Profesorado que integra o departamento:
- Ares Diz, Juan Carlos
- Cabada Rodríguez, Anxos
- Parada Gañete, Ana
Xefe do departamento:
- Parada Gañete, Ana
Orientación
Orientación
AXUDAS A ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO(NEAE)
Está aberto o prazo para a solicitude de bolsas e axudas dirixidas ao alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) para o curso 2023/2024 ata o 20 de setembro.
Toda a información sobre a convocatoria pode consultarse AQUÍ
As familias que desexen realizar a solicitude deben poñerse en contacto co Departamento de Orientación do centro.
NOVA ACTIVIDADE DA ESCOLA DE FAMILIAS DO LOSADA
O IES Pl. Antón Losada Diéguez continúa coas actividades da Escola de Familias
A iniciativa da Escola de Familias naceu co obxectivo decrear un espazo e un tempo de formación conxunta entre as familias e a escola, no que poidamos aprender xuntos, identificar os puntos fortes e débiles das nosas actuacións como educadoras e educadores, e acompañar o desenvolvemento do noso alumno (e dos nosos fillos e fillas) do xeito máis óptimo posible. A primeira actividade será:
Impacto da tecnoloxía na adolescencia. Claves para educar na era dixital
Antonio Rial Boubeta – Doutor e Piscoloxía e profesor titular da USC.
Data: 18 de maio de 2023
Hora: 19.00
Lugar: Biblioteca do IES P. Antón Losada Diéguez
A actividade están convidadas as familias da comunidade educativa do Losada, así como as familias do alumnado de 6º curso do CEIP Figueiroa, centro adscrito ao Losada. O convite faise estensivo ao profesorado tamén.
Na iniciativa, contamos coa colaboración da ANPA do noso centro.
Antonio Rial Boubeta. Doutor en Psicoloxía e Profesor Titular da Universidade de Santiago de Compostela. Director técnico da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e experto en metodoloxía de investigación en ciencias sociais e da saúde. Responsable de numerosos proxectos de investigación do eido da mocidade, dende o Uso problemático de Internet, as redes sociais o ciberbullying, ao consumo de alcohol. Dirixíu en 2019 un dos maiores estudios realizados en España sobre o problema do Xogo en menores. É coautor do libro “Adolescentes y Nuevas Tecnologías: una responsabilidad compartida”. Ven de dirixir o Estudio sobre o impacto da tecnoloxía na adolescencia, levado a cabo por UNICEF cunha mostra de mais de 50.000 estudantes de secundaria.
SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDOS DO MEC
Aberto o prazo dende o 27 de marzo ao 17 de maio de 2023 para a solicitude das bolsas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
As axudas están dirixidas ao alumnado de:
- Bacharelato
- Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á FP e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
- Formación Profesional de grao medio e de grao superior
- Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
- Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
- Ensinanzas deportivas
- Estudos relixiosos superiores
- Formación Profesional de Grao Básico
Resume da convocatoria AQUÍ
Podes ampliar información aquí ou poñerte en contacto co Departamento de Orientación do centro.
II MOSTRA DA ORIENTACIÓN DA ESTRADA
O martes 28 e o mércores 29 de marzo terá lugar, no pavillón 4 da Fundación de exposicións a II Mostra da orientación da Estrada, na que o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez participa como entidade organizadora.
O obxectivo do envento é achegar ao alumnado dos centros da contorna as diferentes posibilidades e ofertas eductivas do ensino profesional, universitario e outras opcións. Nese marco o noso centro achegará, a través de diferentes stands, a súa oferta de ciclos formativos das familias profesionais:
FAMILIA PROFESIONAL DE MADEIRA MOBLE E CORTIZA
FAMILIA PROFESIONAL DE INFORMÁTICA E COMUNICACIÓNS
FAMILIA PROFESIONAL DE TRANSPORTE E MANTEMENTO DE VEHÍCULOS
FAMILIA PROFESIONAL DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN
Ademais, o alumnado do centro participará en diferentes actividades da PROGRAMACIÓN que se ofrece.
A ESCOLA DE FAMILIAS DO LOSADA INICIA AS SÚAS ACTIVIDADES
O IES Pl. Antón Losada Diéguez pon en marcha a Escola de familias. Este luns terá lugar a primeira actividade.
A iniciativa pretende crear un espazo e un tempo de formación conxunta entre as familias e a escola, no que poidamos aprender xuntos, identificar os puntos fortes e débiles das nosas actuacións como educadoras e educadores, e acompañar o desenvolvemento do noso alumno (e dos nosos fillos e fillas) do xeito máis óptimo posible. A primeira actividade será:
Como acompañar a saúde emocional da comunidade educativa?
Manuel Armas Castro – Psicólogo, Doutor en Ciencias da Educación, Coordinador do EOE (A Coruña) e especialista en trastornos de conduta.
Data: 27 de febreiro de 2023
Hora: 19.30
Lugar: Biblioteca do IES P. Antón Losada Diéguez
A actividade están convidadas as familias da comunidade educativa do Losada, así como as familias do alumnado de 6º curso do CEIP Figueiroa, centro adscrito ao Losada. O convite faise estensivo ao profesorado tamén.
Na iniciativa, contamos coa colaboración da ANPA do noso centro.
Manuel Armas Castro: é psicólogo e Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é coordinador do Equipo de Orientación Específico (EOE) de A Coruña, un servizo con carácter provincial en Galicia que asesora e colabora cos Departamentos de Orientación no desenvolvemento das súas funcións. Asemade, é especialista na organización e desenvolvemento da atención educativa do alumnado que presenta trastornos graves de conduta. É un referente no campo da orientación educativa cunha ampla traxectoria profesional, investigadora e divulgativa en temas tan relevantes como a inclusión educativa, a convivencia, o benestar emocional e o enfoque sociocomunitario para a atención educativa do alumnado.
AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2023
ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (ANO 2023) PARA ALUMNADO DE BACHARELATO
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades convoca un total de 152 axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras dirixidas ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. O prazo remata o 14 de marzo.
Pódese ampliar información aquí e tamén contactar co departamento de orientación do noso centro.
PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO E DO BACHARELATO
PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO
O alumnado maior de 18 anos poderá presentarse a unha proba libre para a obtención do título da ESO no mes de maio e setembro.
Os prazos de matrícula son:
- Convocatoria de maio: 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.
Pódese ampliar información aquí e tamén contactar co departamento de orientación do noso centro.
PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO
O alumnado maior de 20 anos poderá presentarse a unha proba libre para a obtención do título de Bacharelato. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 6 e o 15 de marzo de 2022.
Pódese ampliar información aquí e tamén contactar co departamento de orientación do noso centro.
AXUDAS NEAE
Lembrámoslles as familias do noso alumnado que está aberto o prazo para presentar solicitude de axuda para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2022-2023. Este prazo remata o venres 30 de setembro.
Pode consultarse a convocatoria e demais información AQUÍ.
Para calquera dúbida relacionada con estas bolsas poden dirixirxe ao departamento de orientación do centro.
PROBA ABAU 2022
Xa están publicadas as datas das probas ABAU do curso 2021-2022.
A convocatoria ordinaria será os días 7, 8 e 9 de xuño.
A convocatoria extraordinaria será os días 12, 13 e 14 de xullo.
Podes consultar toda a información sobre as probas na páxina da CIUG: https://ciug.gal/gal
Video informativo: