Música

Música

Profesorado que integra o departamento:

  • Millán Varela, María Consuelo

Xefa do departamento:

  • Millán Varela, María Consuelo

CONCERTO DE SANTA ICÍA CON NASTASIA ZÜRCHER BEAT TRÍO

Hoxe, 22 de novembro de 2016, celebramos a Santa Icía, patrona da Música, cun concerto de Nastasia Zürcher Beat Trío. Gañadora do premio Martín Códax da Música no ano 2016 na categoría Bues & Funk & Soul (Galician Music Awards, 2016). En 2014 presenta o seu primeiro video, “Voar”, co cal obtivo o premio Á mellor artista e á mellor canción orixinal” no I Certame de canción de autor en galego. Esta canción forma parte do seu primeiro disco “My Flight”, estreado a fins de novembro de 2015 e sendo recoñecido en diferentes revistas culturais musicais. Un traballo feito con moito corazón, dende o corazón e para os corazóns... Enjoy!!!

 

Viva a Música!!!

 

 

Deixo o enlace da súa páxina web para que poidades ver máis cousas sobre a súa biografía, audios, videos... http://www.nastasiazurcher.com/gl

 

 

CONCERTO CELEBRACIÓN SANTA ICÍA

O Departamento de Música, en colaboración co Departamento de Galego e o de Actividades Extraescolares, organiza este venres, 27 de novembro de 2015, un Concerto Didáctico con motivo da celebración do día da patroa da Música que ten lugar todos os 22 de novembro.

O repertorio variado e ameno... dende espirituais, cancións galegas, bandas sonoras e versións de cancións actuais. O programa do concerto será interpretado polo "Cuarteto Victoria", catro voces mixtas con acompañamento de piano.

 

"Adiós ríos, adiós fontes" (Rosalía Castro/A. Prada)

No mes de febreiro, o alumnado de 1º de Bacharelato (grupos A e B) participa na gravación do poema de Rosalía de Castro: “Adiós ríos, adiós fontes” cunha adaptación da música orixinal de Amancio Prada, aproveitando a celebración do “Día de Rosalía”. A proposta foi realizada polo profesor D. Xabier Camba, xefe da Equipa de Dinamización Lingüística. Aquí tedes o enlace do video:https://youtu.be/xXdsjhcBots       

Charla sobre "OS USOS DA VOZ NA AULA" por ISABEL PICHEL, coaching de voz!!!

O Departamento de Música organiza, en colaboración co Departamento de Actividades extraescolares, unha charla sobre a voz para todo o profesorado do centro interesado.

Será este xoves, 5 de febreiro de 2015 ás 16.00 h e terá lugar no salón de Usos Múltiples.

Leva por título: “Os usos da voz na aula” e será impartida por Isabel Pichelcoaching de voz.

Recentemente acaba de publicar un manual de axuda para coñecer a propia voz titulado: “A viva voz!” en formato cómic e dirixido a todos os públicos.

V ENCONTRO MUSICAL (2º Concerto)

 

 O 26 de febreiro de 2014 imos a Marín para celebrar o segundo concerto do V Encontro Musical entre o noso centro e o IES “Mestre Landín”. O alumnado que participa neste concerto é o de terceiro da ESO cun programa que abrangue a Idade Media, o Renacemento e tamén a nosa Música Popular. Estas son as pezas a interpretar:

1- "Branle" (P. Phalèsse)

2- "Stella Splendens" (Llivre Vermell, s. XIV)

3- "Rosa das Rosas" (Cantiga de Santa María, s. XIII)

4- "Miñas cousas" (Tradicional)

 

Este é o video da actuación:

 

V ENCONTRO MUSICAL (1º Concerto)

O 5 de febreiro de 2014 celebramos, no salón de Usos Múltiples, o primeiro dos concertos pertencente ao V ENCONTRO MUSICAL entre o IES "Mestre Landín" de Marín e o noso centro. O alumnado participante foi 2º e 4º de ESO. Para os segundos da ESO era a primeira vez que participaban nestes concertos.

O programa levado a cabo foi o que segue:



PROGRAMA V ENCONTRO MUSICAL

IES MESTRE LANDÍN” E “IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ”

5 de Febreiro de 2014

Salón Usos múltiples

 

2º ESO

IES “Antón Losada Diéguez” (A Estrada)

 

1- “Move your body” (André Dziezuk)

2- “Two gangs” (André Dziezuk)

3- “A good little devil” (André Dziezuk)

4- “Rasta Star” (André Dziezuk)

5- “Indian Song” (André Dziezuk)

 

IES “Mestre Landín” (Marín)

 

1- Melodía en Sol maior

2- “Frère Jacques” (Canción popular francesa)

3- Danza de Hungría

4- Canción de berce da India

5- “kokoleo” (Canción popular africana)

 

Muffin” (André Dziezuk) Todo o alumnado de 2º de ESO dos dous centros.

 

4º ESO

 

IES “Mestre Landín” (Marín)

 

1- “Red River Valley” (Canto espiritual)

2- “Hey Jude” (The Beatles)

3- “Singing in the rain” (BSO do musical do mesmo título)

4- “Caresse sur le Ocean” (BSO da película “Os mozos do coro”)

 

5- “Que bonita la vida” de Dani Martín (Alumnado de 2º e de 4º)

 

 

 

 

IES “Antón Losada Diéguez” (A Estrada)

 

1- Inter-city Stomp (Popular)

2- “Oh when the saints” (Espiritual)

3- “Cero” (Dani Martín)



A continuación, déixovos os videos das actuacións:

 

IV ENCONTRO MUSICAL CURSO 2012-13

O alumnado de 4º de ESO (Grupos B e D) participa o 15 de maio en Marín no terceiro e derradeiro concerto do IV ENCONTRO MUSICAL entre o IES “Mestre Landín” (Marín) e o noso centro, o IES “Antón Losada Diéguez”. Colaboramos ademais no festival realizado pola tarde con motivo do Día das Letras, xa que fomos convidados á entrega de orlas do alumnado de 4º de ESO co que se facía o encontro. Aquí tedes un video coas nosas tres cancións, ás que se lle engade a primeira que aparece no video:“Swing low, sweet chariot” que realizamos “a capella” co alumnado dos dous centros.

Parabéns polo traballo realizado!!!

DEPARTAMENTO DE MÚSICA

II Encontro de alumnado de Música de Secundaria e Bacharelato

O pasado 26 de abril de 2013 asistimos ao II Encontro de alumnado de Música de Secundaria e Bacharelato. Celebrouse no Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa coa presencia de 15 centros de toda Galicia. A temática común a todos os participantes foi “A música galega” e os nosos temas foron:

1- “O son do ar”: obra composta en 1988 por Bieito Romero e popularizada polo recoñecido grupo de música folk “Luar na Lubre”.

2- “Campanas de Bastavales”: un poema de Rosalía de Castro, pertencente ao seu libro “Cantares Gallegos”, e do que celebramos o 150 aniversario da súa publicación. Esta peza foi popularizada por Amancio Prada e nós fixemos unha adaptación propia para voces, cun pequeno recitado ao inicio e acompañamento instrumental de placa e pequena percusión.

Parabéns a todo o alumnado de Música de 4º que colaborou na preparación do concerto tanto nas horas de clase coma nuns cantos recreos que precisamos para matizar as nosas interpretacións.

Os pequenos fallos que atopedes non molestan porque a nosa música está feita dende o corazón, así que esperamos que disfrutedes escoitando as obras tanto coma nós interpretándoas.

Moitas grazas por participar!!!

Déixovos os enlaces onde se menciona algo sobre o evento e mesmo unha galería fotográfica... Botádelle un ollo ;-)

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2013/04/27/vilagarcia-alza-epicentro-musica-gallega/799366.html

http://www.lavozdegalicia.es/album/arousa/2013/04/26/concierto-imagenes/01101366980021172490888.htm

http://www.lavozdegalicia.es/video/arousa/2013/04/26/musica-tradicional-llena-auditorio/00311366979710235683967.htm

Departamento de Música