Actividades Complementarias Extraescolares

O LOSADA CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Desde este luns, unha selección de 20 retratos do proxecto Mulleres Valentes da artista estradense Rosa de Cabanas están expostos no corredor da Biblioteca do centro, aos que se suman 3 paneis informativos da mostra. Para achegar o alumnado á mostra deseñouse tamén un caderno de actividades sobre a mesma, que estará no centro ata o día 22.

A actividade complementouse cunha charla da propia autora do proxecto que se achegou o mércores 6 ao centro educativo para explicar ao alumnado de 3º e 4º ESO os detalles, obxectivos e característas da exposición e do seu traballo en xeral.

Ademais na Biblioteca do centro instalouse unha mesa violeta con diversas publicacións de mulleres ou referidas a elas.

Estas actividades encádranse dentro do obxectivo do centro de poñer o foco  nesta data no traballo que desenvolveron e desenvolven mulleres de todos os ámbitos sociais, profesionais e culturais, en moitos casos descoñecidos polo comunidade educativa e pola sociedade en xeral.

ENTROIDO 2024 NO LOSADA

Un ano máis o Losada celebrou o agardado entroido. Neste curso o alumnado de 4º ESO A realizou un completo programa de actividades para todos os días da semana. Día do complemento, día do vermello, día do pixama, día de gala e o concurso e festa final de entroido o venres 9 de febreiro.

Esta programación provocou unha moi participativa resposta da comunidade educativa, que culminou o venres cun concorrido concurso de disfraces e unha animadísima festa. 

 

A organización do alumnado de 4º merece cualificarse como excelente así como a resposta e compromiso do resto do alumnado. Abaixo podes ver e descargar as mellores fotos do evento, realizadas por Noel Ramos Caramés.

ENTROIDO 24 NO LOSADA

UXÍA RODRIGUEZ NEBRA FALA DA SÚA EXPERIENCIA COMO MECÁNICA DE COMPETICIÓN

A vicedirección de actividades e a aula de emprendemento, coa colaboración do departamento de automoción, programaron dúas charlas arredor da temática:A Formación Profesional como opción de interese. Experiencia na Mecánica de competición.

A relatora foi Uxía Rodríguez Nebra, ex alumna do centro:

Na charla dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO incidiu na importancia dunha escolla acaída dos estudos a realizar ao rematar a ESO, tendo en conta a valía cada vez maior dos estudos profesionais. Tamén se dirixiu ao alumnado dos ciclos básicos e medios de automoción onde detallou a súa experiencia como mecánica de competición. Uxía Rodríguez Nebra (21 anos)Realizou os estudos de secundaria no IES Pl Antón Losada Diéguez da Estrada. Estudou 1º de Bacharelato no mesmo centro. Deixou o bacharelato para matricularse no Ciclo Medio de Elecromecánica de Vehículos Automóbiles, que superou con éxito no CIFP Politécnico de Santiago. Ao rematar, e guiada pola súa paixón polos vehículos de competición, especialmente as motos, inicia os seus estudos na Escolar Técnica Girona (ETG RACING). En concreto, no Ciclo de Mecánica de competición de motos, é un ciclo maioritariamente práctico no que se forma ao alumnado no mundo real das carreiras sobre todo de motos de velocidade.  Este segundo ano do ciclo, realizará prácticas nun equipo italiano, femenino, no campionato do mundo de moto 3,chamado Angeluss, que é un subequipo do MTA, o que a levará nos próximos meses a percorrer os circuitos de todo o mundo onde se disputeeste campionato.

A actividade foi amplamente recollida na prensa: La Voz de Galicia, Faro de Vigo.

Podes ver máis imaxes da actividade AQUí

O LOSADA DIÉGUEZ CELEBROU O ENTROIDO 2023

O alumnado de 4º ESO A organizou con éxito unha nova edición do entroido, para o cal deseñaron o seguinte programa de actividades:

Víronse moitos disfraces durante os días de celebración, especialmente o venres 17, día do concurso, con moitos grupos e creatividade. Parabéns a todos e a todas.

Aí quedan as mellores imaxes do evento (da autoría Xian e Roi)

ENTROIDO 2023 NO LOSADA

Así foi a celebración do Día da Paz no Losada

O salón de actos do Losada encheuse para escoitar aos rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO encargados de ler o Manifesto Escolas sen Racismo, da Asemblea de cooperación pola Paz. Tamén se colocou unha placa no patio do centro na que nos declaramos Escola sen racismo. Aquí poden verse as IMAXES do acto. E aí queda o vídeo: 

MAGOSTO NO LOSADA

Celebración da Festa do magosto. Asado de castañas e reparto entre o alumnado e profesorado. Organiza o alumnado de 4º ESO B.

Horario: De 13:15 a 14:25 horas.

Lugar: Patio do centro.

ACTO DE DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 2º BACHARELATO. PROMOCIÓN 2021

Onte, 18 de xuño, tivo lugar o acto de despedida do alumnado de 2º de Bacherelato. Outro curso máis nunhas condicións moi especiais, debido ás normas de distanciamento social e coa ausencia das súas familias, os rapaces e rapazas e o profesorado xuntáronse no centro para compartir a despedida e moitas emocións.

Aí queda un resume coas mellores imaxes do evento (picando na imaxe podes ver as imaxes máis grandes, no flickr):

Despedida de 2º de Bacharelato. Promoción 2021. 18 de xuño. IES Antón Losada Diéguez

E tamén podes ver o vídeo que recolle os mellores momentos do seu paso polo Losada:

VIII FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DA ESTRADA

Venres, 28 de maio

Roteiro teatral, poético e musical na aldea de Ouzande para alumnado do IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ.

- 10:00 horas: Primeira función.

- 12:00 horas: Segunda función.

Sábado, 29 de maio

Roteiro teatral, poético e musical na aldea de Ouzande para o público xeral.(*)

- 18:00 horas: Primeira función.

- 19:30 horas: Segunda función.

Martes, 1 de xuño

Actuación no Salón de actos do IES Antón Losada Diéguez co espectáculo CONTOS, LENDAS e OUTRAS HISTORIAS, de creación propia. Para o alumnado do centro.

- 17:00 horas: Función único.

Domingo, 6 de xuño

Actuación no Salón de actos do IES Antón Losada Diéguez, da Estrada co espectáculo CONTOS, LENDAS e OUTRAS HISTORIAS, de creación propia para o público xeral. (*)

- 11:00 horas. Primeira función.

- 13:00 horas. Segunda función.

(*)Tanto para o roteiro en Ouzande do 29 de maio, como para a actuación no Salón de actos do IES Antón Losada Diéguez do 6 de xuño, o limite de aforo será de 50 prazas. Para reservar a entrada deben telefonar ou enviar unha mensaxe ao WhatsApp ao número de teléfono: 679514407

O ENTROIDO 20 NO LOSADA

O pasado venres, día 28, celebramos a festa do entroido no Losada. Aínda que tivemos que facelo unha semana despois do habitual, por causa dos exames B1 e B2 de inglés que tivo que facer o alumnado o día 21, a festa foi espectacular. Moitos grupos e disfraces e moita diversión. Parabéns para o alumnado de 4º ESO, encargado con éxito da súa organización. E parabéns tamén a todo o alumnado e profesorado que participou na festa e que colaborou para que todo saíse ben.

 

 

 

SEMANA DE ACTIVIDADES ARREDOR DA CIENCIA, MULLER E IDIOMA NO LOSADA

 DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCA

A Catedrática en Química Analítica da USC, Marta Lores Aguín, FOI a encargada de impartir unha charla divulgativa arredor da presenza da muller no ámbito dos estudos e a investigación científica. Foi dirixida ao alumnado de ciencias de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato do centro.

A actividade enmárcase dentro da liña de actuación do Losada encamiñada á potenciación das vocacións científicas das mozas estudantes do centro. A actividade tamén se encadra dentro da liña de actuación derivada do contrato programa de mellora da excelencia educativa “A ciencia en galego”. Tivo lugar o martes 11 no salón de usos múltiples.

A actividade foi programada e organizada polo Departamento de Física e Química.

 

O mércores 12 realizouse unha charla-coloquio para este mércores 12, baixo o título de “A información meteorolóxica en galego”.

A relatora foi, nesta ocasión, a coñecida xornalista e informadora do tempo na TVG, Mabel Montes, que achegou ao alumnado do Losada información de como se realizan as previsións meteorolóxicas, que medios e instrumentos usan, como se interpretan os mapas e tempo e como nolo transmiten aos espectadores e espectadoras.

A actividade tamén está incluída na liña de actuación derivada do contrato programa de mellora da excelencia educativa “A ciencia en galego”. Tivo lugar no salón de actos do centro e foi dirixida ao alumnado de 1º e 4º ESO.

A actividade esta programada e organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Bioloxía.

 

Mais info e imaxes no seguinte enlace: BLOG DO EDLG LOSADA