FCT

FCT

Profesorado que integra o departamento:

  • Neira Rodríguez, Laura

Xefe do departamento:

  • Neira Rodríguez, Laura

Erasmus+ 2018. Prácticas en Italia de alumnos de CM Sistemas Microinformáticos e Redes

Os nosos alumnos Luis Soneira Gómez e Sergio Salgado Rey, do Ciclo Medio de Sistemas microinformáticos e redes, están realizando as prácticas en empresa (FCT) en Italia, na empresa INTERLINEA de Forlí, xa habitual colaboradora deste centro.

O período de prácticas comezou o 4 de abril e prolongarase ata o 15 de xuño.

Contan cunha beca Erasmus+, do proxecto "Europa. Next Station: Improving Professional Skills in Galicia", que coordina a Consellería de Educación e no que o Instituto IES ANTÓN LOSADA participa como socio.