Música

III ENCONTRO MUSICAL IES "Mestre Landín" (Marín) e IES "Antón Losada Diéguez" (A Estrada)

O venres, 27 de xaneiro de 2012, celebramos o III Encontro musical entre o IES "Mestre Landín" de Marín e o noso centro, o IES "Antón Losada Diéguez". Nesta ocasión só participou o alumnado de 3º da ESO, xa que o programa da actividade abranguía dende a Idade Media ata o Renacemento.

CONCERTO DE SANTA ICÍA

Celebramos o día 22 de novembro de 2011, día de Santa Icía (patrona da música), cun concerto de ópera e zarzuela interpretado por: Liliana Dias (soprano), Pablo Nieves (barítono) e Rupert Twine (piano)

 

 

Interesante programa de Redes

Non vos perdades este programa de Eduardo Punset titulado "Música, emociones y neurociencia" (dura menos de media hora!):

II ENCONTRO MUSICAL entre o IES "MESTRE LANDÍN", CPI "VIRXE DOS REMEDIOS" e IES "ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ"

O 10 de maio de 2011 o alumnado de 4º de ESO realiza un concerto didáctico-excursión a Castro Caldelas. O concerto realizouse en colaboración co IES "Mestre Landín" de Marín (Pontevedra) e o público foi gran parte do alumnado do CPI "Virxe dos Remedios" de Castro Caldelas (Ourense). Posteriormente realizouse unha visita guiada polo pobo e o castelo, rematando cunha ruta en catamarán dende San Estevo de Ribas de Sil.

II ENCONTRO MUSICAL entre o IES "Antón Losada Diéguez" (A Estrada) - IES "Mestre Landín" (Marín)

Os días 13 e 14 de abril tivemos o II Encontro musical entre o noso IES e o "Mestre Landín" de Marín. Participou o alumnado de terceiro e cuarto da ESO cun programa específico para cada nivel. En terceiro adicámonos a un repertorio histórico que abrangue dende a Idade Media ata o Clasicismo, inclusive. En cuarto, centrámonos no século XX, dende os primeiros anos do Jazz, pasando por The Beatles e tamén música de cinema.

CONCERTO DIDÁCTICO

O alumnado de 4º da ESO asiste o día 15 de marzo de 2011 no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, ao concerto didáctico que leva por título "O século XX mira ao pasado". A interpretación realizouna a Real Filharmonía de Galicia, baixo a batuta de Maximino Zumalave e acompañouse dos comentarios de Rodrigo Romaní.

CONCERTO DIDÁCTICO

O 18 de xaneiro de 2011 o alumnado de terceiro de ESO asiste aun concerto didáctico celebrado no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. O título do mesmo é: "En torno a Bach", interpretado pola Real Filharmonía e dirixido por Maximino Zumalave.

Un exemplo das obras escoitadas tédelo no seguinte enlace:


VIVALDI "A CAPPELLA"

Para quen queira disfrutar de Vivaldi "a cappella". Non todo van ser orquestras... 

CONCERTO CELEBRADO O 22 DE NOVEMBRO DE 2010

O pasado 22 de novembro tivo lugar o concerto a cargo do Grupo de Música Antiga Meendinho, titulado: "Os miragres de Santiago. As músicas da Galicia medieval", interpretado pola soprano Paulina Ceremuzynska (canto e percusión) e acompañada na fídula por Sabela García Fonte.

Para que volvades a disfrutar dunha das pezas escoitadas, aquí tedes o enlace que segue: