Bioloxía e Xeoloxía

Alumna do Losada seleccionada nun campus científico

A nosa alumna de 1º bacharelato, Sheila Carbia Tejo, foi seleccionadada entre máis de 4000 aspirantes para participar nun campus científico durante o mes de xullo na Universidade de Murcia (Campus Mare Nostrum). Sheila incorporarase ao proxecto Alimentos para una vida saludable con una visión científica do Departamento de Tecnoloxía dos Alimentos, Nutrición e Bromatoloxía desta universidade xunto a outros estudantes de toda España.

 

Estes campamentos están organizados pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología para fomentar o interese pola ciencia e iniciar aos alumnos de 4º ESO e Bacharelato no traballo científico; ademais, ao aloxarase nunha residencia universitaria,  achéganse á que será no futuro a súa vida de estudante.

Parabéns a Sheila e aos seus profesores!

 

El Progreso, Nueva York, director Ramón Verea

Todos os alumnos de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, de 1º Bacharelato, saben xa quen foi Ramón Verea. Pode que a algún deles e a algún outro lle apeteza coñecer mellor a este estradense de pro do século XIX, saiban que neste enlace:

El Progreso

poden consultar 18 números do xornal El Progreso, editado por el en Nova Iorque. En concreto podedes ler, copiar ó voso ordenador ou imprimir os 18 primeiros números, dende o que saiu o un de xaneiro de 1884 ata o publicado en xuño de 1885. Neles podedes atopar noticias de ciencia e tecnoloxía, con algún invento tan curioso coma práctico, e se non, vede a máquina de coser autoventilada que mostra nun dos seus números, por certo, cun comentario que hoxe moitos calificarían de feminista:

Amanita muscaria

Amanita muscaria

No xardín do noso instituto medra unha fermosa colonia de Amanita muscaria, un dos cogumelos máis fermosos dos máis de 50.000 catalogados ata o presente (http://es.wikipedia.org/wiki/Número_de_especies) que se ben é tóxico tamén é certo que é enormemente útil pois coopera coas árbores no seu crecemento, pon a disposición das plantas a materia orgánica morta, sirve de alimento a outros seres vivos, etc. Cando a vexas, desfruta da súa fermosura pero non pretendas comela!

O BLOG TIVERA, INCLUÍDO ENTRE OS BLOGS DE REFERENCIA DO PROGRAMA PRENSA ESCUELA

O blog das alumnas de 4º de Diversificación, TIVERA, centrado na Ciencia e Tecnoloxía, foi incluído entre os blogs de referencia do Programa Prensa Escuela de La Voz de Galicia, é dicir, aqueles blogs que poden ser útiles para outros blogueiros do programas.

No seguinte enlace, podedes ver a selección de blogs onde figura o blog Tivera entre outros:

http://www.prensaescuela.es/web/gallego/blogs/listarblogs.php?idtipo=4

e, neste outro, podedes acceder directamente ó blog TIVERA:

http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/blog2739/

Bioloxía e Xeoloxía

Profesorado que integra o departamento:

  • Fernández Mella, María Teresa
  • Sánchez Gómez, Alfredo
  • Villanueva Rodríguez, María Milagros

Xefe do departamento:

  • Sánchez Gómez, Alfredo