O ENTROIDO 20 NO LOSADA

O pasado venres, día 28, celebramos a festa do entroido no Losada. Aínda que tivemos que facelo unha semana despois do habitual, por causa dos exames B1 e B2 de inglés que tivo que facer o alumnado o día 21, a festa foi espectacular. Moitos grupos e disfraces e moita diversión. Parabéns para o alumnado de 4º ESO, encargado con éxito da súa organización. E parabéns tamén a todo o alumnado e profesorado que participou na festa e que colaborou para que todo saíse ben.