Madeira

Departamento de Madeira

Profesorado do departamento:

  • Acuña Peón, Alberto
  • Ares Domínguez, Jorge
  • Bernárdez Matalobos, Xabier
  • Brenlla González, Ángel
  • Castillo Iglesias, Benigno
  • Fernández Mañá, Juan Antonio
  • Fernández Soto, Vicente Jacobo
  • García García, Juan Manuel
  • Miranda Soto, Daniel
  • Rivas Fernández, Silvia

Xefe de Departamento

  • Fernández Mañá, Juan Antonio

Os ciclos formativos incluídos na oferta educativa do departamento poden consultarse AQUÍ

NOVO EDIFICIO PARA OS TALLERES E AULAS DOS CICLOS DE MADEIRA

O pasado martes foi presentado no noso IES o proxecto para o novo edificio que albergará os talleres e aulas dos ciclos formativos da familia de madeira. Despois de moitos anos, dáse o primeiro paso para acadar nun breve espazo de tempo a mellora das condicións materiais para o desenvolvemento das clases e das prácticas do alumnado e profesorado dos ciclos de madeira. 

 Noticia no Portal Educativo da Consellería de Educación:

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou un investimento de 2M€ para ampliar o instituto IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, na Estrada. Unha actuación que, tal e como explicou, “dá resposta a unha vella demanda do centro” e permitirá contar cos espazos necesarios para o axeitado desenvolvemento dos ciclos de Madeira, Moble e Cortiza.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada colaboran desde hai anos, de tal forma que parte da formación destes ciclos se viña desenvolvendo nas instalacións desta Fundación ata o ano pasado. A este respecto, o conselleiro sinalou que a reforma dos talleres realizada recentemente e esta ampliación van permitir que o alumnado de Formación Profesional dispoña dos espazos necesarios para completar a súa formación no propio instituto, o que supón un salto de calidade moi importante, ademais de dar resposta a unha demanda histórica do centro.

A este respecto reafirmou o compromiso do Goberno galego coa FP e, especialmente, coa súa conexión co entorno. Neste sentido, afirmou que os ciclos da familia profesional da Madeira son “tremendamente importantes na Estrada, xa que están moi vencellados coa economía local e a estrutura produtiva local” e destacou a súa capacidade para formar profesionais “que doten de capacidade de innovación e de medrar ás empresas do sector do moble”. “Isto é bo para alumno, para os sectores produtivos e para o territorio onde se ubica a FP”, destacou.

O proxecto está nestes momentos en fase de redacción. A previsión é licitalo en abril e adxudicar as obras, que terían un prazo de execución de arredor de seis meses, durante o verán de 2022. “O obxectivo é poder empezar a empregalo en 2023”, indicou Román Rodríguez.

Novo edificio

A ampliación do centro realizarase mediante a construción dun edificio destinado a taller para os devanditos ciclos. A nova edificación situarase nunha das pistas deportivas existentes, fronte ao edificio do ximnasio, e será “un edificio onde a madeira vai estar moi presente en cuestión estruturais”, explicou o conselleiro, así como “adaptado ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica”.

Contará cunha superficie útil de 1.270 m², que se distribuirán en dous andares. Na planta baixa situaranse as aulas polivalente e técnica, os vestiarios e o cuarto de limpeza e instalacións. Na alta, o almacén, a sala de profesores e os talleres de Carpintería e moble, de Mecanizado, e de Montaxe, Instalación e acabamento

Esta actuación súmase á reforma dos talleres para estes ciclos acometida no instituto Antón Losada Diéguez no ano 2020, que supuxo un investimento de máis de 220.000€.

O ALUMNADO DO CM DE FP DUAL DE MADEIRA REALIZA EQUIPAMENTO PARA A ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL

O alumnado e profesorado do ciclo medio de FP Dual de Instalacións e amoblamento realizou nos pasado trimestres diversos elementos en madeira para o equipamento da Escola Infantil A Galiña Azul da Estrada.

O grupo de 11 alumnos, dirixido por tres profesores e profesoras do Departamento de Madeira do centro atendeu o encargo da Escola A Galiña Azul da Estrada para o deseño e fabricación duns valados de protección e dun moble de almacenamento, con portas
e estantes.

Unha representación do alumnado, profesorado e centro educativo entregou este equipamento o pasado xoves á Escola Infantil da Estrada. 

Pode consultarse a noticia no Faro de Vigo e Voz de Galicia.

O alumnado que realizou o traballo, atópase neste trimestre no seu período de práctinas en Martínez Otero Contract, empresa estradense coa que o centro ten un convenio asinado para a FP Dual.

COLABORACIÓN DA FP DUAL DO LOSADA COA ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL

O alumnado do CM de Instalación e Amoblamento (FP Dual) que se imparte no IES Antón Losada Diéguez participou no proxecto de deseño e realización de amoblamento para a Escola de Educación Infantil A Galiña Azul da Estrada. Este é o resultado:

 

PREMIO PARA PROXECTOS DE INNOVACIÓN DE FP PARA O LOSADA DIÉGUEZ

Un proxecto coordinado polo IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez foi escollido dentro da convocatoria da Consellería de Educación dos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional. No proxecto premiado, denomiando Eco Urban Furniture For Schools, colaboran tamén os cetntros: IES Monte Neme de Carballo e CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo.

O proxecto centrarase na fabricación de mobiliario exterior para centros educativos seguindo uns criterios ecolóxicos e de sostibilidade. Tamén se trata de que o proxecto se basee na utilización de sistemas de eficiencia enerxética.

O CIFP Paz Andrade será o encargado do desñeo do mobiliario, o IES Monte Neme realizará as pezas metálicas e no Losada Diéguez procederase á fabricación do mobiliario, que permitirá a renovación do mesmo no noso centro.

Ademais, o noso centro figura como colaborador noutros dous proxectos premiados. Por unha banda, participa no denominado BENenBICI, coordinado polo CIFP Ferrolterra, no que realizará as estruturas de madeira de zonas de estacionamento e carga de bicicletas eléctricas. Por outra, realizará un carro-expositor de produtos para o proxecto O rexurdir das landras, liderado polo IES de Vilamartín.

Enlace á nova no Portal Educativo.