Música

II Encontro de alumnado de Música de Secundaria e Bacharelato

O pasado 26 de abril de 2013 asistimos ao II Encontro de alumnado de Música de Secundaria e Bacharelato. Celebrouse no Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa coa presencia de 15 centros de toda Galicia. A temática común a todos os participantes foi “A música galega” e os nosos temas foron:

1- “O son do ar”: obra composta en 1988 por Bieito Romero e popularizada polo recoñecido grupo de música folk “Luar na Lubre”.

2- “Campanas de Bastavales”: un poema de Rosalía de Castro, pertencente ao seu libro “Cantares Gallegos”, e do que celebramos o 150 aniversario da súa publicación. Esta peza foi popularizada por Amancio Prada e nós fixemos unha adaptación propia para voces, cun pequeno recitado ao inicio e acompañamento instrumental de placa e pequena percusión.

Parabéns a todo o alumnado de Música de 4º que colaborou na preparación do concerto tanto nas horas de clase coma nuns cantos recreos que precisamos para matizar as nosas interpretacións.

Os pequenos fallos que atopedes non molestan porque a nosa música está feita dende o corazón, así que esperamos que disfrutedes escoitando as obras tanto coma nós interpretándoas.

Moitas grazas por participar!!!

Déixovos os enlaces onde se menciona algo sobre o evento e mesmo unha galería fotográfica... Botádelle un ollo ;-)

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2013/04/27/vilagarcia-alza-epicentro-musica-gallega/799366.html

http://www.lavozdegalicia.es/album/arousa/2013/04/26/concierto-imagenes/01101366980021172490888.htm

http://www.lavozdegalicia.es/video/arousa/2013/04/26/musica-tradicional-llena-auditorio/00311366979710235683967.htm

Departamento de Música


CONCERTO DIDÁCTICO PARA O ALUMNADO DE 3º de ESO

 

2º Concerto do IV ENCONTRO

IES “Antón Losada Diéguez” (A Estrada)- IES “Mestre Landín” (Marín)

(3º ESO)

 

 

Programa día 8 de maio 2013

 

 

  • Mía yrmana fremosa” (Martín Codax) IES “Antón Losada Diéguez”

  • Quen a amagen” (Afonso X) IES “Mestre Landín”

  • Balada do VII sois” (Llivre Vermell) IES “Mestre Landín”

  • Santa María Estrela do Día” (Afonso X) Común aos dous centros.

 

 

  • Branle” (danza renacentista) IES “Antón Losada Diéguez”

  • Romeo e Xulieta” (Zeffirelli) IES “Mestre Landín”

 

  • O son do ar” (Luar na Lubre, Bieito Romero) IES “Antón Losada Diéguez”

 

  • Canon” (Pachelbel) IES “Mestre Landín”

  • Aria de Rinaldo” (Versión instrumental) Común aos dous centros.

 

 

 

DEPARTAMENTO DE MÚSICA

CONCERTO DIDÁCTICO NO AUDITORIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alumnado de 3º da ESO asiste o 26 de abril de 2013 a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, a cargo de Jose Mª Rey D.J, quen selecciona para audicionar unha serie de obras variadas dende Elvis Presley ata Justin Bieber.

CONCERTO DIDÁCTICO NO AUDITORIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O venres, 8 de marzo de 2013, o alumnado de 4º da ESO e 2º de Bacharelato asistimos a un interesante concerto sobre "O piano e as matemáticas"... Por se queredes revisar a información que nos achegou o pianista e relator do concerto, aquí tedes o enlace:

http://www.compostelacapitalcultural.org/adjuntos/1359981360.doc

Concerto Didáctico no Auditorio de Galicia

O venres, 22 de febreiro de 2013, asistimos ao concerto didáctico realizado no Auditorio de Galicia pola Real Filharmonía, baixo a batuta de Maximino Zumalave. O programa foi o que segue:

 

 

Adagio sonata en sol menor, T. Albinoni

Canon, J. Pachelbel

Aria en G” Suite orquestral nº 3 en Re maior BWV 1068 (selección), J. S. Bach

Ritirata Nocturna de Madrid op. 30, nº 6 – (selección), L. Bocherini

A pequena serenata noturna K. 550 (selección), W. A. Mozart

Adagio para cordas (selección), S. Barber

Danzas folclóricas rumanas (selección), B. Bartok

Libertando, A. Piazzola

Plink plank  plunk, L. Anderson

IV ENCONTRO MUSICAL

 

O venres, 1 de febreiro de 2013, celebramos o IV Encontro musical entre o IES “Mestre Landín” de Marín e o noso centro. Este ano, ademais, participaremos no Festival que realiza o alumnado de 4º de ESO coa finalidade de recaudar fondos para a súa excursión.

CONCERTO DE SANTA ICÍA (22 de NOVEMBRO 2012)

E celebramos a nosa patroa...!!!!!!!!

2º CONCERTO DIDÁCTICO DO CURSO 2011-12

O martes 27 de marzo de 2012 celebramos durante toda a mañá o 2º Concerto do III ENCONTRO MUSICAL entre o IES "Mestre Landín" de Marín e o noso centro. Participa o alumnado de 3º e 4º da ESO cun programa variado dende o Barroco, música de jazz, coñecidas bandas sonoras, algunha balada...