatro Lope de Vega de Madrid

A concesión e entrega do premio tivo unha calorosa acollida nos medios de comunicación locais. Destacamos esta  interesante entrevista emitida en Radio Estrada:

MAGOSTO NO LOSADA

Celebración da Festa do magosto. Asado de castañas e reparto entre o alumnado e profesorado. Organiza o alumnado de 4º ESO B.

Horario: De 13:15 a 14:25 horas.

Lugar: Patio do centro.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

Xa está iniciado o proceso de renovación do Consello Escolar do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.

As votacións para renovar os/as representantes nos diferentes sectores que o compoñen terán lugar o vindeiro 24 de novembro de 2022.

Os postos que van ser renovados son os seguintes:

Profesorado: 40% (3 representantes)

Alumnado: 50% (2 representantes) Na elección os/as 2 máis votados/as substituirán aos 2 que rematan mandato, e terán nomeamento ate o 2026.

Nais e pais: Toca renovar aos 2 pais que son electos. O representante da ANPA non se renova xa que ten nomeamento ata o 2024.

Persoal de administración e servizos: Non se renova xa que a actual representante ten nomeamento ata o 2024.

O prazo de presentación de candidaturas remata o venres 11 de novembro ás 14:00 horas e dita presentación debe facerse na Secretaría do centro.